TAROM
Compania Națională de Transporturi Aeriene Române TAROM S.A., comercializada como TAROM, é a aeroliña nacional de Romanía, ademais de ser a máis vella aínda activa do país. Ten a súa sede en Otopeni, no aeroporto Internacional de Bucarest-Henri Coanda, que tamén é o seu principal centro de conexións. É a aeroliña máis grande de Romanía en termos de tamaño de frota e voos e destinos internacionais, e a segunda por pasaxeiros transportados, despois de Wizz Air.
TAROM Romanian Air Transport TAROM Transporturile Aeriene Române | ||
---|---|---|
IATA RO | OACI ROT | Indicativo TAROM |
Fundación | 1920 (como CFRNA) | |
Plan de voo frecuente | Flying Blue | |
Alianza | SkyTeam | |
Frota | 29 | |
Destinos | 52 | |
Dirixentes | Ursu Mihăiță (CEO) [1] | |
Páxina web: http://www.tarom.ro/ |
O seu nome é o acrónimo de Transporturile Aeriene Române (Transporte Aéreo Romanés). O 97,22% da compañía pertence ao goberno de Romanía (Ministerio de Transporte). A aeroliña uniuse á alianza SkyTeam o 25 de xuño de 2010.
Frota
editarActual
editarEn decembro de 2020 a frota de TAROM estaba formada polos seguintes avións:[2][3]
Avión | En servizo | Pedidos | Pasaxeiros | Notas | ||
---|---|---|---|---|---|---|
C | Y | Total | ||||
Airbus A318-100 | 4 | — | 14 | 99 | 113 | |
ATR 42-500 | 7 | — | — | 48 | 48 | |
ATR 72-500 | 2 | — | — | 68 | 68 | |
ATR 72-600 | 4 | 5 | — | 72 | 72 | Substitúen aos ATR 42-500 e ATR 72-500.[4] |
Boeing 737-300 | 4 | — | 8 | 126 | 134 | |
Boeing 737-700 | 4 | — | 14 | 102 | 116 | |
Boeing 737-800 | 4 | — | 16 | 144 | 160 | |
— | 189 | 189 | ||||
Boeing 737 MAX 8 | — | 5[5] | TBA | Entregas dende 2023.[5] | ||
Total | 29 | 10 |
Histórica
editarAo longo da súa historia TAROM tamén operou os seguintes modelos:
Notas
editar- ↑ "Directorul general al Tarom, George Barbu, și-a dat demisia". ECONOMICA.net (en romanesa). 09 de xuño 2020. Consultado o 16 de agosto 2020.
- ↑ "The fleet". www.tarom.ro. Consultado o 2020-12-22.
- ↑ "TAROM Fleet Details and History". www.planespotters.net. Consultado o 2020-12-22.
- ↑ "Romania's Tarom orders nine ATR72s". ch-aviation. 24 de xuño de 2019.
- ↑ 5,0 5,1 Johnson, Eric M. (2018-07-16). Neely, Jason, ed. "Romanian airline Tarom, Boeing announce 737 purchase, leasing deal". Reuters. Arquivado dende o orixinal o 2018-07-16. Consultado o 22 de decembro de 2020.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar