Oriente
Oriente[1][2] é unha noción europea de orixe ilustrada e romántica. Describe os territorios que nos séculos XVII e XVIII se escapaban ao coñecemento e control directo das potencias europeas e se situaban ao leste dos montes Urais e ao sur do Mar Negro. Eran, basicamente, Asia e o norte de África...
Porén, Oriente non existe como tal entidade xeográfica nin cultural. Inclúe desertos como o deserto do Gobi, estepas cultivábeis, como Siria, cordilleiras e bacías fluviais (Nilo, Éufrates e Tigris, Indo, Ganxes, Yang-Tse), a xungla etc.
Culturalmente dividiuse en tres áreas:
- O Extremo Oriente, con centro cultural na China.
- O Oriente Medio, con centro cultural na India.
- O Próximo Oriente, con centro cultural en Mesopotamia.
En historiografía, fálase da Historia Antiga de Oriente ou da Historia do Oriente Antigo por mero paralelismo coa historia occidental.
Etimoloxía
editarO termo provén da lingua latina orior (levantarse), referido ao Leste. Aínda que as posicións de Oriente e Occidente son relativas (como o Leste e o Oeste), úsase en relación á orixe do termo (así, o Imperio Bizantino era o Imperio Romano de Oriente).[3]