Richard Dutruel

futbolista francés

Richard Philippe Dutruel, nado en Thonon-les-Bains o 24 de decembro de 1972, é un exfutbolista francés. Xogaba de porteiro e foi internacional coa selección francesa.

Modelo:BiografíaRichard Dutruel

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento24 de decembro de 1972 Editar o valor en Wikidata (51 anos)
Thonon-les-Bains, Francia Editar o valor en Wikidata
Altura192 cm Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1992 Editar o valor en Wikidata - 2005 Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaFrancia Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoGardameta Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1991–1993 Paris Saint-Germain 4(0)
1993–1995 cesión SM Caen 68(0)
1995–1996 Paris Saint-Germain 6(0)
1996–2000   Celta de Vigo 128(0)
2000–2002   FC Barcelona 15(0)
2002–2003 Deportivo Alavés 33(0)
2003–2005 RC Strasbourg 24(0)
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2000–2000   Francia 1(0)

Traxectoria

editar

Logo de iniciarse no fútbol na súa localidade natal, pasou ao Paris Saint-Germain FC. Co club parisiense proclamouse campión de Francia en categoría cadete en 1988 e xuvenil (Coupe Gambardella) en 1991. O 20 de marzo de 1992 debutou na Ligue 1, pero ante a dificultade para ser titular, en 1993 foi cedido ao SM Caen. No club normando xogou con regularidade durante dous anos, antes de regresar a París. Na tempada 1995–96, cando o PSG se proclamou campión da Recopa de Europa e da Supercopa de Francia, apenas xogou, ao ser Bernard Lama titular indiscutible.

No verán de 1996 fichou polo Celta de Vigo, converténdose axiña nun dos porteiros máis destacados da primeira división española e chegando a debutar coa selección francesa. As súas boas actuacións espertaron o interese do FC Barcelona, que buscaba un recambio para Ruud Hesp. Malia que aínda lle quedaba un ano de contrato co club celeste, en setembro de 1999 chegou a un acordo co equipo catalán para incorporarse ao Barça a seguinte tempada, evitando así o pago dos 700 millóns de pesetas da cláusula de rescisión[1]. Isto desagradou á afección e os dirixentes do Celta, e Dutruel foi apartado da titularidade até o final da tempada.

Cando Dutruel chegou a Barcelona, en xullo de 2000, xa cesara o principal valedor da súa fichaxe, Louis Van Gaal. Con todo, contou coa confianza de Lorenzo Serra Ferrer, que o aliñou como titular no inicio da temporada. Pero unha lesión na 13ª xornada, precisamente en Balaídos[2], fíxolle perder a titularidade en favor do entón rapaz da canteira Pepe Reina. Ante os malos resultados Serra Ferrer foi cesado, e a chegada de Carles Rexach permitiu a Dutruel recuperar a titularidade na recta final do campionato. Porén, o francés non chegou nunca a gañar a confianza dos técnicos barcelonistas, que de cara á seguinte tempada priorizaron a fichaxe dun gardameta. O elixido foi Roberto Bonano, e Dutruel acabou relegado a terceiro gardameta do equipo, pasando a tempada 2001/02 en branco.

Ao rematar esa campaña conseguiu a carta de liberdade, e tras rexeitar ofertas do RCD Espanyol e do Rennes, firmou por tres tempadas co Deportivo Alavés[3], que por entón vivía unha época de gloria. Aínda que no club vitoriano volveu xogar con regularidade, a tempada saldouse cun inesperado descenso a segunda división, e Dutruel optou por cancelar o contrato e regresar a Francia, para xogar na Ligue 1 co Racing de Estrasburgo. Non obstante, esta última etapa da súa carreira estivo marcada polas lesións nas costas. Dutruel retirouse en xullo de 2005, logo dunha tempada sen poder xogar[4].

Selección nacional

editar

Foi internacional nunha ocasión coa selección francesa trala súa fichaxe polo FC Barcelona. O seu único partido foi un amigable ante o Camerún, o 4 de outubro de 2000.

Palmarés

editar

Campionatos nacionais

editar
Título Club País Ano
Copa de Francia Paris Saint Germain Francia 1993
Supercopa de Francia Paris Saint Germain Francia 1995
Copa da Liga RC Strasbourg Francia 2005

Copas internacionais

editar
Título Club País Ano
Recopa de Europa Paris Saint Germain Francia 1996

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar