Penélope (cráter)

cráter en Tetis

Penélope é un prominente cráter de impacto da lúa de Saturno, Tetis. Ten 207,5 km de diámetro, sendo só máis grandes (en Tetis) os cráteres Odiseo, Telemus e Melanthius[2];situado nas coordenadas 10,8° S 249,2° O, o que sitúa este cráter no hemisferio de cola (de retagarda). O seu nome procede do nome da muller do heroe Odiseo da mitoloxía grega que aparece na Odisea.[1]

Penélope
O cráter Penélope en primeiro plano, tamén podemos ver a abaixo a arriba os cráteres Áiax, Polifemo e Phemius.
Tipo de accidente xeolóxico Cráter
Accidente xeolóxico de Tetis
Diámetro 207,5 km[1]
Profundidade ?
Coordenadas 10,8° S 249,2° O[1]
Procedencia do nome Muller de Odiseo, o heroe da Odisea.[1]
O cráter Penélope de Tetis en primeiro plano, sobre o terminador, tamén se pode ve-los cráteres Polifemo e Phemius, este último sobre o limbo da lúa.
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 USGS Astrogeology (ed.). "Tethys: Penelope". Gazetteer of Planetary Nomenclature. Consultado o 09-05-2010. 
  2. USGS Astrogeology (ed.). "Tethys Nomenclature: Crater, craters". Gazetteer of Planetary Nomenclature. Consultado o 09-05-2010. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar