Uranio-238
O uranio-238 (238U ou U-238) é o isótopo máis común do uranio en estado natural, cunha abundancia relativa de 99%. A diferenza do uranio-235 é non-fisible, polo que non pode sustentar unha reacción nuclear en cadea. Porén, é fisible por medio de neutróns rápidos, e é un material fértil, polo que pode transmutarse en plutonio-239 fisible. o uranio-238 non pode sustentar por si só unha reacción en cadea xa que a dispersión inelástica reduce a enerxía de neutróns por debaixo do rango no que é probable a fisión rápida dun ou máis núcleos de seguinte xeración. O ancheamento Doppler da absorción de neutróns do uranio-238 é resoante, incrementando a absorción segundo aumenta a temperatura combustilbe, e é un mecanismo esencial de retroalimentación negativa para o control de reactores nucleares.
Ó redor do 99,284% da masa do uranio natural é uranio-238, cunha vida media de 1,41Modelo:E segundos (4,468Modelo:E anos, ou 4 468 000 millóns de anos).[1] Por mor da súa abundancia natural e da súa vida media en relación a outros elementos radioactivos, o 238U produce un 40% da calor radioactiva producida pola Terra.[2] O decaemento do 238U contribúe con 6 electróns anti-neutrinos por decaemento, dando como resultado un sinal xeoneutrino detectable cando os decamentos suceden dentro da Terra.[3]
Notas
editar- ↑ Mcclain, D. E.; Miller, A. C.; Kalinich, J. F. Status of Health Concerns about Military Use of Depleted Uranium and Surrogate Metals in Armor-Penetrating Munitions (PDF) (Informe). OTAN. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de novembro de 2007. Consultado o 13 de decembro de 2017.
- ↑ Arevalo, Ricardo; McDonough, William F.; Luong, Mario. "The K/U ratio of the silicate Earth: Insights into mantle composition, structure and thermal evolution". Earth and Planetary Science Letters 278 (3–4): 361–369. Bibcode:2009E&PSL.278..361A. doi:10.1016/j.epsl.2008.12.023.
- ↑ Araki, T.; Enomoto, S.; Furuno, K.; Gando, Y.; Ichimura, K.; Ikeda, H.; Inoue, K.; Kishimoto, Y.; Koga, M. "Experimental investigation of geologically produced antineutrinos with KamLAND". Nature 436 (7050): 499–503. Bibcode:2005Natur.436..499A. doi:10.1038/nature03980.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Baba, M., Wakabayashi, H., Ito, N., Maeda, K., & Hirakawa, N. (1990). Measurement of double-differential neutron emission spectra from uranium-238. Journal of Nuclear Science and Technology, 27(7), 601-616.
- Rao, M. N., & Kuroda, P. K. (1966). Decay constant and mass-yield curve for the spontaneous fission of uranium-238. Physical Review, 147(3), 884.
Este artigo sobre física é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
Este artigo sobre química é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |