Tállara, Lousame

parroquia civil do concello de Lousame
(Redirección desde «Tállara»)

San Pedro de Tállara é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Lousame, na comarca de Noia. Segundo o padrón municipal (INE 2020) ten 917 habitantes (449 homes e 468 mulleres).

Tállara
Igrexa parroquial de Tállara.
ConcelloLousame[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas42°44′34″N 8°52′35″O / 42.7429, -8.8763
Poboación917 hab. (2020)
Entidades de poboación20[1]
editar datos en Wikidata ]

Xeografía

editar

Está situada no suroeste do concello. Limita ao norte con Camboño e Noia, ao sur con Boiro, ao oeste con Porto do Son e ao leste con Lousame, situándose neste límite o monte Iroite (685 m) e o afloramento granítico do Confurco. A zona está vertebrada polo val do río Lobo, que desemboca en Noia.

É a segunda parroquia máis poboada de Lousame. Entre o seu patrimonio destaca a igrexa parroquial e as capelas de san Lourenzo e san Roquiño.

Galería de imaxes

editar

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Tállara

editar
Lugares da parroquia de Tállara no concello de Lousame (A Coruña)

Abeixón | Abelendo | A Barreira | Carantoña | Cernande | O Cruceiro | A Eirexa | Figueiroa | Guiende | Marracín de Abaixo | Marracín de Arriba | Meixonfrío | Merelle | Pascual | Ponte de San Francisco | A Portela | Pousada | San Roquiño | Sanguiñal | Vilar

Parroquias de Lousame

editar
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Lousame

Camboño (San Xoán) | Fruíme (San Martiño) | Lesende (San Martiño) | Lousame (San Xoán) | Tállara (San Pedro) | Toxos Outos (San Xusto) | Vilacova (Santa Eulalia)

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar