Pam Grier
Pamela Suzette Grier, nada en Winston-Salem (Carolina do Norte) o 26 de maio de 1949 é unha actriz estadounidense. Acadou sona por protagonizar na década de 1970 filmes sobre mulleres no cárcere e de blaxploitation para American International Pictures e New World Pictures, especialmente Coffy (1973) e Foxy Brown (1974). Descrita por Quentin Tarantino como a primeira estrela de acción feminina do cinema,[1] protagonizou para o director o filme Jackie Brown como a personaxe homónima, polo que recibiu un Satellite Award e candidaturas ao Globo de Ouro á mellor actriz e ao premio do sindicato de actores.
(2012) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Pamela Suzette Grier 26 de maio de 1949 (75 anos) Winston-Salem, Estados Unidos de América |
Outros nomes | Pam Grier |
Grupo étnico | Afroamericano |
Relixión | Xudaísmo |
Educación | East High School (en) Metropolitan State University of Denver (en) |
Altura | 173 cm |
Cor dos ollos | Castaño |
Cor do pelo | Pelo negro |
Actividade | |
Ocupación | actriz de cinema, Aikidoka, karateka, actriz de teatro, actriz de televisión, actriz |
Período de actividade | 1970 - |
Patrimonio estimado | 10.000.000 $ |
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América |
Deporte | Karate |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Parella | Kareem Abdul-Jabbar Richard Pryor Freddie Prinze Kevin L. Evans |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, Notable Black American Women |
|
Durante seis temporadas, Grier interpretou a Kate "Kit" Porter na serie de Showtime The L Word, que se emitiu entre 2004 e 2009. Recibiu unha candidatura ao Emmy polo seu traballo no programa de animación Happily Ever After: Fairy Tales for Every Child.
Traxectoria
editarPrimeiros anos
editarPara cumprir os seus desexos de ser actriz, aos 18 anos marchou aos Ánxeles a procurar traballo e conseguiu que a contratasen na AIP (American International Pictures), produtora de filmes de baixo orzamento.
Debutou no cinema cun pequeno papel en Beyond the Valley of the Dolls (1970), dirixido por Russ Meyer. Como este filme tivo éxito, contratárona para The Big Doll House (1971), sobre un cárcere de mulleres. Os chamados filmes WIP (Women in Prison) eran moi populares nesa época, e por iso Grier fixo máis do subxénero, como Women in Cages (1972) e Big Bird Cage (1972).
Popularidade
editarPouco a pouco, Grier fíxose popular protagonizando filmes de blaxploitation, é dicir, filmes baratos destinados principalmente ao público afroamericano, onde os protagonistas eran negros e había grandes doses de violencia. Pam Grier protagonizou filmes como Coffy (1973), Foxy Brown (1974) e Sheba Baby (1975), en que interpretaba mulleres fortes e independentes que tomaban a xustiza pola man para afrontar malvados sen escrúpulos, ante a pasividade e a corrupción das autoridades. Isto fíxoa moi popular, e Grier converteuse nunha icona para a comunidade negra, xunto con outros intérpretes como Tamara Dobson e Richard Roundtree.
A finais da década de 1970, a súa popularidade decaeu e paso a interpretar papeis secundarios en filmes de distinta calidade. Tamén fixo pequenos papeis en series de televisión como Miami Vice o The Fresh Prince of Bel-Air.
Renacemento
editarA súa sorte cambio en 1997 grazas ao director Quentin Tarantino, grande afeccionado aos filmes de blaxploitation, que a converteu na protagonista de Jackie Brown, filme que adaptaba unha novela de Elmore Leonard e que reivindicaba a blaxploitation. O filme tivo un grande éxito e converteuna de novo nunha actriz popular.
Despois de Jackie Brown continuou a traballar asiduamente en filmes de todo tipo, como Holy Smoke (1999) ou Ghosts of Mars (2001), ademais de ser unha das protagonistas da serie de televisión The L Word.
Filmografía
editarAno | Título | Personaxe | Notas |
---|---|---|---|
1970 | Beyond the Valley of the Dolls | Partygoer | |
1971 | The Big Doll House | Grear | |
Women in Cages | Alabama | ||
1972 | The Twilight People | Ayesa | |
Cool Breeze | Mona | ||
The Big Bird Cage | Blossom | ||
Hit Man | Gozelda | ||
1973 | Black Mama White Mama | Lee Daniels | |
Coffy | Coffy | ||
Scream Blacula Scream | Lisa Fortier | ||
1974 | The Arena | Mamawi | |
Foxy Brown | Foxy Brown | ||
1975 | Sheba, Baby | Sheba Shayne | |
Bucktown | Aretha | ||
Friday Foster | Friday Foster | ||
1976 | Drum | Regine | |
1977 | Greased Lightning | Mary Jones | |
Twilight of Love | Sandra | ||
1981 | Fort Apache, The Bronx | Charlotte | |
1983 | Something Wicked This Way Comes | Dust Witch | |
Tough Enough | Myra | ||
1985 | Stand Alone | Cathryn Bolan | |
1986 | The Vindicator | Hunter | |
On the Edge | Cora | ||
1987 | The Allnighter | Sgt. McLeesh | |
1988 | Above the Law | Delores 'Jacks' Jackson | |
1989 | The Package | Ruth Butler | |
1990 | Class of 1999 | Ms. Connors | |
1991 | Bill & Ted's Bogus Journey | Ms. Wardroe | |
1993 | Posse | Phoebe | |
1996 | Original Gangstas | Laurie Thompson | |
2013: Rescate en L.A. | Hershe Las Palmas | ||
Mars Attacks! | Louise Williams | ||
1997 | Fakin' da Funk | Annabelle Lee | |
Jackie Brown | Jackie Brown | San Diego Film Critics Society Award á mellor actriz Candidata—Empire Award á mellor actriz Candidata—Globo de Ouro á mellor actriz - Comedia ou musical Candidata— NAACP Image Award á mellor actriz cinematográfica Candidata—Satellite Award á mellor actriz de comedia o musical Candidata—Saturn Award á mellor actriz Candidata—Screen Actors Guild Award á mellor actriz protagonista | |
1999 | Jawbreaker | Detective Vera Cruz | |
In Too Deep | Det. Angela Wilson | ||
Holy Smoke! | Carol | ||
2000 | Snow Day | Tina | |
Fortress 2: Re-Entry | Susan Mendenhall | ||
Wilder | Detective Della Wilder | ||
2001 | Ghosts of Mars | Commander Helena Braddock | |
Bones | Pearl | Candidata—Black Reel Award á mellor actriz cinematográfica | |
2002 | The Adventures of Pluto Nash | Flura Nash | |
2005 | Back in the Day | Mrs. Cooper | |
2010 | The Invited | Zelda | |
Just Wright | Janice Wright | ||
Machete Maidens Unleashed! | Ela mesma | ||
2011 | Larry Crowne | Frances | |
Corman's World: Exploits of a Hollywood Rebel | Ela mesma | ||
2012 | Woman Thou Art Loosed: On the 7th Day | Detective Barrick | |
Mafia | James Womack | ||
The Man with the Iron Fists | Jane | ||
2017 | Bad Grandmas | Coralee | |
Being Rose | Lily | ||
2019 | Poms | Olive |
Notas
editar- ↑ "Pam Grier". Wizard World. Arquivado dende o orixinal o 10 de abril de 2016. Consultado o 29 de xuño de 2015.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pam Grier |
Bibliografía
editar- Sims, Yvonne D. (2006). "Here comes the queen". En Sims, Yvonne D. Women of blaxploitation: how the black action film heroine changed American popular culture. Jefferson, North Carolina: McFarland & Company, Inc. Publishers. pp. 71–92. ISBN 978-0-7864-2744-4.
Ligazóns externas
editar- Pam Grier Interview at Bright Lights Film Journal
- Moon Stomper: Pam Grier