Onda sísmica
As ondas sísmicas son un tipo de ondas mecánicas lonxitudinais ou transversais que constitúen a propagación temporal de perturbacións no campo de esforzos, xerando vibracións ou movementos polo medio que atravesan. Son as causantes dos terremotos, debido á brusca liberación da enerxía de ditas ondas acumulada nas rochas sometidas a esforzo, cando as ondas colisionan con elas. A ciencia que se ocupa do estudo deste tipo de ondas chámase sismoloxía. O sismógrafo, inventado por John Milne, é o aparello que rexistra ditas ondas.
Tipos de ondas
editarOndas P
editarSon tamén chamadas ondas primarias, lonxitudinais ou de compresión, e débese a que ao seu paso as partículas só vibran na mesma dirección que o raio sísmico. Polo tanto, o solo comprímese e dilátase tamén na mesma dirección que a onda. Neste sentido semellan ás ondas sonoras. Son as ondas que se propagan con maior velocidade, case o dobre de rápido que as ondas S, e as primeiras en detectarse polos sismógrafos. Desprázanse en calquera tipo de medio, tanto sólido coma fluído, xa que dependen da comprensibilidade do medio. A velocidade de propagación das ondas P ten a seguinte ecuación:
onde:
- K é o módulo de incompresibilidade
- ρ é a densidade do material a través do cal se propaga a onda.
- μ é o módulo de corte ou rixidez.
Medio | Vcde (m/s) |
---|---|
Aire | 330 |
Auga | 1.450 |
Granito | 5.000 |
Ondas S
editarSon tamén chamadas ondas secundarias, transversais ou de cizalla, é isto débese a que, ao seu paso, fan vibrar as partículas oscilando nun plano perpendicular á dirección de propagación das ondas. A súa velocidade de propagación é menor ca das ondas P, e dependen para desprazarse da elasticidade do medio, polo que non se desprazarán en medios fluídos. Esta característica das ondas S será vital para coñecer a estrutura interna de calquera planeta. A ecuación que determina a velocidade das ondas S é a seguinte:
onde:
- ρ é a densidade do material a través do cal se propaga a onda.
- μ é o módulo de corte ou rixidez.
Ondas superficiais
editarAs ondas superficiais, ou de superficie son varios tipos de ondas que son as verdadeiras responsables das catástrofes naturais, é dicir, dos danos na superficie da codia terrestre. Polo tanto, non se empregan para o estudo do interior da Terra.
Love
editarForon descubertas polo científico e investigador inglés A. Love no ano 1911. O seu movemento descríbese horizontalmente ou en zigzag sobre a superficie terrestre, nun movemento parecido á reptación dunha serpe. Son lixeiramente máis lentas cas ondas P e as ondas S.
Rayleing
editarO nome destas ondas provén do investigador británico John William Strutt, coñecido coma Lord Rayleigh, barón da familia dos Rayleigh, no ano 1885. O seu movemento e parecido ao dunha onda mariña, producindo un movemento elíptico. Tamén son chamadas ground roll.
Estudo das ondas
editarO estudo das ondas sísmicas pode ter innumerables vantaxes para predicir terremotos, danos, ou simplemente para o estudo do interior da Terra.
Método sísmico
editarMediante o estudo das ondas sísmicas e as súas propiedades podemos determinar a composición dos materias que forman o interior da Terra, xa que determinadas ondas só atravesan medios sólidos e outras atravesan ambos. As ondas S e P permítenos determinar o tipo de capas do que está feito o noso planeta e ata que profundidade.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editar Este artigo sobre física é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |