Comarca do Salnés

comarca da provincia de Pontevedra
(Redirección desde «Salnés»)

A comarca do Salnés é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é Vilagarcía de Arousa, á cal pertencen os concellos de Cambados, O Grove, A Illa de Arousa, Meaño, Meis, Ribadumia, Sanxenxo, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.

Modelo:Xeografía políticaComarca do Salnés
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 42°30′N 8°48′O / 42.5, -8.8
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia de Pontevedra Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación109.570 (2020) Editar o valor en Wikidata (398,32 hab./km²)
Xeografía
Superficie275,08 km² Editar o valor en Wikidata

Constitúe un dos máis importantes enclaves turísticos de Galiza. Está comprendido entre a ría de Arousa polo norte e a ría de Pontevedra polo sur, formando parte das denominadas Rías Baixas.

Recibe este nome polas antigas salinas que existían na desembocadura do río Umia. No Parochiale suevorum do século VI faise mención á Comarca Saliniense. Fontes históricas apuntan á existencia de conflitos relacionados coas salinas localizadas en diferentes puntos da comarca, concretamente nas freguesías de Nogueira, Vilalonga, Noalla e Dena, actualmente pertencentes aos concellos de Meis, Sanxenxo e Meaño.[1]

Descrición

editar
 
     PSdeG      BNG      PPdeG

A comarca do Salnés ten unha poboación de 109.570 habitantes, que se reparten nunha extensión de 275,08 km².[2] A media anual de temperatura máxima é de 20 °C e a temperatura mínima de 5 °C.

Vilagarcía é o seu principal núcleo de poboación e económico, se ben toda a súa costa presenta un elevado dinamismo económico e demográfico con importantes núcleos como Cambados, O Grove, Portonovo e Sanxenxo, que duplican a súa poboación durante os meses de verán.

Desde o punto de vista topográfico, o amplo e fértil val do río Umia ocupa boa parte da comarca, delimitada por unha serie de rebordes montañosos de suaves pendentes e escasa altitude, entre os que destacan o monte Xiabre ó norte e os montes de Castrove no sueste, que constitúen excelentes miradoiros. Aínda que as especies arbóreas autóctonas desapareceron en gran medida, a repoboación forestal ten cubertos estes montes case na súa totalidade con piñeiros e eucaliptos. As carballeiras, castiñeiros, amieiros, bidueiros e outros aparecen moi illados nos vales das terras baixas, entre as terras de labranza, viñedos e prados. O val do Salnés ten a forma dun triángulo co vértice na vila de Caldas de Reis e a base nunha liña que iría de Carril á Lanzada. Nesta base asentan os centros de poboación máis importantes: Vilagarcía de Arousa, Cambados, O Grove e Sanxenxo, que están comunicados por unha rede de estradas[3].

Este Val do Salnés caracterízase por ter un relevo suave derivado do seu proceso de formación, no que o seu principal axente foi a acción erosionada do río Umia.

A súa costa é baixa e areosa, de apacibles e resgardadas praias, relacionadas na súa maioría con complexos dunares de grande desenvolvemento coma os da Lanzada.

Tamén se abren extensas enseadas que polas súas condicións de abrigo favoreceron a localización de varios portos.

Outro risco da paisaxe costeiro é a presenza de numerosas illas: A Illa, A Toxa, Cortegada e outras de menor extensión.

A Comarca é berce de numerosos persoeiros entre os que cabe mencionar a Valle-Inclán, Francisco Asorey, Ramón Cabanillas, ou os irmáns Camba.

A importante actividade pesqueira, industrial e turística constitúen os piares da súa economía, ó que haberá que engadi-la súa riqueza agrícola, que acada o seu máximo expoñente no cultivo da vide, da que se elabora o prestixioso e afamado viño albariño baixo a Denominación de Orixe Rías Baixas.

Ademais da vide, tamén son importantes os cultivos en invernadoiro de flores e produtos hortícolas, que contan cunha lonxa en Ribadumia. Desde o punto de vista turístico, O Salnés é un dos lugares máis frecuentados polos turistas estivais de dentro e fóra de Galiza. As paisaxes, as praias, os monumentos, os viños e mariscos, o clima... son aspectos moi característicos e importantes nesta comarca.

Concellos do Salnés

editar
Padrón municipal 2020 109.570 habitantes[2]
Menores de 15 anos 14.954 (13,65 %)
Entre 16 e 64 anos 70.100 (63,98 %)
Maiores de 65 anos 24.516 (22,37 %)
O Salnés
Concello Poboación[4] Extensión
(km²)[5]
Imaxe da comarca
Vilagarcía de Arousa 37.565 44,24  
Sanxenxo 17.414 45,08
Cambados 13.721 23,44
O Grove 10.518 21,89
Vilanova de Arousa 10.239 33,65
Meaño 4.754 27,77
Ribadumia 5.105 19,71
A Illa de Arousa 4.932 6,91
Meis 4.988 52,39
O Salnés 109.570 275,08

Galería de imaxes

editar
  1. "San Lourenzo de Nogueira berce do nome da comarca do Salnés". Meis: Caderno de Bitácula. Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2016. Consultado o 10 de xullo de 2018. 
  2. 2,0 2,1 "IGE - Información comarcal". www.ige.eu. Arquivado dende o orixinal o 07 de maio de 2021. Consultado o 2021-05-07. 
  3. Bosque Maurel, Vilá Valentí, Joaquín, Juan (1989). Geografía de España, Volumen 4. Planeta. ISBN 84-320-8383-6. 
  4. "IGE. Táboas". www.ige.eu. Arquivado dende o orixinal o 10 de maio de 2021. Consultado o 2021-05-07. 
  5. "IGE. Táboas". www.ige.eu. Arquivado dende o orixinal o 20 de xaneiro de 2022. Consultado o 2021-05-07. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar