Pablo Coira
Pablo Coira Lojo, nado o 18 de outubro de 1979 en Vilagarcía de Arousa, é un futbolísta galego que xoga na demarcación de lateral dereito. Dende 2020 milita no Al Fursan FC dos Emiratos Árabes Unidos.
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 18 de outubro de 1979 (44 anos) Vilagarcía de Arousa, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1998 - 2010 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Defensa | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Traxectoria
editarComezou a xogar profesionalmente na SD Compostela na Segunda División no ano 1998, un ano despois ficha polo Celta de Vigo para suplir a venda de Michel Salgado, onde militará catro anos cun papel como suplente a causa do gran papel de Juan Velasco na súa mesma posición.
Sendo aínda xogador do SD Compostela formou parte da Selección de fútbol de España Sub-20 que gañou o Campionato do Mundo no ano 1999, compartindo equipo cos tamén galegos Álex Lombardero e o céltico Pablo Couñago, que foi o máximo goleador do torneo.
Ante a falta de oportunidades en Vigo no ano 2003 ficha polo Deportivo Alavés, de onde tras unha cesión ao Recreativo de Huelva marcharía ao Aris de Tesalónica no ano 2006. Un ano despois volvería á península ao UE Figueres en Terceira División
Na tempada 2008-2009 milita no segundo equipo do RCD Espanyol.
O ano seguinte volve emigrar, esta vez a Hungría, ao Budapest Honvéd FC, onde xogou dúas tempadas, principalmente como centrocampista ata a súa retirada.
Tras deixar a práctica do fútbol marchou a Dubai para traballar como adestrador de novos talentos na Spanish Soccer School de Míchel Salgado. En decembro de 2020, ademais de continuar adestrando os equipos sub-14 e sub-18 do club, volveu aos terreos de xogo para disputar co primeiro equipo, o Al Fursan FC, a Segunda División dos Emiratos Árabes Unidos (terceira categoría do fútbol dese país).[1]
Clubs
editarClub | País | Ano | Partidos | Goles |
---|---|---|---|---|
Categorías Inf. Arosa S.C. | España | 1985-1998 | ? | ? |
S.D. Compostela | España | 1998-1999 | 31 | 2 |
Real Club Celta de Vigo | España | 1999-2003 | 67 | 2 |
Deportivo Alavés | España | 2003-2004 | 28 | 0 |
Recreativo de Huelva | España | 2004-2005 | 4 | 0 |
Deportivo Alavés | España | 2005-2006 | 0 | 0 |
Figueres | España | 2006-2007 | 6 | 0 |
Aris Salónica | Grecia | 2006-2007 | 10 | 0 |
UE Castelldefels | España | 2007-2008 | ? | ? |
RCD Espanyol B | España | 2008-2009 | 31 | 0 |
Budapest Honvéd FC | Hungría | 2009-2011 | 39 | 4 |
Al Fursan FC | Emiratos Árabes Unidos | 2020-act |
Palmarés
editarCelta de Vigo
editar- Copa Intertoto (1): 2000.
Selección nacional
editar- Copa do Mundo sub-20 (1): 1999.
Palmarés
editarSubcampión da Copa do Rei en 2001 co Celta de Vigo
Notas
editar- ↑ "Pablo Coira descuelga las botas en los Emiratos Árabes" (en castelán). 13 de decembro de 2020. Consultado o 22 de febreiro de 2021.
- ↑ Ficha Pablo Coira http://www.bdfutbol.com/es/j/j2154.html