Salgueiro irto
Salgueiro irto | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Follas | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Non ameazado | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Salix fragilis L. 1753 | |||||||||||||||
Forma e variedade | |||||||||||||||
|
O salgueiro irto[1] (Salix fragilis), é un salgueiro semellante ao vimieiro (xénero Salix) nativo de Europa e do oeste de Asia que adoita medrar na beira dos regueiros e ríos.[2][3] En Galiza aparece na beiramar e zonas interiores sempre achegadas á costa. Tamén recibe o nome de bardagueira. En portugués recibe o nome de vimieiro branco.
Descrición
editarÉ unha árbore de medio a gran talle, deciduo, que medra axiña até acadar os 10–20 m (raramente máis de 29 m) de altura, e toro de 1 m de diámetro, coa copa larga, cónica, irregular, e até ladeada. Casca cinsento acastañada, grosamente fendada en exemplares vellos. Follas verde brillantes, 9–15 cm × 1,5–3 cm, marxes finamente serradas; comezando na primavera moi vilosas e ficando despois glabras. Flores producidas en candeas, cedo na primavera, polinizadas por insectos. Son dioicos, coas súas flores masculinas e femininas en árbores separadas; as masculinas de 4–6 cm de longo, e as femininas igual, coas flores individuais cun ou dous nectarios.[2][3][4]
A variedade Salix fragilis var. decipiens (Hoffm.) K.Koch é máis miúda ca a tipo; case un arbusto, raramente excede os 5–7 m de altura, ademais as follas son completamente glabras de 9 cm × 2–3 cm. Segundo algúns botanistas sería outra especie (tratada coma Salix decipiens small>Hoffm.), e que S. fragilis sería considerada un híbrido entre Salix decipiens × Salix alba. Outros botanistas consideran a Salix decipiens coma un híbrido de Salix fragilis × Salix triandra.[2]
Hibrida espontaneamente co salgueiro branco (Salix alba), sendo o resultado Salix × rubens Schrank.[2]
Ten boa capacidade de enraizar das poliñas caídas, que transitan polos regueiros, permitíndolle colonizar novas áreas. Adáptase particularmente ben a colonizar zonas que foran asolagadas.
Cultivo e usos
editarO cultivar Salix fragilis 'Russelliana' (sin. S. fragilis var. russelliana (Sm.) Koch) é o clon máis común desta especie nas Illas Británicas, de moi doada propagación por esgallos. É unha árbore vizosa que pode acadar comunmente 20–25 m de altura, coas follas de 15 cm de longo. É un clon feminino.[2]
Ten propiedades medicinais, empregándose para reumatismos, estados infecciosos, trastornos nerviosos, gripalleiras, catarros e arrefriados.
Notas
editar- ↑ Nome vulgar galego en Guía das árbores de Galicia A Coruña, Baía Edicións, 1997
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Meikle, R. D. 1984. Sauces y álamos de Gran Bretaña e Irlanda. BSBI Handbook Nº 4. ISBN 0-901158-07-0.
- ↑ 3,0 3,1 Rushforth, K. (1999). Árboles de Bretaña y de Europa. Collins ISBN 0-00-220013-9.
- ↑ Bean, W. J. (1980). Trees and Shrubs Hardy in the British Isles 8ª ed., vol. 4. John Murray ISBN 0-7195-2428-8.
- USDA, ARS, National Genetic Resources Program. GRIN. National Germplasm Resources Laboratory, Beltsville, Maryland. https://web.archive.org/web/20131017223732/http://www.ars-grin.gov/cgi-bin/npgs/html/taxon.pl?32711 (26 de febreiro de 2008)
Véxase tamén
editarOutros artigos
editar- Vimieiro (Salix viminalis)
Ligazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Salgueiro irto |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Salgueiro irto |