Unbreakable
Unbreakable é un filme estadounidense escrito, producido e dirixido por M. Night Shyamalan que se estreou no 2000. Está protagonizado por Bruce Willis e Samuel L. Jackson. Unbreakable conta a historia dun garda de seguridade de Filadelfia, David Dunn, que lentamente descobre que é un superheroe.
Unbreakable | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Unbreakable |
Director | M. Night Shyamalan |
Produtor | M. Night Shyamalan Barry Mendel Sam Mercer Roger Birnbaum Gary Barber |
Guión | M. Night Shyamalan |
Intérpretes | Bruce Willis Samuel L. Jackson Robin Wright Penn Spencer Treat Clark |
Música | James Newton Howard |
Fotografía | Eduardo Serra |
Montaxe | Dylan Tichenor |
Estudio | Blinding Edge Pictures Barry Mendel Productions Limited Edition Productions Inc. |
Distribuidora | Touchstone Pictures |
Estrea | 2000 |
Duración | 106 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Suspense, Sobrenatural |
Orzamento | $75 000 000[1] |
Recadación | $248 118 121 |
Filme seguinte | Slipt |
Na rede | |
http://www.movies.co.jp/unbreakable/ | |
Unbreakable recibiu críticas positivas,[2] alabando o tema de superheroe, as interpretacións dos actores e a banda sonora de James Newton Howard. Posteriormente converteuse nun filme de culto[3] e a revista Time listouno entre os dez mellores filmes de superheroes de tódolos tempos.[4]
Sinopse
editarElijah Price (Samuel L. Jackson) naceu con osteoxénese imperfecta do tipo I, unha rara enfermidade que provoca que os ósos do corpo rompan doadamente. Afeccionado e debuxante de banda deseñada, durante as súas longas estadías no hospital, Price teoriza sobre o feito de que se el é fráxil en extremo, tamén é probable que exista outra persoa que sexa forte no extremo oposto.
Anos despois, o garda de seguridade David Dunn (Bruce Willis) está tamén buscando o senso da súa existencia. Deixou unha prometedora carreira no fútbol americano por casar coa súa muller Audrey (Robin Wright Penn), pero tempo despois o seu matrimonio fracasou.
Máis tarde prodúcese un accidente ferroviario. Cento dezaoito persoas e sete tripulantes viaxaban no tren de pasaxeiros. Só se atopou un sobrevivente: David Dunn. Elijah Price, proponlle unha estraña explicación que xustificaría por que David saíu indenne do accidente, unha explicación que podería cambiar para sempre a vida de David.
Personaxes
editar- Bruce Willis como David Dunn
- Samuel L. Jackson como Elijah Price
- Robin Wright Penn como Audrey Dunn
- Laura Regan como Audrey con 20 anos
- Spencer Treat Clark como Joseph Dunn
- Charlayne Woodard como Mrs. Price
- Eamonn Walker como Dr. Mathison
- M. Night Shyamalan como Repartidor de droga do estadio
- Richard E. Council como Noel
- Michael Kelly como Dr. Dubin
Notas
editar- ↑ BoxOfficeMojo.com
- ↑ "Unbreakable:Review". Metacritic. CBS. Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2008. Consultado o 16 de abril de 2010.
- ↑ "The Charts". Entertainment Weekly. 5 de outubro de 2001. Arquivado dende o orixinal o 21 de abril de 2009. Consultado o 19 de decembro de 2008.
- ↑ Cruz, Gilbert (3 de xuño de 2011). "Top 10 Superhero Movies: 4. Unbreakable (2000)". Time. Consultado o 17 de agosto de 2011.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Unbreakable na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)