Riftia pachyptila

Riftia pachyptila
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Annelida
Clase: Polychaeta
Orde: Canalipalpata
Familia: Siboglinidae
Xénero: Riftia
Especie: R. pachyptila
Nome binomial
Riftia pachyptila
M. L. Jones, 1981

Riftia pachyptila é unha especie de verme anélido xigante mariño tubícola[1] (anteriormente clasificado nos filos Pogonophora e Vestimentifera) relacionado con outros vemes tubícolas que se encontran en zonas peláxicas e intermareais. Riftia pachyptila vive desde uns 1 600 m de profundidade a varios miles de m, sobre o fondo do océano Pacífico preto das chemineas negras e pode tolerar niveis de sulfuro de hidróxeno extremadamente altos. Estes vermes poliquetos poden alcanzar a lonxitude de 2,4 m e os seus corpos tubulares teñen un diámetro de 4 cm. A temperatura ambiental no seu medio natural está entre os 2 e os 30 °C.[2]

Non se debe confundir co molusco bivalvo Kuphus.

Desenvolvemento

editar

Riftia desenvólvese a partir dunha larva trocófora peláxica nadadora e non simbiótica, que entra no desenvolvemento xuvenil (metatrocófora), converténdose en sésil e adquire seguidamente bacterias simbióticas.[3][4] As bacterias simbióticas, das cales os vermes adultos dependen para o seu sustento, non están presentes nos gametos, senón que son incorporadas do ambiente a través da pel nun proceso parecido a unha infección. O tracto dixestivo conecta transitoriamente a boca, situada no extremo do proceso medio ventral, a un intestino anterior, medio e posterior e ao ano e pensábase previamente que era o camiño polo que se introducían as bacterias no corpo dos adultos. Despois de que se establecen os simbiontes no intestino medio, o intestino sofre unha remodelación substancial e un agrandamento do trofosoma, mentres que o resto do tracto dixestivo xa non se detecta nos espécimes adultos.[5]

Estrutura corporal

editar
 
Os vermes tubícolas de chemineas hidrotermais obteñen compostos orgánicos das bacterias que viven no seu trofosoma.
 
Grupo de R, pachyptila coas plumas vermellas no exterior.

Teñen unha "pluma" vermella moi vasclarizada no extremo do seu extremo libre, que é un órgano para o intercambio de compostos co ambiente (por exemplo, H2S, CO2, O2 etc.). Os vermes tubulares non teñen moitos predadores. Se son ameazados, a pluma pode retraerse dentro do tubo protector do verme. A pluma proporciona nutrientes esenciais ás bacterias que viven dentro do trofosoma. Estes vermes tubícolas non teñen tracto dixestivo de adultos, pero as bacterias (que poden supoñer ata a metade do peso corporal do verme) converten o oxíxeno, sulfuro de hidróxeno, dióxido de carbono etc. en moléculas orgánicas das cales se alimentan os vermes hóspedes. Este proceso,coñecido como quimiosíntese, foi recoñecido no trofosoma por Colleen Cavanaugh.[6]

A viva cor vermella das estruturas da pluma é o resultado de ter varias hemoglobinas extremadamente complexas, que conteñen ata 144 cadeas de globina (cada unha presumiblemente inclúe estruturas hemo asociadas). Estas hemoglobinas de verme tubícola xigante son salientables por transportar oxíxeno en presenza de sulfuro, sen seren inhibidas por esta molécula como o son as hemoglobinas da maioría das especies.[7][8]

O nitrato e nitrito son tóxicos, pero cómpre nirtóxeno para os procesos biosintéticos. As bacterias quimiosintéticas que están dentro do trofosoma converten este nitrato en ións amonio, que despois están dispoñibles para a produción de aminoácidos na bacteria, e que son á súa vez liberados no verme tubícola. Para transportar nitratos ás bacterias, R. pachyptila concentra o nitrato no seu sangue, a unha concentración 100 veces maior que na auga que o rodea. O mecanismo exacto desta capacidade de R. pachyptila para resistir e concentrar o nitrato aínda non se coñece.[9]

Fontes de nutrientes e enerxía

editar

Como non dispoñen de luz solar como fonte de enerxía directa, estes vermes tubícolas xigantes dependen das bacterias do seu hábitat para oxidar o sulfuro de hidróxeno,[10] e usan o oxíxeno disolto na auga como aceptor de electróns. Esta reacción proporciona a enerxía necesaria para a quimiosíntese. Por esa razón estes vermes son parcialmente dependentes da luz solar de forma indirecta, xa que usan o oxíxeno libre, que foi liberado na fotosíntese en capas da auga moi superiores, para así obter nutrientes. Deste modo, os vermes tubícolas xigantes son similares a moitas formas de vida oceánica que viven a profundidades ás que a luz do sol non pode penetrar. Porén, os vermes tubícolas son salientables por poderen usar as bacterias para obter indirectamente case todos os materiais que precisan para crecer a partir de moléculas disoltas na auga. Algúns nutrientes teñen que ser filtrados da auga. Por tanto, o crecemento destes vermes lembra o crecemento hidropónico dos fungos máis que o dos animais típicos que necesitan "comer". Hai outra especie que ten un estilo de vida similar, pero é un molusco, o Kuphus.

Reprodución

editar

Para reproducirse, as femias de Riftia pachyptila liberan ovos ricos en lípidos na auga que os rodea polo que flotan a capas superiores da auga. Os machos entón liberan paquetes de esperma que nadan en busca dos ovos. Unha vez que os ovos eclosionan, as larvas nadan cara ás profundidades para adherirse a unha rocha.

Taxa de crecemento e idade

editar

Riftia pachyptila ten a taxa de crecemento máis rápida de calquera invertebrado mariño coñecido. Estes organismos sábese que colonizan un novo sitio, crecen ata a madurez sexual e incrementan a súa lonxitude ata os 1,5 m en menos de dous anos.[11] Isto contrasta fortemente cos Lamellibrachia luymesi, os vermes tubícolas que viven nas emanacións frías do mar profundo e medran moi lentamente durane a maioría das súas vidas. Lamellibrachia luymesi tarda de 170 a 250 anos en medrar ata os 2 metros de lonxitude, e téñense descuberto espécimes aínda meirandes.[12]

  1. Ruppert, E.; Fox, R.; Barnes, R. (2007). Invertebrate Zoology: A functional Evolutionary Approach (7th ed.). Belmont: Thomson Learning. ISBN 0-03-025982-7. 
  2. Bright, M.; Lallier, F. H. (2010). "The biology of vestimentiferan tubeworms" (PDF). Oceanography and Marine Biology: An Annual Review (Taylor & Francis) 48: 213–266. doi:10.1201/ebk1439821169-c4. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 31 de outubro de 2013. Consultado o 2013-10-30. 
  3. Monica Bright. "Riftia pachyptila". Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2015. Consultado o 27 de abril de 2018. 
  4. Diane K. Adams; et al. (Mar 2012). "Larval dispersal: Vent life in the ocean column" (PDF). Oceanography. 
  5. Meredith L. Jones; Stephen L. Gardiner (Oct 1989). "On the early development of the vestimentiferan tube worm Ridgeia sp. and Observations on the Nervous System and Trophosome of Ridgeia sp. and Riftia pachyptila" (PDF). Biol Bull. pp. 254–276. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 23 de setembro de 2015. Consultado o 27 de abril de 2018. 
  6. Cavanaugh, Colleen M.; et al. (1981). "Prokaryotic Cells in the Hydrothermal Vent Tube Worm Riftia pachyptila Jones: Possible Chemoautotrophic Symbionts". Science 213 (4505): 340–342. PMID 17819907. doi:10.1126/science.213.4505.340. 
  7. Zal F, Lallier FH, Green BN, Vinogradov SN, Toulmond A (Apr 1996). "The multi-hemoglobin system of the hydrothermal vent tube worm Riftia pachyptila. II. Complete polypeptide chain composition investigated by maximum entropy analysis of mass spectra". J. Biol. Chem. 271 (15): 8875–81. ISSN 0021-9258. PMID 8621529. doi:10.1074/jbc.271.15.8875. Arquivado dende o orixinal (Free full text) o 15 de setembro de 2019. Consultado o 27 de abril de 2018. 
  8. Minic Z, Hervé G (Aug 2004). "Biochemical and enzymological aspects of the symbiosis between the deep-sea tubeworm Riftia pachyptila and its bacterial endosymbiont". Eur. J. Biochem. (Free full text) 271 (15): 3093–102. ISSN 0014-2956. PMID 15265029. doi:10.1111/j.1432-1033.2004.04248.x. 
  9. Edda Hahlbeck; Mark A. Pospesel; Franck Zal; James Childress; Horst Felbeck (July 2005). "Proposed nitrate binding by hemoglobin in Riftia pachyptila". Deep-Sea Research (en inglés) 52 (10): 1885–1895. ISSN 0967-0637. doi:10.1016/j.dsr.2004.12.011. 
  10. C.Michael Hogan. 2011. Sulfur. Encyclopedia of Earth, eds. A.Jorgensen and C.J.Cleveland, National Council for Science and the environment, Washington DC Arquivado October 28, 2012, en Wayback Machine.
  11. Lutz, R. A.; Shank, T. M.; Fornari, D. J.; Haymon, R. M.; Lilley, M. D.; Von Damm, K. L.; Desbruyeres, D. (1994). "Rapid growth at deep-sea vents". Nature 371 (6499): 663. doi:10.1038/371663a0. 
  12. "Tube Worms In Deep Sea Discovered To Have Record Long Life Spans". ScienceDaily. 

Kristen M. Kusek :: Oceanus Magazine, publicado orixinalmente on line o 12 de xaneiro de 2007 [1]

Véxase tamén

editar

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar