Star Wars (coñecida tamén en galego como A guerra das galaxias) é unha franquía composta primordialmente dunha serie de filmes concibidos polo cineasta estadounidense George Lucas, e producidas e distribuidas por The Walt Disney Company a partir de 2012. A súa trama describe as vivencias dun grupo de personaxes que habitan nunha galaxia ficticia e interactúan con elementos como «a Forza», un campo de enerxía metafísico e omnipresente que posúe un «lado escuro» provocado pola ira, o medo e o odio.

A primeira película da serie, Star Wars: Episodio IV - Unha esperanza nova (1977), contou con actores como Mark Hamill, Harrison Ford, Carrie Fisher, Alec Guinness, Anthony Daniels, Kenny Baker, Peter Mayhew e David Prowse. Se converteuse nun fenómeno da cultura popular e a súa influencia ten sido recoñecida por numerosos cineastas.

Máus dunha década despois estreouse Star Wars Episode I: The Phantom Menace (1999), a primeira cinta dunha nova triloxía de precuelas completada por Star Wars Episode II: Attack of the Clones (2002) e Star Wars Episode III: Revenge of the Sith (2005) e centradas nos anos previos á anterior. A finais de 2012 Disney adquiriu Lucasfilm, productora dos seis filmes anteriores, e anunciou a realización dunha terceira triloxía cinematográfica integrada por Star Wars Episode VII: The Force Awakens (2015), Star Wars Episode VIII: The Last Jedi (2017) e Star Wars: The Rise of Skywalker (2019). Do mesmo xeito o estudio é responsable da producción dun par de filmes derivados que abordan elementos do canon de Star Wars: Rogue One: A Star Wars Story (2016) e Solo: A Star Wars Story (2018).

Ademais do ámbito cinematográfico, a franquía inclúe unha ampla variedade de produtos tales como novelas, series de televisión, videoxogos, historietas, xoguetes, entre outros, que compoñen unha parte importante do coñecido como «universo expandido» de Star Wars.

Filmes

editar

Star Wars é unha película estadounidense de 1977 escrita e dirixida por George Lucas; renomeada como Star Wars: Episode IV - A New Hope en 1999. En galego titulouse orixinalmente A guerra das galaxias e tras ser renomeada coñécese como A guerra das galaxias: Episodio IV - Unha esperanza nova ou Star Wars: Episodio IV - Unha esperanza nova. Foi a primeira película que se estreou da saga Star Wars, e ordénase como a cuarta en termos da súa cronoloxía interna. Dous filmes subseguintes continuarían a trama da triloxía orixinal (O imperio contraataca e O retorno do Jedi), namentres que outra triloxía (The Phantom Menace, Attack of the Clones e Revenge of the Sith) describiría os eventos previos a A guerra das galaxias. A estrea desta precuela provocou o cambio no título orixinal da primeira película, que pasou a incorporar o número de episodio IV (catro en numeración romana) e o subtítulo A New HopeUnha esperanza nova» en galego). O elenco estivo integrado por Mark Hamill, Harrison Ford, Carrie Fisher, Peter Cushing, Alec Guinness, Anthony Daniels, Kenny Baker, Peter Mayhew e David Prowse.

A trama describe a historia dun grupo de guerrilleiros —coñecidos como a Alianza Rebelde— que ten como obxectivo destruír a estación espacial Estrela da Morte, creada polo opresor Imperio Galáctico. Dende unha perspectiva xeral, a historia enfócase nun mozo campesiño chamado Luke Skywalker, quen, de xeito repentino se converte nun heroe conforme acompaña ó Mestre Jedi Obi-Wan Kenobi, nunha misión que o levará a unirse a Alianza Rebelde para axudarlles a destruíla estación espacial do Imperio.

A partir do seu lanzamento mundial, o 25 de maio de 1977, foi considerada un fito na historia do cine, principalmente polo uso de efectos especiais innovadores na época. Ademais, é unha das películas de máis éxito de tódolos tempos, así como unha das máis influentes na cinematografía contemporánea.


Imaxe destacada

editar

Clochans en Sceilg Mhichíl, na República de Irlanda, escenario do planeta Ahch-To.
Vexa o artigo Luke Skywalker.


Categorías

editar

Queres atopar artigos relacionados con Star Wars? Proba buscando nas seguintes categorías:

Personaxes

editar

Jabba Desilijic Tiure, comunmente coñecido como Jabba o Hutt, é un personaxe ficticio de A guerra das galaxias creado por George Lucas. É un extraterrestre da especie dos hutt, grande e parecido a unha lesma, que como moitos outros da súa especie, opera como un poderoso señor do crime dentro da galaxia.

Na estrea cinematográfica da triloxía orixinal de Star Wars, Jabba o Hutt apareceu por primeira vez en O retorno do Jedi (1983), no entanto menciónase en A guerra das galaxias (1977) e en O imperio contraataca (1980). Ademais, nunha escena eliminada da montaxe orixinal de A guerra das galaxias Jabba o Hutt tamén aparece —escena que se agregou na edición especial de 1997 da película e nos subseguintes lanzamentos de A New Hope—. Cando se filmou por primeira vez esta escena, mostrábase a Jabba como un humanoide interpretado por Declan Mulholland, que se substituíu dixitalmente polo monstruoso deseño actual do personaxe cando a secuencia se incorporou á película en 1997.

No contexto da narrativa da triloxía orixinal, Jabba preséntase como o xefe do crime máis poderoso de Tatooine, que ofreceu unha recompensa polo contrabandista Han Solo. Jabba descríbese como un antagonista cruel, cun sentido do humor acedo, un apetito insaciable (común na súa especie) e tendencia á tortura e outras actividades desprezables.

O personaxe incorporouse de forma destacada durante a comercialización de Star Wars, que comezou coa campaña de mercadotecnia correspondente co lanzamento cinematográfico de O retorno do Jedi. Ademais das películas, Jabba o Hutt aparece tamén en varias pezas literarias de Star Wars Legends. Dende a súa aparición en O retorno do Jedi, a figura de Jabba o Hutt tivo influencia na cultura popular contemporánea estadounidense, comunmente empregado como un recurso político satírico e caricaturesco, para resaltar calidades negativas como a corrupción e a apetencia desmesurada.


Sabías que...?

editar

Pica d'Estats.

c
Artigos de calidade e bos

editar

Artigos de calidade (1)

Artigos bos (0)


Portais relacionados
Proxectos irmáns

editar

Wikimedia Commons
Wikimedia Commons

en Commons

Wikiquote
Wikiquote

en Galicitas