Verdegaia
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2015.) |
Verdegaia é unha asociación ecoloxista galega, fundada en 2006.
Verdegaia | |
---|---|
Tipo | Asociación ecoloxista |
Data de fundación | 2 de abril de 2006 |
País | España |
Na rede | |
https://www.verdegaia.org/wp/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Traxectoria
editarVerdegaia fundouse logo dunha escisión en ADEGA, a asociación ecoloxista na que en 2005 militaban a maior parte dos membros fundadores de Verdegaia. Ten como obxectivos contribuír á defensa da natureza e propiciar un desenvolvemento sustentábel caracterizado polo ecoloxismo, a xustiza social e a paz. Os medios para acadar estes obxectivos son a investigación, a sensibilización social, o deseño e realización de proxectos, a presión a gobernos e a empresas e a mobilización. A asociación publica desde o 2006 a revista dixital Cos pés na Terra.
En 2018 creou as Brigadas Deseucaliptizadoras, un programa de voluntariado para restituír as especies autóctonas de alto valor ecosistémico onde están ameazadas polo eucalipto e por outras especies invasoras pirófitas.[1]
Orixe do nome
editarO nome da asociación é un xogo de palabras entre verdegaia,[2] unha tonalidade de verde claro mestura entre o verde e o branco, cores respectivamente asociadas aos movementos ecoloxistas e pacifistas, e Gaia, nome da Nai Terra na mitoloxía grega.
Ideario
editarO ideario de Verdegaia é:
- Sostibilidade ecolóxica
- Xustiza social
- Paz
- Democracia participativa
- Autoorganización da cidadanía galega
- Independencia e apartidismo
- Defensa dos dereitos dos animais e dos demais seres vivos
- Superación do patriarcado
Núcleos comarcais
editarA asociación conta con núcleos nas seguintes comarcas:
Notas
editar- ↑ "As brigadas". Verdegaia. Consultado o 21/04/2018.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para verdegaia.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Web da asociación
- Cos pés na TerraArquivado 28 de novembro de 2018 en Wayback Machine. Revista dixital editada pola asociación.