Ribera Alta del Ebro
A Ribera Alta del Ebro é unha comarca de Aragón, en España, situada ao oeste da provincia de Zaragoza. A súa capital é Alagón.
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Aragón | |||
Provincia | Provincia de Zaragoza | |||
Capital | Alagón | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 416 km² | |||
Municipios
editarA comarca engloba os municipios de Alagón, Alcalá de Ebro, Bárboles, Boquiñeni, Cabañas de Ebro, Figueruelas, Gallur, Grisén, La Joyosa, Luceni, Pedrola, Pinseque, Pleitas, Pradilla de Ebro, Remolinos, Sobradiel e Torres de Berrellén.
Xeografía
editarTrátase da bisbarra aragonesa máis pequena en extensión que, non obstante, ofrece unha das densidades de poboación máis alta respecto á media das bisbarras aragonesas. Este feito é posible grazas ao gran número de poboacións que a integran, así como unha media de habitantes por poboación elevada.
Limita ao norte coas Cinco Villas, ao oeste co Campo de Borja, ao sur con Valdejalón e ao leste con Zaragoza.
Economía
editarTradicionalmente a súa economía centrábase na horta cultivada entre os ríos Ebro e Jalón, afluente do Ebro. Actualmente a planta de Opel-España xunto coas súas industrias auxiliares sitúase en Figueruelas.