Prisma de acreción
Un prisma de acreción é unha gran masa de sedimentos e codia oceánica deformada, que se acumula en forma de cuña na zona de subducción (zona de contacto entre dúas placas que converxen). Nesta zona os sedimentos son arrancados da codia oceánica en subducción e acrecionados ó bloque de codia continental ou mixta. Fórmanse nas marxes continentais activas, se non hai prisma, os materiais que chegan do continente subdúcense coa placa.
O prisma de acreción é unha estrutura formada pola acumulación desordeada de sedimentos e codia oceánica deformada.