Pallacanestro Cantù
O Pallacanestro Cantà, tamén coñecido por motivos de patrocinio como Acqua S. Bernardo Cantù, é un club profesional de baloncesto italiano con sede na cidade de Cantù (Lombardía). O Cantù é o segundo equipo, detrás do Real Madrid (contra os que teñen un balance de 8−2), con maior número de títulos europeos gañados, con doce: dúas Euroliga, catro Copas Saporta e catro Copas Korać, alén dunha Copa Intercontinental da FIBA. A nivel doméstico posúen nas súas vitrinas tres Ligas e catro Copas de Italia. Actualmente compite na Lega Basket Serie A, a máxima categoría do baloncesto italiano. O Cantù xoga os seus partidos como local no Palasport Pianella, con capacidade para 3.910 espectadores, e ocasionalmente no PalaDesio, recinto con capacidade de até 8.000 espectadores na localidade veciña de Desio.
Acqua S. Bernardo Cantù | |
Información xeral | |
---|---|
Liga | Serie A2 |
Fundación | 1936 |
Cores | Branco, azul |
Presidente | Roberto Allievi |
Adestrador | Marco Sodini |
Patrocinador | MIA |
Localización | |
Cidade | Cantù, Italia |
Pavillón | PalaDesio |
Capacidade | 6 700 |
Inauguración | 12 de marzo de 1992 |
Campionatos | |
Euroliga | 2 (1982, 1983) |
Recopa | 4 (1977, 1978, 1979, 1981) |
Korać | 4 (1973, 1974, 1975, 1991) |
Liga Italia | 3 (1968, 1975, 1981) |
Supercopa | 2 (2003, 2012) |
pallacanestrocantu.com |
Historia
editarFundado en 1936 por Mario Broggi e Angiolino Polli, o Pallacanestro Cantú chegou a converterse nun dos mellores clubs de baloncesto de Italia e un dos máis prestixiosos de Europa pese a estar situado nunha cidade de aproximadamente 35000 habitantes. No seu palmarés destacan dous títulos da Euroliga, catro Recopas de Europa, e catro Copas Korać. Actualmente milita na Serie A (máxima categoría) da Liga Italiana de Baloncesto, que gañou en tres ocasións.
A pesar de que o nome oficial do club é "Pallacanestro Cantú", xeralmente foi coñecido polo nome comercial que recibiu dos diferentes patrocinadores cos que contou ao longo da súa historia: Forst, Clear, Squibb e Ford son algúns dos máis coñecidos.
Patrocinadores
editarAo longo da hisoria, por mor de razóns de patrocinio, o Pallacanestro Cantù recibiu os seguintes nomes:
|
|
Palmarés
editarTítulos internacionais
editar- Euroliga
- Campións (2): 1982, 1983
- Subcampións (1): 1976
- Copa Saporta
- Campións (4): 1977, 1978, 1979, 1981
- Subcampións (1): 1980
- Copa Korać
- Campións (4): 1973, 1974, 1975, 1991
- Subcampións (1): 1989
- Copa Intercontinental da FIBA
- Campións (2): 1975, 1982
- Subcampións (1): 1983
Títulos nacionais
editar- Liga de Italia
- Campións (3): 1968, 1975, 1981
- Subcampións (2): 1980, 2011
- Copa de Italia
- Subcampións (4): 1997, 2003, 2011, 2012
- Supercopa de Italia
- Campións (2): 2003, 2012
- Subcampións (1): 2011
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Site oficial do clubArquivado 04 de febreiro de 2020 en Wayback Machine.