Terrassa Futbol Club
O Terrassa Futbol Club é un club de fútbol catalán, da cidade de Terrassa, na provincia de Barcelona. Fundouse en 1906 e xoga actualmente na Terceira División de España.
Terrassa Futbol Club | |||
---|---|---|---|
Nome | Terrassa Futbol Club | ||
Fundación | 1906 | ||
Estadio | Estadi Olímpic de Terrassa, Terrassa, Barcelona, España | ||
Inauguración | 1960 | ||
Capacidade | 11.500 espectadores | ||
Presidente | Jesús Fernández | ||
Adestrador | Miquel Olmo | ||
Liga | 3ª - Grupo 5 | ||
2011–12 | 7º | ||
Na rede | |||
http://www.terrassafc.com | |||
| |||
Historia
editarEn 1902 xogouse o primeiro partido de fútbol en Terrassa, por estudantes da Escola Industrial. En 1906 un grupo destes rapaces crea o Young’s Club nos terreos de En Belil. Dous anos máis tarde pasa a chamarse Terrassa Foot-Ball Club e en 1911 pasa a ser Terrassa Futbol Club. Despois da Guerra Civil e ata 1969 o club tivo a denominación de CD Terrassa.
En 2009 o Terrassa FC entrou en proceso de liquidación; o 29 de xuño outorgáronse os dereitos federativos a TFC Sports SL, que pasou a xestionar o club coa condición de que ao cabo duns meses a natureza xurídica do club cambiase a club social ou sociedade anónima deportiva. No ano 2010 creouse a empresa Terrassa Olímpica 2010 SAD, que adquiriu os dereitos federativos da anterior sociedade anónima deportiva para garantir a continuidade do proxecto.
Uniforme
editar- Uniforme titular: camiseta vermella con branco nas mangas, pantalón vermello e medias brancas.
- Uniforme alternativo: camiseta branca con vermello nas mangas, pantalón branco e medias negras.
Estadio
editar- Artigo principal: Estadio Olímpic de Terrassa.
O Terrassa xoga no Olímpic de Terrassa, con capacidade para 11.500 espectadores. O estadio foi estreado en 1960 cun partido entre o Terrassa FC e o Sevilla FC que acabou cun resultado de 2-4.
Datos do club
editar- Tempadas en 1ª: 0
- Tempadas en 2ª: 15
- Tempadas en 2ªB: 18
- Tempadas en 3ª: 36 (Incluída a 2012/13)
- Mellor posto na liga: 5º (2ª división, tempada 1942-43)
Xogadores destacados
editarPalmarés
editarTorneos rexionais
editar- Copa de Cataluña (4): 1925, 1936, 2002, 2003
- Campionatos de Cataluña de Segunda Categoría (2): 1915-16, 1923-24
Torneos nacionais
editar- Subcampión da Segunda División B Española (1): 1997-98
- Terceira División Española (4): 1953-54, 1961-62, 1969-70, 1974-75
- Subcampión da Terceira División Española (5): 1950-51, 1967-68, 1968-69, 1971-72, 1993-94