Susi Sánchez
Asunción Sánchez Abellán, nada en Valencia o 21 de marzo de 1955, é unha actriz española que participou en numerosas producións de teatro, cinema e televisión.
(2019) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de marzo de 1955 (69 anos) Valencia, España |
Actividade | |
Ocupación | actriz, actriz de cinema, actriz de teatro |
Premios | |
| |
Traxectoria
editarActriz de vocación teatral, en 2019 recibiu o premio Goya á mellor actriz pola súa interpretación de Anabel no filme La enfermedad del domingo, de Ramon Salazar.[1][2] Ademais, foromou parte do elenco de varios filmes do director Pedro Almodóvar (Dolor y gloria, Julieta, Los amantes pasajeros e La piel que habito) e participou nas tres entregas de Fernando González Molina sobre a triloxía do Baztan de Dolores Redondo.
Destacan tamén os seus papeis nos filmes 10.000 noches en ninguna parte de Ramón Salazar, pola que foi candidata ao Goya como actriz secundaria, La teta asustada, de Claudia Llosa, Oso de Ouro no Festival de Berlín, Juana la loca de Vicente Aranda onde deu vida á raíña Isabel a Católica, e nas obras teatrais Cara de plata e Mujeres soñaron caballos. Por estes tres traballos foi candidata aos premios da Unión de Actores, logrando o galardón á mellor actriz secundaria por Cara de plata.[3] Pola súa interpretación na obra Cuando Deje de Llover obtivo ademais o premio Max á mellor actriz secundaria en 2014.
Vida persoal
editarSusi Sánchez é parella da actriz e directora Consuelo Trujillo. Ambas asistiron a numerosos eventos do orgullo e falaron a favor dos dereitos LGBT.[4]
Notas
editar- ↑ "Goya 2019 - Susi Sánchez, mejor actriz protagonista, en la cámara glamur" (en castelán). 3 de febreiro de 2019. Consultado o 3 de febreiro de 2019.
- ↑ "Susi Sánchez se alza con el Goya a Mejor Actriz Protagonista » Premios Goya 2019". www.premiosgoya.com (en castelán). Consultado o 3 de febreiro de 2019.
- ↑ Premios Unión de Actores
- ↑ Ruiz, Borja (27 de xaneiro de 2014). "Susi Sánchez, la visibilidad de las actrices lesbianas en los Goya de este año" [Susi Sánchez, the Visibility of Lesbian Actresses at this Year's Goyas]. El Mundo (en Spanish). Consultado o 6 de decembro de 2018.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Susi Sánchez |