P. T. Usha

atleta india

Pilavullakandi Thekkeparambil Usha, nada en Payyoli o 27 de xuño de 1964, é unha antiga atleta india, denominada con frecuencia a raíña do atletismo indio[1].

Modelo:BiografíaP. T. Usha

(2009) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(ml) Pilavullakandi Thekkeraparambil Usha Editar o valor en Wikidata
27 de xuño de 1964 Editar o valor en Wikidata (60 anos)
Payyoli, India (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura170 cm Editar o valor en Wikidata
Peso57 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónatleta Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1976 Editar o valor en Wikidata - 2000 Editar o valor en Wikidata
EmpregadorFerrovias Indianas (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaIndia Editar o valor en Wikidata
Deporteatletismo Editar o valor en Wikidata
Disciplina deportiva100 metros lisos Editar o valor en Wikidata
Participou en
1996Xogos Olímpicos de 1996
1994Jogos Asiáticos de 1994 (pt) Traducir
1990Jogos Asiáticos de 1990 (pt) Traducir
1988Xogos Olímpicos de 1988
1986Jogos Asiáticos de 1986 (pt) Traducir
1984Xogos Olímpicos de 1984
1982Jogos Asiáticos de 1982 (pt) Traducir
1980Xogos Olímpicos de 1980 Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Páxina webptusha.com Editar o valor en Wikidata
IAAF: 14283105 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Naceu nunha pequena localidade pesqueira do estado de Kerala, filla dun comerciante de roupa. Cando o goberno de Kerala estableceu unha escola deportiva feminina en 1976, Usha foi a elixida no seu distrito para entrar na escola e nos xogos escolares dese ano o adestrador O. M. Nambiar reparou nela e considerou que tiña posibilidades de chegar a se converter nunha moi boa velocista[2] polo que se fixo cargo da súa preparación. En 1978 chegaron os primeiros froitos ao gañar cinco medallas no Campionato Interestatal xuvenil que se celebrou en Kollam: en 100 m, 200 m, 60 m obstáculos e mais en salto de altura levou o ouro, salto de lonxitude quedou coa prata e finalmente fíxose cun bronce en remudas de 4 x 100 m.[3] e deseguido no campionato escolar de Kerala levou 14 medallas. Nos Xogos Nacionais da India de 1979 gañou tamén varias medallas e nos interestatis bateu a marca dos 100 metros en sub 16 [3].

Nos Campionatos Interestatais de Bangalore en 1981, Usha estableceu os 11.8 segundos nos 100 m e os 24.6 nos 200 m como mellores marcas nacionais absolutas[3]. Nos Xogos Asiáticos de Nova Delhi de 1982 gañou as medallas de prata en 100 m e 200 m, con marcas de 11.95 s e 25.32 s.,respectivamente. En 1983 nos Campionatos Abertos Nacionais bateu de novo a marca nacional dos 200 m con 23.9 s, e dos 400 m con 53.6 s. Nos Campionatos Asiáticos de Kuwait dese ano, fíxose co ouro en 400 m[4].

O mellor momento de Usha coincidiu coas olimpíadas de 1984 nos Ánxeles e os anos inmediatamente posteriores. Principiou o ano con boas actuacións nos interestatais de Nova Delhi e nos Campionatos Abertos Nacionais de Bombai. Non obstante, a súa pobre actuación nos 100 e 200 m nos Campionatos do Mundo de Atletismo de Moscova levouna a concentrarse nos 400 m valados. Nos preolímpicos indios en Delhi, bateu á campioa M. D. Valsamma e cualificouse para os Xogos[5]. Nas Olimpiadas fixo 56.81 s na rolda de cualificación e 55.54 s na semifinal, establecendo unha nova marca da Commonwealth e meteuse na final para quedar cuarta con 55.42 segundos, a moi pouco do bronce.

Nos Campionatos Asiáticos de Iacarta de 1985 gañou seis medallas, cinco de ouro: 100 m con 11.64, 200 m con 23.05, 400 m con 52.62, mellor marca asiática, e 400 m valados con 56.64[4] e nas remudas de 4 x 400 m logrou bronce; nunca nun compionato internacional un atleta levara tantas medallas de ouro, ademais nos 100 e 200 igualou a mellor marca asitática realizada por Chi Cheng de Taiwán. Unha semana máis tarde mellorou a súa marca persoal en 400 m na Copa do Mundo de Camberra con 51.61, co que logrou o sétimo lugar. Realizou outra grande actuación nos Xogos Asiáticos de 1986 en Seúl. Logrou a prata nos 100 metros con 11.67 detrás de Lydia de Vega. Venceu en 200 metros con 23.44, en 400 metros con 52.16 e nas remudas de 4 x 400 m con 3:34.58, todos con mellores marcas dos Xogos[6][3].

 
P. T. Usha durante unha xuntanza co ministro de mocidade de deportes indio, Shri Vijay Goel, o 21 de marzo de 2017

Nos Campionatos Asiáticos de Atletismo de 1985 en Iacarta logrou cinco medallas de ouro, e estableceu unha nova marca no número de ouros nunha única competición internacional de atletismo[7]. Nos Xogos Asiáticos de 1986 en Seúl logrou 4 medallas de ouro e unha de prata. No seu debut nuns Campionatos do Mundo en 1987 en Roma, superou a rolda e cualificación en 400 m valados pero quedou eliminada nas semifinais ao quedar sexta.

Nos Xogos Olímpicos de 1988 de Seúl sufriu unha lesión no talón. Así e todo, tomou parte na proba dos 400 m valados pero quedou eliminada cun tempo de 59.55 s. Un ano despois, xa totalmente recuperada, nunha competición internacional en Nova Delhi gañou catro carreiras e quedou segunda en dúas máis. Nos Xogos Asiáticos de Beijing de 1990 gañou tres medallas de prata. En 1991 tras casar e ter un fillo deixou un tempo a competición e volveu en 1994 nos Xogos Asiáticos para lograr a medalla de prata nas remudas de 4x400 m. Nos Campionatos Asiáticos de Atletismo de 1998 logrou a medalla de ouro nas remudas de 4 x 100 nun equipo con Tanay Manya, E. B. Shyla e Saraswati Saha, o que supuxo unha nova mellor marca nacional de 44.43 s[8].

Tras a súa retirada da competición, foi unha das fundadoras e presidenta da Usha School of Athletics[9]en 2002[10]. Dende 2012 Dirixe o comité da Indian Talent Olympiad que realiza exames para determinar o nivel académico, seguindo o espírito olímpico, en escolas de toda a India[11].

  1. "‘Payyoli Express’ – PT Usha". Athletics Federation of India. 
  2. "'If I am wellknown today, it is all because of Usha'". rediff.com. 11 de setembro de 2000. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 "P. T. Usha...The Gold Girl". rediff.com. 11 de setembro de 2000. 
  4. 4,0 4,1 "ndia's ace sprinter P.T.Usha establishes herself as Asia's leading athlete". India Today. 31 de outubro de 1985. 
  5. "She set the track ablaze". The Hindu. 1 de maio de 2011. 
  6. "P.T. Usha: The unquestioned queen of track at Seoul Asian Games". India Today. 31 de outubro de 1986. 
  7. "No. 12: PT Usha's gold rush at the 1986 Seoul Asiad". ESPN. 30 de xuño de 2016. 
  8. Vijaykumar, C.N.R (15 de decembro de 1998). "After the feast, the famine". www.rediff.com. 
  9. "The History". ptusha.org. 
  10. "Milestones". ptusha.org. 
  11. "About Our Olympaid Organization". indiantalent.org.