O bolseiro

filme de 2015 dirixido por Nancy Meyers

O bolseiro (en inglés: The Intern) é un filme estadounidense de 2015 dirixido, escrito e producido por Nancy Meyers. Está protagonizado por Robert De Niro, Anne Hathaway e Rene Russo, xunto con Anders Holm, Andrew Rannells, Adam DeVine e Zack Pearlman. Conta a historia dun viúvo de 70 anos que se converte en bolseiro dunha empresa de venda de roupa en liña, onde fai amizade coa directora da empresa, unha traballadora compulsiva. O filme estreouse o 25 de setembro de 2015 a través de Warner Bros. Recibiu valoracións dispares por parte da crítica e foi un éxito de recadación con 194,6 millóns de dólares en todo o mundo sobre un orzamento de 35-44 millóns.

O bolseiro
Ficha técnica
DirectorNancy Meyers
Produtor
  • Nancy Meyers
  • Suzanne Farwell
GuiónNancy Meyers
Intérpretes
MúsicaTheodore Shapiro
FotografíaStephen Goldblatt
MontaxeRobert Leighton
Estudio
DistribuidoraWarner Bros. Pictures
EstreaBélxica: 15 de setembro de 2015
Galicia 18 de outubro de 2019 (TVG)
Duración121 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroComedia
Orzamento35–44 millóns de dólares[1][2]
Recadación194,6 millóns de dólares[1]
Na rede
http://www.theinternmovie.com
IMDB: tt2361509 Filmaffinity: 715048 Allocine: 206217 Rottentomatoes: m/the_intern Mojo: intern Allmovie: v591855 Metacritic: movie/the-intern TV.com: movies/the-intern Netlix: 80047616 Editar o valor en Wikidata

Estreouse en galego o 18 de outubro de 2019 a través da tvG2.[3]

Personaxes

editar
Voz da dobraxe galega de Luís Iglesia.
  1. 1,0 1,1 "The Intern (2015)". Box Office Mojo. Consultado o 7 de maio de 2016. 
  2. FilmL.A. (15 de xuño de 2016). "2015 Feature Film Study" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12/06/2018. Consultado o 16 de xuño de 2016. 
  3. VersiónenGalego (ed.). "O bolseiro na tvG2". Consultado o 3 de maio de 2021. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar