Paseiro
- Non confundir con José Fernández Sánchez (pintor) (A Coruña 1913 - 1994).
José Fernández Sánchez, coñecido como Paseiro, nado en Sada o 20 de outubro de 1928 e finado o 4 de decembro de 2020, foi un futbolista galego. Xogaba de dianteiro.
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 20 de outubro de 1928 Sada, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 4 de decembro de 2020 (92 anos) A Coruña, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 1,75 m | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Dianteiro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Traxectoria
editarComezou a xogar ao fútbol no ano 1944, no Rayo Sadense, equipo no que militou ata a tempada 1946–47, cando foi fichado polo Deportivo da Coruña, sendo cedido na primeira tempada ao Betanzos.[1]
Volveu á Coruña para a tempada 1947–48, co club branquiazul en Segunda División, e foi un habitual no once de Luis Urquiri, formando dianteira xunto con Manuel Oliveros, Manuel Marquínez e Chao. Ese ano o conxunto coruñés logrou o ascenso a Primeira División e Paseiro foi o máximo goleador do equipo con 21 goles.
Na tempada 1948–49 debutou en Primeira División co Deportivo, da man de Gabriel Andonegui. No seu debut, nun encontro en Riazor fronte o RCD Espanyol, estreouse tamén como goleador en Primeira, anotando os tres tantos do conxunto coruñés (3–0). Nesa campaña tan só participou en 3 encontros de liga, debido a un esquema de xogo distinto, e a chegada do arxentino Rafael Franco.
Nas dúas tempadas seguintes xogou cedido no Racing de Ferrol e na Lucense, ambos en Segunda División. Volveu á Coruña en febreiro de 1951 para xogar co Deportivo os últimos partidos da tempada e no verán marchou a América para xogar no Universidad de Chile, club adestrado por Alejandro Scopelli, con quen coincidira no Deportivo.[2][3]
Debutou fronte ao Colo-Colo, anotando un gol. Xogou un total de 41 partidos no club azul, nos que marcou 22 goles, destacando os dous que anotou no Clásico Universitario fronte ao Universidad Católica.[4] Tras un ano e medio en Chile volveu a España en xaneiro de 1953 para fichar polo Espanyol, de novo con Scopelli. Xogou co club barcelonés a segunda parte desa tempada e tres máis, disputando 41 partidos e anotando 18 goles. A continuación pasou polo Real Jaén e o Xerez, antes de volver á Coruña onde se dedicou ao transporte de peixe e xogou co Fabril en Terceira División a tempada 1958–59.[5][6]
Despois de retirarse da práctica do fútbol foi adestrador do Sporting Sada en dúas etapas, dun equipo xuvenil en Chile e do SD Orzán, gañando con este último o Campionato Galego de Afeccionados na tempada 1967/68 e de xeito invicto.[7]
Notas
editar- ↑ "En Paseiro puede tener el Deportivo un espléndido delantero centro". La Voz de Galicia (en castelán). 27 de setembro de 1947. p. 5.
- ↑ "Paseiro regresa a Lugo". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 10 de febreiro de 1951. p. 5.
- ↑ "Paseiro se va a Chile". La Voz de Galicia (en castelán). 13 de maio de 1951. p. 4.
- ↑ "Los tres jugadores 'exóticos' que defendieron la camiseta de la U" (en castelán). 30 de xaneiro de 2018. Consultado o 18 de novembro de 2020.
- ↑ "5 minutos de charla con Paseiro". La Voz de Galicia (en castelán). 20 de xuño de 1958. p. 8.
- ↑ "Paseiro y Benjamín firmaron ayer". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 23 de agosto de 1958. p. 6.
- ↑ "El Orzán recibido en el ayuntamiento". La Voz de Galicia (en castelán). 5 de xaneiro de 1968. p. 11.