Provincias da Arxentina
A Arxentina está dividida en 23 provincias e unha cidade autónoma, Buenos Aires, que acolle a capital federal. Debido á súa estrutura federal, as provincias arxentinas conservan unha ampla autonomía retendo todas as competencias non delegadas á federación. Internamente subdivídense en departamentos, chamados partidos na Provincia de Buenos Aires e comunas na Cidade Autónoma de Buenos Aires. A nivel político, cada provincia conta cun sistema de goberno republicano, democrático e réxese por unha constitución de seu.
Historia
editarCatorce das provincias son preexistentes ao estado nación arxentino, sendo herdeiras das demarcacións coloniais. As provincias orixinais son as seguintes, indícase entre parénteses o ano de unión:
- Provincia de Buenos Aires (1820)
- Provincia de Catamarca (1821)
- Provincia de Córdoba (1820)
- Provincia de Corrientes (1814)
- Provincia de Entre Ríos (1814)
- Provincia de Jujuy (1836)
- Provincia de La Rioja (1820)
- Provincia de Mendoza (1820)
- Provincia de Salta (1836)
- Provincia de San Juan (1820)
- Provincia de San Luis (1820)
- Provincia de Santa Fe (1816)
- Provincia de Santiago del Estero (1820)
- Provincia de Tucumán (1825)
Con posterioridade á organización nacional da República Arxentina (1853-1860), varios territorios foron incorporados logo de campañas militares sobre os territorios indíxenas do norte (Gran Chaco) e do sur (Patagonia) do país. Estes foron organizados coa denominación de "territorio nacional" e estaban baixo a autoridade dun gobernador designado polo goberno federal.[1] Estes territorios acabaron por ser convertidos en provincias entre mediados do século XX e 1990.[2] As provincias que naceron de antigos territorios nacionais son os seguintes, indícase entre parénteses o ano da provincialización:
- Provincia do Chaco (1951)
- Provincia do Chubut (1955)
- Provincia de Formosa (1955)
- Provincia de Misiones (1953)
- Provincia de Neuquén (1955)
- Provincia da Pampa (1951)
- Provincia de Río Negro (1955)
- Provincia de Santa Cruz (1956)
- Provincia de Terra de Fogo, Antártida e Illas do Atlántico Sur (1990)
A condición de Buenos Aires como capital da federación e da provincia provocou grandes tensións e problemas que condicionaron á construción do estado nacional arxentino.[3] Finalmente, no 1880, o Presidente da Nación Arxentina, Nicolás Avellaneda, impuxo a federalización da cidade de Buenos Aires segregándoa da provincia homónima e converténdoa nun distrito federal.[4] Dende entón, e ata 1996, a Buenos Aires funcionou como un municipio á fronte do cal estaba un intendente nomeado polo xefe do Estado da Arxentina coa aprobación do Senado federal.[5] No 1996 mudou o sistema de goberno no marco da reforma constitucional do 1994, sendo partir dese ano a Cidade Autónoma de Buenos Aires con funcións equivalentes ás provinciais.
Listaxe de provincias
editarCidade autónoma | CPA | Pob. (2010) | Sup. (km²) | Bandeira |
---|---|---|---|---|
Buenos Aires | 2.890.151 | 203 |
Notas
editar- ↑ Gallucci, Lisandro (2020-07-01). "La autonomía en dilemas. El federalismo y los Territorios Nacionales en el derecho constitucional argentino (1870-1920)". Boletín del Instituto de Historia Argentina y Americana Dr. Emilio Ravignani (en castelán) (53). ISSN 1850-2563. doi:10.34096/bol.rav.n53.8005.
- ↑ Benedetti, Alejandro; Salizzi, Esteban (2023). "Provincia, territorio y región. Tres conceptos fundamentales en la formación político-administrativa del estado federal argentino durante los siglos XIX y XX.". Estudios Geográficos 84 (294). ISSN 0014-1496. doi:10.3989/egeogr.
- ↑ Pigna, Felipe. "La revolución del 80 y la federalización de Buenos Aires". El Historiador (en castelán). Consultado o 2023-12-16.
- ↑ Márquez, Armando Mario (2018-02-20). "El proceso de federalización de la Ciudad de Buenos Aires" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 16 de decembro de 2023. Consultado o 2023-12-16.
- ↑ Karschenboim, Laura. "La cuestión capital. De la federalización a la autonomía de la ciudad de Buenos Aires" (en castelán). Consultado o 2023-12-16.
- ↑ INDEC (ed.). "Proyecciones provinciales de población por sexo y grupos de edad 2001-2015" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 09 de novembro de 2005. Consultado o 16-X-09.