Provincia autónoma de Bolzano

provincia italiana
(Redirección desde «Tirol do Sur»)

A Provincia autónoma de Bolzano é unha provincia da rexión italiana de Trentino-Tirol do Sur. Á capital é Bolzano (en alemán Bozen, en ladino Bulsan ou Balsan).

Modelo:Xeografía políticaProvincia autónoma de Bolzano
Provincia autonoma di Bolzano— Alto Adigeнем. Autonome Provinz Bozen — Südtirolладинск. Provinzia Autonoma de Bulsan — Südtirol (it)
Autonome Provinz Bozen — Südtirol (de)
Provinzia Autonoma de Bulsan — Südtirol (lld) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

EpónimoCondado Principesco do Tirol (pt) Traducir e sur Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 46°30′N 11°20′L / 46.5, 11.33
PaísItalia
Rexión con estatuto especialTrentino-Tirol do Sur Editar o valor en Wikidata
CapitalBolzán Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Aldein (pt) Traducir
Algund (pt) Traducir
Altrei (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata../... 116+
Poboación
Poboación531.178 (2018) Editar o valor en Wikidata (71,78 hab./km²)
Lingua oficiallingua italiana
lingua alemá
Lingua ladina Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie7.400,43 km² Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Creación1948 Editar o valor en Wikidata
Organización política
Órgano executivoGovernment of South Tyrol (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
• President of South Tyrol (en) Traducir Editar o valor en WikidataArno Kompatscher (2014–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoLandtag of South Tyrol (en) Traducir Circunscrición: sen valor, (Escano: 35) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Aliança Climática (pt) Traducir (1993–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal39100 e 39010–39059 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico0472, 0473, 0474, 0463 e 0471 Editar o valor en Wikidata
ISO 3166-2IT-BZ Editar o valor en Wikidata
Código NUTSITH1 Editar o valor en Wikidata
Identificador ISTAT021 Editar o valor en Wikidata

Páxina webhome.provincia.bz.it Editar o valor en Wikidata
Facebook: LandSuedtirol Twitter: landsuedtirol Instagram: land.suedtirol LinkedIn: provincia-autonoma-di-bolzano Youtube: UC8S_4JTTBf8RTDchc8CpQog BNE: XX457069 Editar o valor en Wikidata

Topónimo

editar

En italiano a provincia é oficialmente Provincia Autonoma di Bolzano – Alto Adige, pero por costume emprégase só Alto Adige. Este é un nome xeográfico de orixe francesa (Haut-Adige), imposto durante a ocupación napoleónica, que fai referencia ao río Adige nado nesta provincia.

O topónimo oficial alemán é Autonome Provinz Bozen – Südtirol, pero na linguaxe popular úsase simplemente Südtirol, nome que corresponde á rexión histórica e xeográfica do Tirol, unidade administrativa do Imperio Austrohúngaro até o ano 1918. Os habitantes de lingua alemá definen Tirol do Sur como Land (como os Länder de Alemaña e Austria) en vez de provincia.

En lingua ladina esta rexión denomínase Provinzia Autònoma de Bulsan – Südtirol, como tamén Südtirol.

A Constitución de Italia (art. 116) recoñece desde o 18 de outubro de 2001 a versión italiano-alemá Alto Adige/Südtirol.

Ademais todos os topónimos deber ser bilingües, ou trilingües nas zonas ladinas. A maioría das denominacións xeográficas italianas son achegadas por Ettore Tolomei, autor do Prontuario dei nomi locali dell'Alto Adige.

Xeografía

editar

A provincia limita polo norte e polo leste cos estados austríacos de Tirol e Salzburgo, polo oeste con Suíza (Cantón dos Grisóns), polo sueste coa provincia de Belluno (rexión do Véneto), polo sur coa Provincia autónoma de Trento e polo suroeste, co paso do Stelvio, coa provincia de Sondrio (rexión da Lombardía).

O territorio é enteiramente montañoso, o Ortles (Ortler en alemán) é con 3.905 metros o cumio máis alto. Ademais está irrigado por varios cursos de auga: o Adigio/Etsch, o Isarco/Eisack, o Rienza/Rienz, o Passirio/Passer, o Talvera/Talfer. Tamén existen algúns lagos: Lago di Resia/Reschensee, Lago di Caldaro/Kalterer See, Lago di Monticolo/Montiggler See, Lago di Braies/Pragser Wildsee, Lago di Varna/Vahrner See.

Organización territorial

editar
 
Mapa de comunità comprensoriali del Alto Adigio (Trentino-Alto Adigio)

A provincia autónoma de Bolzano consta de 116 concellos, que se agrupan en oito distritos.

Distritos

editar

Os distritos (comunità comprensoriali en italiano ou ben Bezirksgemeinschaften en alemán) son:

Maiores comunas

editar
Municipio (italiano) Municipio (alemán) Habitantes
Bolzano Bozen 103.088
Merano Meran 35.602
Bressanone Brixen 19.504
Laives Leifers 15.962
Brunico Bruneck 14.148
Appiano sulla Strada del Vino Eppan an der Weinstraße 13.325
Lana Lana 10.458
Caldaro sulla strada del vino Kaltern an der Weinstraße 7.307
Renon Ritten 7.147
Sarentino Sarntal 6.669
Castelrotto Kastelruth 6.247
Vipiteno Sterzing 5.947
Silandro Schlanders 5.908
Valle Aurina Ahrntal 5.641
Naturno Naturns 5.201
Laces Latsch 5.050
Chiusa Klausen 4.622
Ortisei St. Ulrich in Gröden 4.499

Linguas

editar
 
Mapa das linguas faladas na provincia, Alemán (verde), italiano (vermello) e ladino (azul)

A maioría da poboación fala un dialecto alemán, algo menos dun terzo ten o italiano como lingua materna e unha pequena minoría é de fala ladina.

Galerías de imaxes

editar

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar