Unidade Galega (partido)
- Para a coalición formada en 1979, vexa Unidade Galega (coalición)
Unidade Galega (UG) Partido político galego disolto Dirixentes e organización Líder Camilo Nogueira Historia Fundación 1991 Disolución 2003 Posicións políticas Ideoloxía Nacionalismo galego
Socialismo democrático
Federalismo
Europeísmo[1]
Unidade Galega foi un partido político galego nacionalista de esquerdas formado en 1991 herdeiro do PSG-EG e liderado por Camilo Nogueira.
Historia
editarUG foi fundada en 1991 coma unha refundación do PSG-EG, despois dos modestos resultados deste partido nas eleccións ao Parlamento de Galicia de 1989 e nas municipais de 1991. O novo partido concurriu ás eleccións xerais de 1993, onde obtivo un resultado semellante ao do seu predecesor. Nas eleccións autonómicas de 1993 foi en coalición con Esquerda Unida que resultou nun fracaso ao non obter representación parlamentaria. A consecuencia destes fracasos, no ano 1994 integrouse no BNG[2]. No seu V Congreso Nacional que se celebrou o 20 de setembro de 2003 decidiu autodisolverse como partido político e constituírse en corrente de opinión dentro do BNG[3].
Resultados electorais
editarElección | Votos | % | Deputados |
---|---|---|---|
Eleccións xerais de España de 1993 | 74.605 | 4,67% | 0 |
Eleccións ao Parlamento de Galicia de 1993 | 44.902 | 3,07% | 0 |
Notas
editar- ↑ Hermida, X. (15 de outbro de 1993). "El PP ha fomentado al BNG como una oposición extravagante". El País.
- ↑ EP (1994-06-26). "Unidade Galega aprueba integrarse en el BNG". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2020-06-14.
- ↑ "Unidade Galega se disuelve como partido dentro del Bloque". La Voz de Galicia (en castelán). 2003-09-20. Consultado o 2020-06-14.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Beramendi, Xusto G.; Núñez Seixas, X.M. (1996). O nacionalismo galego. Colección: Historia de Galicia, nº 18. Vigo: A Nosa Terra. ISBN 9788489138643.
- «Candidaturas presentadas para las Elecciones al Congreso de los Diputados y al Senado, convocadas por Real Decreto 534/1993, de 12 de abril». Boletín Oficial del Estado n.º 107, 5/5/1993. Fascículo Segundo