Thomas Jane
Thomas Jane, nado como Thomas Elliott III en Baltimore (Maryland) o 23 de febreiro de 1969, é un actor, guionista, produtor e director de cine estadounidense. É coñecido polas súas interpretacións en filmes como Deep Blue Sea (1999), The Punisher (2004), e a adaptación cinematográfica de The Mist (2007) de Stephen King. Actualmente actúa na serie de televisión The Expanse.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Thomas Elliott III 22 de febreiro de 1969 (55 anos) Baltimore, Estados Unidos de América |
Educación | Thomas Sprigg Wootton High School (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Actuación |
Ocupación | artista urbano, actor de dobraxe, escritor, produtor de cinema, actor de televisión, actor de teatro, actor de cinema, director de cinema, actor |
Período de actividade | 1987 - |
Familia | |
Cónxuxe | Patricia Arquette (2006–2011) Aysha Hauer (1989–1995) |
Parella | Olivia d'Abo |
Fillos | Harlow Jane () Patricia Arquette |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
|
Biografía
editarÉ fillo de Cynthia, unha traballadora dun anticuario, e Michael Elliott, un enxeñeiro bioxenético.[1][2] Jane graduouse no ano 1987 na Thomas Sprigg Wootton High School no Condado de Montgomery, Maryland.
Traxectoria
editarDe sempre se sentiu atraído pola comedia, e é por iso que fixo o seu debut como actor no teatro, incluíndo All My Sons, de Arthur Miller, e The Glass Menagerie do famoso dramaturgo Tennessee Williams.
Porén, Jane entrou na gran pantalla co filme indio en lingua telugu Padamati Sandhya Ragam (1986), dirixida por Jandhyala. A partir do seu primeiro papel como Zeph en Buffy the Vampire Slayer (1992) conseguiu papeis secundarios en varios filmes destacados, incluíndo The Crow (1996), Boogie Nights (1997), The Thin Red Line (1998), Thursday (1998) e Magnolia (1999). Dous anos máis tarde, actuou con Gene Hackman e Monica Bellucci en Baixo sospeita e a comedia romántica The Sweetest Thing.
A pesar de que apareceu en O cazador de soños (2003), unha adaptación dunha novela de Stephen King, e da súa carreira anterior; Jane é principalmente coñecido por interpretar a Frank Castle en The Punisher (2004), baseado no cómic de Marvel. Dende entón, a súa carreira como actor toma repouso até o ano 2008, cando interpreta, por segunda vez, un heroe de Stephen King na adaptación de Frank Darabont The Mist.
Entre 2009 e 2011, interpretou o papel principal na serie de televisión Hung. O seu personaxe Ray Drecker é un adestrador de baloncesto e pai divorciado de dous adolescentes que se atopa na obriga de explotar sexualmente o seu corpo para poder subsistir.
Filmografía
editarActor
editarAno | Título | Personaxe | Notas |
---|---|---|---|
1987 | Padamati Sandhya Ragam | Chris | Nos créditos como Tom Jane |
1992 | I'll Love You Forever... Tonight | O buscavidas | |
1992 | Buffy the Vampire Slayer | Zeph | |
1992 | Nemesis | Billy | Nos créditos como Tom Janes |
1994 | At Ground Zero | Thomas Quinton Pennington | Nos créditos como Tom Elliott |
1996 | The Crow: City of Angels | Nemo | |
1997 | The Last Time I Committed Suicide | Neal Cassady | |
1997 | Face/Off | Burke Hicks | |
1997 | Boogie Nights | Todd Parker | |
1997 | Hollywood Confidential | Lee | |
1998 | Thursday | Casey | |
1998 | The Velocity of Gary | Gary | |
1998 | Zack and Reba | Sparky Stokes | |
1998 | The Thin Red Line | Private Hiram Ash | |
1999 | Deep Blue Sea | Carter Blake | |
1999 | Molly | Sam | |
1999 | Junked | Switch | |
1999 | Magnolia | Jimmy Gator (mozo) | Cameo |
2000 | Baixo sospeita | Detective Felix Owens | |
2001 | Original Sin | Bill / Walter Downs / Mephisto | |
2001 | Eden | Dov | |
2002 | The Sweetest Thing | Peter Donahue | |
2003 | O cazador de soños | Henry | |
2003 | Stander | Andre Stander | |
2004 | The Punisher | Frank Castle / The Punisher |
Nos créditos como Tom Jane |
2006 | The Tripper | Buzz Hall | Tamén produtor executivo |
2007 | The Mist | David Drayton | |
2008 | The Butler's in Love | The Butler | Curtametraxe |
2008 | Mutant Chronicles | Sgt. Mitch Hunter | |
2008 | Killshot | Wayne | |
2009 | Give 'Em Hell, Malone | Malone | |
2009 | Dark Country | Dick | Tamén director e produtor |
2010 | DC Showcase: Jonah Hex | Jonah Hex (voz) | Curtametraxe[3] |
2010 | Scott Pilgrim vs. the World | Policía Vegan | Cameo |
2011 | I Melt with You | Richard | Tamén produtor executivo |
2012 | LOL | Allen | |
2012 | The Punisher: Dirty Laundry | Frank Castle / The Punisher |
Curtametraxe Tamén produtor |
2013 | Sirius | Narrador | Documental |
2013 | Pawn Shop Chronicles | O home[4] | |
2013 | Buttwhistle | Grumisch | |
2014 | White Bird in a Blizzard | Detective Scieziesciez | |
2014 | Drive Hard | Peter Roberts | |
2014 | Heavenly Sword | Loki | Voz |
2014 | Reach Me | Wolfie | |
2015 | Vice | Roy | |
2015 | Into the Grizzly Maze | Beckett | |
2015 | Broken Horses | Gabriel Heckum | |
2016 | Standoff | Carter | Tamén produtor executivo |
2016 | The Veil | Jim Jacobs | |
2016 | Before I Wake | Mark Hobson | |
2016 | USS Indianapolis: Men of Courage | Tte. Adrian Marks | |
2016 | The World's Biggest Asshole | Coleman F. Sweeney | Curtametraxe |
2017 | Hot Summer Nights | Sarxento Frank Calhoun | |
2017 | 1922 | Wilfred James | |
2018 | A.X.L. | Chuck Hill | |
2018 | The Predator | Baxley | |
2019 | Crown Vic | Ray Mandel | |
2020 | Anti-Life | Admiral | |
2020 | Salvage | Home |
Televisión
editarAno | Título | Personaxe | Notas |
---|---|---|---|
1991 | She-Wolf of London | Johnny | Episodio: "Heart Attack" Nos créditos como Thomas Bridgett |
1995 | High Tide | Barry | Episodio: "Barry" |
1999 | Jonni Nitro | Brack | Director 2 episodios |
2001 | 61* | Mickey Mantle | Telefilme |
2004 | Arrested Development | El mesmo | Episodio: "The One Where They Build a House" |
2006 | Medium | Clay Bicks | 2 episodios |
2009–2011 | Hung | Ray Drecker | 30 episodios |
2015 | Texas Rising[5] | James Wykoff | 2 episodios |
2015–presente | The Expanse[6] | Detective Josephus Miller / O investigador | Personaxe protagonista |
2019 | Robot Chicken | The Punisher (voz) | Episodio: "Spike Fraser in: Should I Happen to Back Into a Horse" |
Videoxogos
editarAno | Título | Personaxe (voz) | Notas |
---|---|---|---|
2004 | The Punisher | Frank Castle / The Punisher |
|
2005 | Gun | Colton White |
Discografía
editarÁlbums
editarAno | Artista | Álbum | Notas |
---|---|---|---|
2012 | Rusty Blades[7][8] | Don't Come Home | Cantautor Guitarrista |
Bibliografía
editarAno | Título | Notas |
---|---|---|
2005–presente | Bad Planet | Banda deseñada, editor e escritor con Steve Niles (1–6) e Bruce Jones (7–presente) |
2007 | Alien Pig Farm 3000 | Banda deseñada, escritor Steve Niles e Todd Farmer |
2012 | Dark Country | Novela gráfica, editor e director, escrito por Tab Murphy e debuxado por Thomas Ott |
Notas
editar- ↑ Thomas Jane Biography (1969-)
- ↑ "Thomas Jane Biography - Yahoo! Movies". Arquivado dende o orixinal o 25 de outubro de 2007. Consultado o 09 de agosto de 2011.
- ↑ Gallagher, Brian (11 de xullo de 2010). "Jane Discusses the Jonah Hex Short Film on Batman: Under the Red Hood". MovieWeb.com. Arquivado dende o orixinal o 08 de xuño de 2020. Consultado o 16 de marzo de 2020.
- ↑ Paur, Joey (6 de xuño de 2012). "'Pawn Shop Chronicles' Gets Great Cast with Dillion, Fraser, Wood, Jane, and More". Geek Tyrant.
- ↑ Goldberg, Lesley (12 de marzo de 2014). "Bill Paxton, Brendan Fraser Among History's All-Star 'Texas Rising' Cast". The Hollywood Reporter.
- ↑ Friedlander, Whitney (14 de xullo 2014). "Thomas Jane to Star in Syfy Thriller 'The Expanse'". Variety.
- ↑ "Rusty Blades – Don't Come Home 4 Song EP". Amazon.com. Consultado o 16 de marzo de 2020.
- ↑ "Raw Studios Proudly Presents RUSTY BLADES. Now on iTunes!". Raw Studios. xuño de 2012. Consultado o 16 de marzo de 2020.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Thomas Jane |