Opportunity
Opportunity, orixinalmente coñecido como Mars Exploration Rover B ou MER-1, foi un rover de exploración marciana dos Estados Unidos lanzado o 8 de xullo de 2003 mediante un foguete Delta 7925H desde Cabo Cañaveral.[1][2][4][5][3]
Opportunity / Mars Exploration Rover B / MER B | |
---|---|
Opportunity sobre Marte | |
Tipo | Científico |
Organización | NASA |
Data de lanzamento | 8 de xullo de 2003, 4:18 GMT[1][2][3] |
Foguete portador | Delta 7925H[2][4] |
Sitio de lanzamento | Cabo Cañaveral[2][4][5] |
Obxectivo da misión | Estudo de Marte.[2][4][5] |
NSSDC ID | 2003-032A |
Masa | 185 kg[2] |
Características
editarOpportunity foi, xunto con Spirit, un dos rovers enviados en 2003 a Marte para explorar a súa atmosfera e superficie. Opportunity aterrou en Marte o 25 de xaneiro de 2004 en Meridiani Planum mediante un sistema de paracaídas, retrofoguetes e airbags, levando a bordo unha cámara panorámica, un espectrómetro de emisións termais (Mini-TES), un espectrómetro de raios X (APXS), un espectrómetro Mossbauer, un microscopio e unha ferramenta de abrasión para rochas (RAT).[1][2][4][5][3]
O seu obxectivo era buscar e caracterizar os distintos tipos de rochas e solos na superficie marciana buscando sinais de actividade acuática no pasado, estudar a distribución e composición dos minerais, rochas e solos arredor da zona de aterraxe, estudar os procesos xeolóxicos e químicos que moldearon o terreo local, contrastar con medicións a nivel de terra os datos obtidos polas sondas en órbita, buscar minerais ricos en ferro e outros cunha posible orixe relacionada co auga e buscar sinais xeolóxicos das condicións ambientais no pasado que puideran estar relacionadas co auga líquida.[1][2][4][5][3]
O chasis do rover tiña forma de caixa montada sobre seis rodas, contendo a electrónica e sobre a cal se atopaba a cuberta triangular da que sobresaía o mastro da cámara panorámica, a antena de alta ganancia, a de baixa ganancia, as antenas UHF e o obxectivo de calibración da cámara. Nos laterais da cuberta triangular atopábanse os paneis solares que daban ata 140 W de potencia ao rover. Do frontal da caixa estendíase un brazo robótico con varios instrumentos no seu extremo para estudar o terreo e as rochas. Cada roda do rover tiña o seu propio motor, coas rodas frontais e traseiras podendo xirar de maneira independente. A velocidade máxima do rover era de 3,75 cm/s, aínda que os protocolos de evitamento de riscos rebaixaban esa velocidade a 1 cm/s, podendo superar superficies de 45 graos de inclinación.[1][2][4][5][3]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 N2YO (2023). Real Time Satellite Tracking, ed. "MARS EXPLORER ROVER B" (en inglés). Consultado o 7 de xullo de 2023.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 NASA (28 de outubro de 2022). "Opportunity" (en inglés). Consultado o 7 de xullo de 2023.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 "Notes verbales dated 13 and 17 November 2003 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (03-89777 (E)). 18 de novembro de 2003: 2. Consultado o 7 de xullo de 2023.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 Gunter Dirk Krebs (2023). Gunter's Space Page, ed. "Mars Exploration Rover A, B (MER A, B / Spirit / Opportunity)" (en inglés). Consultado o 7 de xullo de 2023.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Mark Wade (2023). "MER" (en inglés). Consultado o 7 de xullo de 2023.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Opportunity |