Thomas Simpson

matemático británico

Thomas Simpson, nado o 20 de agosto de 1710, falecido o 14 de maio de 1761, foi un matemático británico, inventor e epónimo da regra de Simpson para aproximar integrais definidas, aínda que este método xa fora descuberto 200 anos antes por Johannes Kepler (Keplersche Fassregel).

Modelo:BiografíaThomas Simpson
Biografía
Nacemento20 de agosto de 1710 (Xuliano) Editar o valor en Wikidata
Market Bosworth, Reino Unido (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte14 de maio de 1761 Editar o valor en Wikidata (50 anos)
Amiens, Francia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoAnálise matemática Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónmatemático Editar o valor en Wikidata
Membro de
Premios

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Симпсон Томас)
Dictionary of National Biography
Enciclopedia soviética armenia Editar o valor en Wikidata
Miscellaneous tracts, 1768

Parece ser que o método que se lle atribúe a Simpson era coñecido e usado por Bonaventura Cavalieri (un alumno de Galileo) en 1639, e máis tarde redescuberto por James Gregory.

Traxectoria

editar

Simpson naceu en Market Bosworth, Leicestershire. Fillo de tecedor,[1] Simpson autoinstruíuse nas matemáticas e tamén na astroloxía logo de ver unha eclipse solar. Dedicouse á adiviñación, mais tívose que mudar a Derby despois do que lle fixo a unha rapaza para sacarlle o demo do corpo[2]. Máis tarde foise a Londres.

Dende 1743, ensinou matemáticas na Academia Real Militar de Woolwich.

En 1758, Simpson foi escolleito membro estranxeiro da Real Academia das Ciencias de Suecia.

  • Treatise of Fluxions (1737)
  • The Nature and Laws of Chance (1740)
  • The Doctrine of Annuities and Reversions (1742)
  • Mathematical Dissertation on a Variety of Physical and Analytical Subjects (1743)
  • A Treatise of Algebra (1745)
  • Elements of Geometry (1747)
  • Trigonometry, Plane and Spherical (1748)
  • Select Exercises in Mathematics (1752)
  • Miscellaneous Tracts on Some Curious Subjects in Mechanics, Physical Astronomy and Speculative Mathematics (1757)
  1. "Thomas Simpson" (en inglés). Holistic Numerical Methods Institute. Consultado o 30 de outubro de 2009. 
  2. Simpson, Thomas (1710-1761) Arquivado 24 de agosto de 2004 en Wayback Machine. (en inglés)

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar