Raimundo de Poitiers
Raimundo de Poitiers, tamén coñecido como Raimundo de Antioquía, nado en Tolosa a finais do século XI ou comezos do XII e finado en Oriente Medio -preto de Inab, Antioquía- o 29 de xuño de 1149, foi un nobre francés. Converteuse en príncipe de Antioquía polo seu casamento con Constanza, a princesa dese Estado Cruzado. Morreu en batalla contra as forzas do atabeg turco de Alepo, Nur-ed-Din.
Nome orixinal | (fr) Raymond de Poitiers |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1115 Tolosa, Francia |
Morte | 29 de xuño de 1149 (Gregoriano) (33/34 anos) Inab, Siria (en) |
Causa da morte | morte en combate, decapitación |
Prince of Antioch (en) | |
1136 – 29 de xuño de 1149 ← Boemundo II de Antioquia (pt) – Reinaldo de Châtillon (pt) → Xunto con: Constança de Antioquia (pt) | |
Actividade | |
Ocupación | militar, gobernador |
Carreira militar | |
Conflito | Batalha de Inab (pt) |
Outro | |
Título | Prince of Antioch (en) (1136–1149 (Gregoriano)) |
Cónxuxe | Constança de Antioquia (1136–1149 (Gregoriano)) |
Fillos | Raimond of Antioch, Bohemundo III el Tartamudo, Maria de Antioquia, Philippa of Antioch, Baldwin of Antioch |
Pais | Guillerme IX de Aquitania e Filipa, Condessa de Toulouse |
Irmáns | Inês da Aquitânia, rainha de Aragão Guillerme X, duque de Aquitania |
Descrito pola fonte | Encyclopædia Britannica |
Traxectoria
editarRaymundo de Poitiers foi o fillo de Guillerme IX, duque de Aquitania, quen tamén ostentara o título de VII conde de Poitou. A identidade da súa nai é polémica: a esposa de Guillerme era Filipa de Tolosa, mais o duque tivo publicamente unha famosa concubina, Amauberge "Dangerose",[1] quen podería ser a verdadeira nai de Raimundo.[2]
Ascenso ao Principado de Antioquía
editarSegundo Guillerme de Tiro, o mozo Raimundo foi a vivir na corte de Henrique I de Inglaterra.[3] En 1135, o rei Fulque de Xerusalén, rexente de Antioquía no nome da princesa herdeira Constanza, filla do falecido príncipe Bohemundo II, enviou legados á corte inglesa para ofrecela en matrimonio ao seu hóspede francés, Raimundo. Raúl, o patriarca de Antioquía acordou que fose a Antioquía a casar coa madre da rapaza, Alicia,[4] e por tanto, cando Raimundo chegou a Antioquía en abril de 1136, a súa futura sogra creu que que viña para propórlle matrimonio a ela, mais Raimundo raptou a súa filla Constanza e finalmente o patriarca de Antoquía casounos.[5] O casamento coa princesa converteuno inmediatamente en príncipe de Antoquía.[6]
Defensa do seu poder
editarOs primeiros cruzados prometeran ao Imperio Bizantino recobrar Antioquía vencendo os turcos e despois devolvela a Bizancio, mais nunca cumpriron esa restitución, por tanto a cidade era reiteradamente reclamada polo imperio. En agosto de 1137 o emperador Xoán II Comneno dirixiuse ata Antioquía e logrou obrigar Raimundo a xurar un acordo e alianza.[7] O príncipe cedería Antioquía ao emperador a cambio de territorio da veciñanza de Alepo, o cal sería ripado aos musulmáns. En abril e maio de 1138 Raimundo e Xoán obtiveron algúns éxitos combatendo os musulmáns, pero o príncipe nunca devolveu o control da cidade ao emperador. En 1142 Xoán II preparou unha nova expedición para invadir Antioquía, mais finalmente morreu en abril de 1143 camiño de Cilicia.[8]
Despois do novo emperador Manuel I refusar a petición do príncipe Raimundo para que Cilicia fose devolta a Antioquia, Raimundo invadiu a provincia.[9] O 19 de marzo de 1148 chegou a Antioquía o rei Lois VII de Francia á cabeza do exército francés para afrontar a Segunda Cruzada. Con el viña a súa muller Leonor de Aquitania, sobriña de Raimundo. Leonor gozaba de permanecer na cidade e o seu tío suplicoulle ficar para ampliar as terras da familia, e que se divorciase de Lois se o rei refusaba axudalo militarmente.[10] Durante este período, houbo rumores dun amorío entre Raimundo e Leonor, o que provocou tensións no matrimonio real francés.[11] Os conflitos co Imperio Bizantino non eran o única fronte de Raimundo, senón que como cabeza dun Estado Cruzado tiña que arrostrar o avance musulmán, por iso esperara Lois, con quen pretendía realizar a defensa contra os turcos e facer unha expedición contra Alepo, punto clave do poder musulmán na rexión, mais Lois finalmente rexeitouno,[12] preferindo marchar cara a Xerusalén, a cidade santa centro de peregrinación cristián, en vez de centrarse no aspecto netamente militar da cruzada,[13] e partiu rapidamente levando Leonor pola forza.
Morte
editarAs aspiracións de Raimundo sobre Alepo enfrontábano directamente co seu gobernante turco, o atabeg Nur-ed-Din. En 1149 Nur-ed-Din atacou Antioquía coa axuda dalgúns aliados. Raimundo non obtivo moito auxilio doutros señores cristiáns, mais aliouse cun inimigo musulmán de Nur-ed-Din, Ali ibn-Wafa, xefe dos assassíns, e confiadamente loitou tendo a súa disposición unha forza moito menor.[14][15] O enfrontamento rematou coa destrución do exército de Antioquía e a morte en batalla de Raimundo[16] o 29 de xuño do ano 1149.[17] O príncipe tería a oportunidade de escapar, mais rexeitou abandonar os seus soldados.[18] Nur-ed-Din enviou como regalo a súa cabeza nunha caixa de prata ao califa de Bagdad.[19]
Notas
editar- ↑ Tamén coñecida en francés moderno como Dangereuse de l'Isle Bouchard ou Dangereuse de Chatelherault.
- ↑ Cawley, Charles (29 xaneiro de 2022). "Medieval Lands, A prosopography of medieval European noble and royal families. Capítulo 6. A. DUKES OF AQUITAINE, COMTES de POITOU 902-1137". fmg.ac (en inglés). Consultado o 2 de novembro de 2022.
- ↑ Guillerme de Tiro XIV.IX, p. 61
- ↑ Guillerme de Tiro XIV.XX, p. 636.
- ↑ Guillerme de Tiro.XX, p. 655.
- ↑ Runciman 1987, p. 199.
- ↑ Runciman 1987, pp. 212-213
- ↑ Runciman 1987, pp. 223-224.
- ↑ Runciman 1987, p. 234.
- ↑ Nicolle (2009) p. 54.
- ↑ Nicolle 2009, pp. 18, 54.
- ↑ Runciman 1987 p. 278.
- ↑ Brundage (1962)
- ↑ Oldenbourg 1966, p 336.
- ↑ Mallett 2013, p. 55.
- ↑ Abul-Feda, RHC Historiens orientaux, Tomo I, p. 28
- ↑ Guillerme de Tiro XVII.IX, pp. 774-5.
- ↑ Oldenbourg, p 337
- ↑ Runciman 1987, p. 326.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Raimundo de Poitiers |
Bibliografía
editar- Brundage, James (1962). The Crusades: A Documentary History (en inglés). Milwaukee, Wisconsin: Marquette University Press.
- Mallett, Alex (marzo 2013). "The Battle of Inab". Journal of Medieval History 39 (1): 48–60. ISSN 0304-4181. doi:10.1080/03044181.2012.744699.
- Nicolle, David (2009). The Second Crusade 1148 Disaster outside Damascus (en inglés). Londres: Osprey. ISBN 978-1-84603-354-4.
- Oldenbourg, Zoé (1966). The Crusades (en inglés). Nova York: Pantheon Books.
- Runciman, Steven (1987). A History of the Crusades (en inglés). Vol. 2: "The Kingdom of Jerusalem and the Frankish East, 1100–1187. (1ª edición, 1951). Cambridge University Press. ISBN 9780521347716.
Outros artigos
editarPrincipado de Antioquía | ||
---|---|---|
Segue a: Constanza de Antioquía |
Raimundo de Poitiers | Precede a: Constanza de Antioquía |
Casa de Poitiers |