Río Deva, Cantabria

O río Deva é un curso fluvial do norte da Península Ibérica, que discorre entre as comunidades de Asturias e Cantabria, e desemboca no mar Cantábrico, despois de fluír durante 64 km.

Modelo:Xeografía físicaRío Deva, Cantabria
Imaxe
Tiporío Editar o valor en Wikidata
Inicio
División administrativaCantabria, España e provincia de Asturias, España Editar o valor en Wikidata
Final
División administrativaAsturias, España Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónRía de Tina Mayor (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 43°22′29″N 4°31′07″O / 43.374722, -4.518611
Afluente
Características
Tamaño64 (lonxitude) km
Superficie da cunca hidrográfica1.195 km² Editar o valor en Wikidata
Medicións
Caudal33,4 m³/s Editar o valor en Wikidata

O río Deva nace no circo glaciar de Fuente Dé, no concello cántabro de Camaleño, no suroeste da comunidade, a uns 1.100 metros de altitude. Móvese nun sentido xeral sur-norte, pero o seu curso é abondo sinuoso, obstaculizado polos macizo dos Picos de Europa, que debe ir beireando. Algo máis abaixo de Tresviso, entra en Asturias, para logo incurvarse cara ao leste, endirección ao Cantábrico, no que desauga formando un profundo estuario, coñecido co Ría de Tina Mayor, que marca límite entre ambas as dúas rexións citadas.

Afluentes

editar

Os principais tributarios do Deva son:

  • O Cares, que se lle une pola beira esquerda en Asturias;
  • Os ríos Urdón, Quiviesa e o Bullón, son ríos cántabros, que se lle axuntan pola marxe dereita.
  • Ocupa 1.195 km², e como o seu afluente o Cares nace na provincia de León, a conca do Deva se estenda por tres comunidades autónomas. O caudal medio anual do río é duns 1.054 hm³.

Poboacións que atravesa

editar
 
Río Deva en Asturias

Entre as localidades que baña o Deva ha que citar:

Homónimos

editar

O nome do Deva compártenno outras correntes fluviais na Península Ibérica, dúas delas nomean dous tributarios do Miño en Galicia. Outro Deva, ou Deba, corre polo País Vasco. E, por último, en Aragón un afluente do Turia é tamén Deva.