Villa Borghese é un parque municipal de 80 hectáreas que está situado en Roma, Italia e reúne a un grande conxunto de xardíns e museos romanos e institucións culturais, incluíndo a Academia de Francia en Roma, tamén coñecida como Villa Medici. Está situado cerca da Porta del Popolo, ó comezo da Via Flaminia.

Templo de Esculapio, do século XIX

Historia

editar

Os xardíns de Villa Borghese foron creados por Flaminio Ponzio partindo dos planos do cardeal Scipione Borghese para facer máis agradable a mansión que el mesmo construíra ás aforas da cidade para a súa colección de arte. En 1605, fixo transformar unha viña en luxosos xardíns frondosos e umbríos regados por numerosas fontes. Este parque é o máis importante dos construídos en Roma despois da época antiga. O conxunto da vila foi rematado de construír no ano 1633. Os xardíns actuais datan do século XIX e son de estilo inglés.

 
Fachada do Palacio da Galería Borghese

Museos de Vila Borghese

editar