Polypodiales é unha orde de plantas vasculares que agrupa en torno ao 80% dos fieitos actuais. Forma parte da clase Polypodiopsida.

Caracteres

editar

Teñen un ciclo de vida haplodiplonte onde a alternancia de xeracións é ben manifesta, con esporófito e gametófito multicelulares e independentes, con esporas como unidade de dispersión e de resistencia. O gametófito é un talo (corpo sen organización), e o esporófito é un cormo (con raíz, vástago e sistema vascular). Debido a estas características tradicionalmente agrupanse coas "pteridófitas".

Posúen esporófitos con megafilos ou frondes (Euphyllophyta).

O indusio está unido á lámina en forma lateral ou central (pero foi perdido en moitas ramas). O pé do esporanxio é de 1-3 células de espesor, xeralmente longo. Algúns esporanxios maduran simultaneamente e outros en forma gradual na mesma lámina (maduración mixta).

Teñen esporanxios con anel vertical interrompido polo pé e o estomio.

Os gametófitos son verdes e superficiais, e normalmente están cordados (ás veces como lazos ou farrapos, ribbon-shaped, nalgunhas epífitas).

Ecoloxía e evolución

editar

Esta orde posúe a maior parte das especies de monilophytas (máis de 80 %), amplamente distribuídas en todo o mundo.

Empregando estimacións do momento da especiación dos fieitos e das anxiospermas baseados en datos moleculares acoutados por estimacións de idade obtidas do rexistro fósil, Schneider et al. (2004) fan a hipótese que o clado dos fieitos polypodiales diversificouse no Cretáceo, despois da diversificación das anxiospermas. Segundo eses autores, isto suxire que este clado diversificouse de xeito oportunista, aproveitando novos nichos ecolóxicos provistos polo novo ambiente dominado por anxiospermas (Schneider et al. 2004).

 
Aumento da diversidade de fieitos polypodiales en relación ao aumento da diversidade de anxiospermas, ocorrido durante o Cretáceo. Amósanse dúas estimacións da diversificación das anxiospermas, correspondentes á estimación segundo cantidade de bases de ADN cambiadas, corrixida con respecto idade dos fósiles atopados pertencentes a anxiospermas (a estimación da dereita amosa unha aplicación "estrita" da idade dos fósiles de anxiospermas, fixada en 132 millóns de anos, a da esquerda mostra unha aplicación "relaxada" da idade dos fósiles de anxiospermas, na que 132 millóns de anos é o valor mínimo posible). Debuxado e traducido a partir de Schneider et al. 2004.

Filoxenia

editar

A orde é Monofilética (Hasebe et al. 1995, Pryer et al. 1995, 2001a e 2004b, Schneider et al. 2004c). As familias que a compoñen son:

Ligazóns externas

editar