O home de Laramie

filme de 1956 dirixido por Anthony Mann

O home de Laramie (en inglés: The Man from Laramie) é unha película do oeste dirixida por Anthony Mann e protagonizada por James Stewart. Tamén foi a primeira película filmada en cinemascope.

O home de Laramie
James Stewart
Ficha técnica
Título orixinalThe Man from Laramie
DirectorAnthony Mann
ProdutorWilliam Goetz
GuiónPhilip Yordan
Frank Burt
IntérpretesJames Stewart
Arthur Kennedy
Donald Crisp
Cathy O'Donnell
MúsicaLester Lee
George Duning
FotografíaCharles Lang
MontaxeWilliam Lyon
EstudioWilliam Goetz Productions
DistribuidoraColumbia Pictures
Estrea1955
Duración104 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroWestern
Na rede
IMDB: tt0048342 Filmaffinity: 661124 Allocine: 4938 Rottentomatoes: m/man_from_laramie Allmovie: v31143 TCM: 21969 TV.com: movies/the-man-from-laramie Netlix: 733286 Editar o valor en Wikidata

Sinopse

editar

Will Lockhart (James Stewart) é un misterioso vaqueiro que chega a Coronado, unha pequena vila de Novo México, coa única obsesión de atopar a persoa que lle vendeu uns rifles ós apaches que causaron a morte do seu irmán. Alí coñecerá ó cacique local, un vello cego chamado Alec Waggoman (Donald Crisp), ó seu desapiadado fillo Dave (Alex Nicol) e ó seu fillo adoptivo Vic Hansbro (Arthur Kennedy). A sede de vinganza de Will o levará a un enfrontamento co clan, especialmente con Dave, quen a piques está de causarlle a morte.

Inspirada na obra de William Shakespeare O rei Lear, James Stewart dá vida a un heroe débil e vítima das súas obsesións, moi lonxe do arquetipo de vaqueiro representado por exemplo por John Wayne ou Clint Eastwood. Amais, Mann saca proveito das vantaxes do cinemascope para salientar a violencia e dor das personaxes a través da paisaxe deserta e árida de Novo México.

Elenco de actores

editar

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar