Grupo PRISA
O Grupo PRISA (Promotora de Informaciones, Sociedad Anónima) é unha empresa multinacional do sector dos medios de comunicación e as editoriais, con sede en España. O seu propietario maioriatario é Nicolas Berggruen.
Grupo PRISA | |
---|---|
Acrónimo | PRISA |
Tipo | negocio e empresa |
Data de fundación | 18 de xaneiro de 1972 |
Fundador(es) | Jesús de Polanco e José Ortega Spottorno |
Presidente/a | Joseph Oughourlian (pt) (-) |
Director/a | Carlos Núñez |
Sede | Madrid |
País | España |
Na rede | |
http://www.prisa.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarFoi fundada en 1972 por Jesús de Polanco e José Ortega Spottorno para xestionar unha serie de empresas e que se nucleaban en torno á editorial Santillana. Coa integración do xornal El País, o grupo cobra unha nova dimensión, e en 1984 Jesús de Polanco pasa a ter o control da sociedade. Polanco foi o seu presidente ata o 21 de xullo de 2007, data do seu falecemento, cando foi substituído polo seu fillo Ignacio Polanco. Está dirixido por Juan Luis Cebrián.
O Grupo está presente en 22 países de Europa e América. No exercicio 2006, PRISA facturou 2.812 millóns de euros e obtivo un beneficio neto de 228,9 millóns de euros. Conta cun persoal de case 14.000 empregados. O capital social é de 21 881 250 euros.
Presenza en medios de comunicación
editarPrensa
editarPertencen nalgunha porcentaxe significativa a PRISA os xornais:
- El Progreso (información xeral, distribuído fundamentalmente na provincia de Lugo)
- Diario de Pontevedra (información xeral, distribuído fundamentalmente na cidade de Pontevedra e comarcas próximas)
- El País (información xeral)
- Diario As (información deportiva)
- Cinco Días (información económica)
- Odiel Información
- Diario Jaén
- Canarias 7
- Diario de Avisos
- Diario de Noticias de Álava
- Diario del Altoaragón
- Diario de Noticias de Guipúzcoa
- Diario de Noticias de Navarra
- El Adelantado de Segovia
- El Punt
- La Gaceta Regional
- La Voz de Almería
- El Segre
- El Correo de Andalucía
- 15% da editora de Le Monde
- 11% de Presse Europe Regions, holding que controla o 60% de Midi Libre, editor, entre outras, de Midi Libre e L'Independant
- El Nuevo Día
- Extra
- La Razón (Bolivia).
Outras publicacións de prensa
editarPRISA controla a entidade Progresa, dedicada á produción de revistas como Cinemanía e a edición española de Rolling Stone, Gentleman, Claves, Revista 40. Ademais, é responsable da edición mexicana de Rolling Stone.
Radio
editarPertencen nalgunha porcentaxe significativa a PRISA as radios:
- 80% de Unión Radio, que posúe as emisoras Cadena SER (xeral) e as musicais 40 Principales, M80 Radio, Cadena Dial, Máxima FM, Radio Olé
- Caracol Radio
- Consorcio Radial de Chile
- Ibero American Radio Chile
- 50% de Televisa Radio
Televisión
editarPertencen nalgunha porcentaxe significativa a PRISA as televisións:
- A entidade Sogecable que inclúe a televisión en aberto Cuatro, e a plataforma de televisión dixital vía satélite Digital+, con canles temáticas propios como Canal + (xeneralista), CNN+ (noticias), Sportmanía (deportes), Cinemanía (cine), Documanía (documentais).
- A firma Pretesa, que alberga a rede de televisións locais Localia, con distintos centros emisores e produtores en Galicia.
- Media Capital - TVI
- ATB Bolivia
- Plural Entertainment
- NBP, produción de contidos en Portugal
Editoriais
editarPertence a PRISA o Grupo Santillana, que controla diversas editoriais como:
- Santillana
- Alfaguara
- Taurus
- Aguilar
- Altea
- Punto de Lectura
Presenza noutras empresas
editarPertencen nalgunha porcentaxe significativa a PRISA as empresas de mercadotecnia e publicidade GDM e Solomedios, así como a imprenta Dédalo Grupo Gráfico.