Turbelarios
Turbelarios | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Pseudobiceros dimidiatus | |||||||
Clasificación científica | |||||||
| |||||||
Ordes | |||||||
(Acoela) |
Os turbelarios (Turbellaria) son unha clase de vermes planos pertencentes ao filo dos platihelmintos e que ten como principal característica a de incluír a todas aquelas especies deste filo que non son exclusivamente parasitas, xa que a maioría son depredadoras de microorganismos, pequenos invertebrados ou son herbívoras.
A maioría son organismos bentónicos, mariños ou de auga doce; algúns posteriormente adaptáronse a ambientes húmidos terrestres. A súa locomoción depende de cilios, e escavan activamente en busca de comida. Reprodúcense sexualmente e todos son hermafroditas.
Todos son planos con forma de cinta o de folla xa que a súa falta de sistemas respiratorio e circulatorio significa que teñen que depender da difusión para o transporte interior. Varían en lonxitude dende 1 mm a 50 cm.
Acoelomorpha e o xénero Xenoturbella incluíronse na clase dos Turbelarios pero cos datos actuais xa non se consideran como platihelmintos e teñen o seu propio filo.
Bibliografía
editar
Véxase tamén
editarWikispecies posúe unha páxina sobre: Turbelarios |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Turbelarios |
Ligazóns externas
editar- Turbellarian Taxonomic Database, Clasificación dos turbelarios (en inglés)
- The Taxonomicon Arquivado 03 de marzo de 2009 en Wayback Machine. (en inglés)