Apéndice unirrámeo
Nos artrópodos, os apéndices unirrámeos son aqueles apéndices provistos dun só eixe ou rama.[1]
A estrutura básica ideal dos apéndices dos artrópodos consta dunha parte basal ou proximal, que serve como punto de unión co cuerpo, e unha parte distal que, en principio, ten función locomotora.
Dependendo da morfoloxía de dita parte distal, distínguense dous tipos morfolóxicos de apéndices, os apéndices unirrámeos, cun só eixe (típicos dos artrópodos terrestres, como os arácnidos, os miriápodos e os insectos), e os birrámeos, con dous eixes.[2]
Estrutura dos apéndices unirrámeos
editarNos apéndices unirrámeos a zona proximal denomínase coxito, e a distal, telopodito. Ambas as dúas están constituídas por un número variábel de artellos.
O coxito posúe a miúdo expansións denominadas exitos, situadas na parte externa, e enditos, localizadas na parte interna.
Os apéndices unirrámeos son típicos dos artrópodos terrestres, como os quelicerados, os miriápodos e os insectos.[1]
Non hai acordo sobre que tipo de apéndice apareceu primeiro no curso da evolución. Propoxéronse as tres hipóteses posíbeis, é dicir, que o modelo primitivo era unirrámeo, que o modelo primitivo era birrámeo, e que os apéndices unirrámeos e birrámeos se orixinaron de modo independente.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Garrido, Carlos (1977): Dicionário terminológico quadrilíngue de zoologia dos invertebrados. A Corunha: Associaçom Galega da Língua. ISBN 84-87305-12-1.
- ↑ Armengol, J. et al., 1986. Artròpodes (I). Història Natural dels Països Catalans, 9. Enciclopèdia Catalana, S. A., Barcelona, 437 pp. ISBN 84-85194-84-5.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Armengol, J. et al. (1986): Artròpodes (I). Història Natural dels Països Catalans, 9. Barcelona: Enciclopèdia Catalana, S. A. ISBN 84-85194-84-5.
- Garrido, Carlos (1977): Dicionário terminológico quadrilíngue de zoologia dos invertebrados. A Corunha: Associaçom Galega da Língua. ISBN 84-87305-12-1.