Sind
Sind é unha das rexións históricas de Paquistán e unha das provincias que contan con Asemblea lexislativa na división político-administrativa do país. Limita ao oeste e ao norte coa provincia de Baluchistán, ao norte co Punjab (Insia), ao leste cos estados indios de Gujarat e Rajastán e ao sur co mar de Arabia. Karachi é a capital desde 1936 en lugar das tradicionais capitais de Hyderabad e Thatta.
سنڌ (sd) سندھ (ur) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Paquistán | ||||
Capital | Karachi | ||||
Contén a división administrativa | Banbhore Division (en) Haiderabade (divisão) (pt) Karachi Division (en) Larkana Division (en) Mirpur Khas Division (en) Shaheed Benazirabad Division (en) Sukkur Division (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 55.245.497 (392,05 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | Lingua urdú Lingua sindhi | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 140.914 km² | ||||
Bañado por | Mar Arábigo, Grande Rann de Kutch (pt) e Río Indo | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 14 de agosto de 1947 | ||||
Organización política | |||||
Órgano executivo | Provincial Cabinet of Sindh (en) | ||||
• Chief Minister of Sindh (en) | Kamran Tessori (pt) (2022–) | ||||
Órgano lexislativo | Provincial Assembly of Sindh (en) Circunscrición: 130, (Escano: 168) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | PK-SD | ||||
Páxina web | sindh.gov.pk |
Xeografía
editarSind é a terceira provincia paquistaní polo seu tamaño, cunha superficie de 140.914 km², e a segunda máis poboada, cuns 55 millóns de habitantes en 2011, o que representa aproximadamente un terzo da poboación do país, dos cales a metade viven en cidades.
A súa capital é Karachi, a maior cidade do país con case 13 millóns de habitantes en 2009,[1] e antiga capital nacional. Só outra cidade supera o millón de habitantes, Hiderabad, e outras cinco 200.000: Sukkur, Larkana, Nawabshah, Mirpur Khas e Jacobabad.[1]
A provincia desempeña un importante papel económico e ten unha influencia significativa na cultura e historia do Paquistán.
O val do río Indo no seu curso baixo, drena o Sind, bordeado ao leste, na India, polo deserto de Thar.
O principais cultivos son arroz (o máis importante), algodón, trigo e cana de azucre. Tamén se cultivan plátanos e mangas.
Na provincia fálanse os idiomas sindhi, seraikí, urdú, gujarati, baluchi, hazaragí,[2] marwarí, dhatkí, parkri koli e algunhas outras.
As principais relixións practicadas no Sind son o islam e o hinduísmo.
- Islam: 52.793.409 87,98 %
- Hinduísmo: 6.842.526 11,40 %
- Cristianismo: 344.065 0,57 %
- Parsismo: 20.000 0,03 %
Historia
editarIdade Antiga
editarO Sind é a terra dos Mohenjo-Daro, un dos máis importantes grupos da civilización do val do Indo. Era unha marca occidental do imperio Maurya e, máis tarde, pasou a formar parte do imperio Gupta.
Despois foi gobernada pola dinastía Rai, primeiro budista, despois hinduísta, dos que se coñecen varios raxás. O último, Dahar -ou Dahir- foi asasinado por Muhammad ibn Qasim.
Idade Media
editarDespois da conquista da rexión por Muhammad ibn Qasim en 711-712, o islam converteuse na relixión dos dirixentes.
A dinastía árabe dos hibáridas dominou a rexión desde mediados do século IX, recoñecendo a autoridade nominal do califa abásida de Bagdad.
Á fin do século IX, os qarmates de Bahrain enviaron misioneiros ismaelitas. Os ismaelitas tomaron Multan por sorpresa en 977, e despois a totalidade do Sind en 985, e formaron un estado independente cuxos gobernantes recoñecían a soberanía do califa fatimí do Cairo. Un comercio próspero desenvolveuse entón pola ruta do mar Vermello.
En 1010 Mahmud de Ghazni toma Lahore, o que lle asegurou o dominio da conca do Indo. Capturou ao gobernador ismailí de Multan. Un isamilí chamado Khalif funda entón a dinastía dos sumras, que dirixiu o país até 1352. Cando Muhammad Guri toma Multan en 1179, os sumras se ven obrigados a repregarse a Thatta, que se converte na súa capital.
A rexión pertencería aos sultáns de Delhi a partir de 1214 e, despois dun período de independencia, sería conquistado par Akbar en 1591.
Idade Moderna
editarO Sind estivo dirixido a continuación pola dinastía kalhora (1701-1783) que restauraría a independencia do imperio mogol, á que sucedería a dinastía Talpur (1783-1843).
O persa Nadir Shah incorporou o Sind ao seu imperio despois da toma de Delhi en 1739, de despois pasou en 1747 ás mans de Ahmad Shah, fundador da dinastía durrani.
Idade Contemporánea
editarEn 1803 o Sind foi atacado por primeira vez polos británicos, pero daquela resistiu. Pero en 1842-1843, as forzas británicas conducidas polo xeneral Sir Charles Napier conquistaron o territorio. O primeiro Aga Khan axudou aos británicos na conquusta do Sind, polo que foi recompensado cunha pensión.
A provincia integrouse en Paquistán en 1947.
Historia no Paquistán independente
editarTras a independencia e a partición do vicerreinado británico da India, entre agosto e setembro de 1947, os hindús, sikhs e musulmáns loitaron entre eles nunha cruenta guerra que deixou máis de 200.000 mortos. Durante este tempo tamén ocorreu a emigración máis grande da historia cando doce millóns de indios e paquistanís se desprazaron á India ou ao Paquistán.
Co establecemento de musulmáns da India (os mohajir ou refuxiados) e a emigración de pastúns e habitantes de Baluchistán os sindi quedaron en minoría na súa provincia.
En 1990 comezaron os incidentes entre membros do Partido Popular de Paquistán (Pakistan Peoples Party, PPP) e o MQM (partido que representaba aos mohajir), levando finalmente á dimisión do ministro de Sind, Quaim A. Shah, que foi sucedido por Aftab S. Mirani (ambos eran do PPP).
Por outro lado, o Jaye Sindh, partido nacionalista, reclamaba a autonomía e sostiña frecuentes choques con membros do MQM. O líder sindi Qadir Magsi foi detido e a situación deteriorouse ante as protestas dos seus seguidores. A finais do ano o goberno central de Paquistán, en mans do PPP, foi deposto, e as asembleas provinciais suspendidas. Nas seguintes eleccións triunfou Nawaz Sharif da Alianza Democrática Islámica (Islamic Democratic Alliance, IDA).
En marzo de 1991 formouse o Jaye Sindh Progressive Party, dirixido por K. Makhti. E en outubro dese ano Tariq Javed, do MQM, foi designado primeiro ministro provincial provisional, desatando as iras do Jaye Sindh (dividido nas faccións Magsi e Jaye Sindh Tehrik).
En 1992 o líder sindi G. M. Syed foi encarcerado. Syed era partidario da creación dun estado independente chamado Sindhu Desh (que xa propuxera antes da partición e independencia en 1947, nos anos 1930) e dirixía o Jaye Sindh Movement e a Sindh National Alliance.
En 1993 Benazir Bhutto volveu ao poder en Paquistán e o PPP formou goberno en Sind.
En 1994 o MQM propuxo a división de Sind en dúas provincias: unha de sindis e outra de mohajires.
G. M. Syed, o líder sindi que propuxera un estado libre sindi desde os anos 1930, morreu en 1995 no hospital tras tres anos baixo arresto. Qadir Magdi pasou a dirixir o Jaye Sindh.
Nas eleccións de 1997 o PPP non obtivo a maioría en Sind.
En 1998 os sindis entraron no Pakistan Oppressed Nations Movement (PONM). Pouco despois a inestábel asemblea provincial quedou disolta e posta baixo control federal.
Símbolos
editarBandeira
editarComo provincia paquistaní o Sind no ten bandeira oficial. E como nación non existe unha bandeira consensuada. A proposta máis seguida é a do Jaye Sindh, cuxa bandeira debería ser a do Estado independente de Sindhu Desh. Este ten representación na Organización das Nacións e Pobos Non Representados (Unrepresented Nations and Peoples Organization, UNPO).
Escudo
editarDentro dunha figura contén cinco follas e unha figura de Mohenjo-Daro flanqueada por ramas de loureiro. Sobre todo, unha estrela co nome "Sind". A figura descansa, sen tocala, nunha media lúa que simboliza a relixión musulmá.
Notas
editarVéxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Goberno de Sind Arquivado 09 de maio de 2015 en Wayback Machine. (en inglés)