The Selfish Gene

obra divulgativa sobre a teoría da evolución de Richard Dawkins

The Selfish Gene é unha obra divulgativa sobre a teoría da evolución, en que Richard Dawkins presenta unha interpretación desta que procura explicar a evolución das especies na perspectiva dos xenes e non na do individuo ou da especie.

The Selfish Gene
Título orixinalThe Selfish Gene
Autor/aRichard Dawkins
OrixeReino Unido Reino Unido
LinguaInglés
Tema(s)Bioloxía evolutiva
Xénero(s)Ensaio
EditorialOxford University Press
Data de pub.1976
Páxinas224
ISBNISBN 0-19-857519-X
Seguido porThe Extended Phenotype
editar datos en Wikidata ]

Características

editar

Segundo a Teoría do xene egoísta, o xene é a unidade fundamental da evolución. Esta idea pon cobro a algunhas confusións que se criaron co obxectivo de explicar determinadas características físicas ou comportamentais dos seres vivos. Ollando a evolución desde o punto de vista do xene, pódense explicar mesmo fenómenos de selección de grupo. Este libro tamén é notábel por (re)introducir o concepto de meme.

A teoría de Dawkins fixa os xenes, no canto dos individuos, como os axentes sobre os que opera a evolución.

Dawkins redefine o concepto de xene como aquela unidade de información transmisible pola herdanza que produce un ou varios efectos concretos, en tanto poida existir outra unidade de información que produciría efectos distintos, denominada alelo do xene, sen importar se se trata dun xene illado (caso improbábel) ou de varios xenes cooperativos; incluso sería indiferente se un xene se corresponde cun cromosoma enteiro ou cun fragmento.

O egoísmo constitúe unha metáfora coa que Dawkins pretende explicar o feito de que a prosperidade dun xene depende da súa adecuación ao medio.

Un xene dun organismo (os organismos son así máquinas de supervivencia para xenes) do que forma parte segue existindo se dito organismo se reproduce, posto que os xenes son a base da herdanza (no caso da reprodución sexual, a probabilidade de que un xene determinado sexa herdado é do 50 %, xa que o macho achega a metade dos xenes que formarán o novo individuo e a femia achega a metade restante; no caso da reprodución asexual, a trasmisión dun xene dun ascendente a un descendente é directa: o descendente é unha copia xenética do ascendente). Así, os xenes que dalgunha maneira proporcionen máis oportunidades de reproducirse para o organismo do que forma parte que os respectivos alelos tenderá a ser herdado por cada vez un maior número de individuos.

Unha metáfora adecuada para a teoría do xene egoísta é unha resposta á pregunta que vai antes, a galiña ou o ovo?. A resposta, considerando "o xene egoísta", sería que unha galiña non é máis que o medio que utiliza un ovo para crear máis ovos.

Con estas premisas, Dawkins trata de explicar as relacións entre individuos: a agresión, a batalla de sexos, o conflito xeracional e mesmo a plausibilidade do altruísmo.

Como colofón da obra, Dawkins acuña o concepto de meme como axente responsable da transmisión cultural no ser humano, análogo ao concepto de xene, e polo tanto, suxeito ás mesmas regras básicas da evolución (o egoísmo entre elas).

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Bibliografía

editar