Samgyeopsal
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2016.) |
O samgyeopsal (en hangul: 삼겹살, hanja 三겹살) é un prato moi popular da cociña coreana. É un prato que acostuma servirse de xantar, consistente principalmente en lonchas de carne de touciño, servido ao estilo e coa mesma aparencia que o galbi, isto é, carne adobada con allo, sal e aceite de sésamo e cociñada á grella.
Características
editarAs pezas de carne cociñada adóitanse pór nunha folla de leituga ou nalgunha folla de verdura, xunto con arroz cocido e algo de ssamjang, unha pasta elaborada cunha mestura de diversos ingredientes, como pode ser unha pasta de chili (gochujang) ou de soia (doenjang), e acostúmese comer coa man. Acostuma servirse con pementos verdes (que non son picantes) e anacos de allo cru, remollado en prebe de ssamjang, así como levar cebolas de primavera en forma de ensalada que lle proporciona un toque verde á carne de porco. Fai boa combinación co soju, unha bebida alcohólica coreana.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Samgyeopsal |