New Jersey Devils

O New Jersey Devils é un equipo de hóckey sobre xeo da cidade de Newark (Nova Jersey, Estados Unidos) que compite na National Hockey League (NHL). O equipo forma parte da Metropolitan Division da Conferencia Leste. Foi fundado en 1974 na cidade de Kansas City (Missouri) baixo o nome de Kansas City Scouts, en 1976 mudouse, polo que pasou a denominarse Colorado Rockies tras establecerse en Denver (Colorado), finalmente, o equipo mudouse a Nova Jersey, polo que adoptou a denominación actual en 1982. Ao longo das súas 25 tempadas en Nova Jersey, os Devils establecéronse no Meadowlands Sports Complex en East Rutherford, e xogaron os seus partidos como local no Brendan Byrne Arena (posteriormente nomeado Continental Airlines Arena). A principios da tempada 2007-08, os Devils trasladáronse á cidade de Newark e dende aquela xogan os seus partidos como local no Prudential Center.

New Jersey Devils
FundaciónKansas City Scouts: 1974-76
Colorado Rockies: 1976-82
New Jersey Devils: 1982-presente
CidadeNewark,
Nova Jersey
Estados Unidos de América Estados Unidos
EstadioPrudential Center
(17.625 espectadores)
LigaNational Hockey League
ConferenciaLeste
DivisiónMetropolitan
Campionatos3
Propietario(s) Joshua Harris
Director Ray Shero
Afiliado(s)Albany Devils (AHL)
CoresVermello, negro e branco
                 
Na rede
http://devils.nhl.com/
Twitter: NJDevils Editar o valor en Wikidata

A franquía foi pobre e mediocre durante os oito anos anteriores ao seu traslado a Nova Jersey, un patrón que continuou durante os cinco primeiros anos en Nova Jersey, nos que non foron capaces de clasificarse para os play-offs e nunca finalizaron por riba do quinto posto na súa división. A súa fortuna comezou a cambiar logo da contratación do presidente e general manager Lou Lamoriello en 1987. Baixo a administración de Lamoniello, os Devils clasificáronse todos os anos excepto tres para os play-offs entre 1988 e 2912, incluídas 13 veces consecutivas entre 1997 e 2010. Os Devils gañaron o título da liga regular na Atlantic Division en nove ocasións, a máis recente na tempada 2009-10, antes de ser recolocados na Metropolitan Division como parte do realiñamento da NHL que tivo lugar en 2013. OS Devils chegaron ás finais da Stanley Cup en cinco ocasións, gañando tres veces (1994–95, 1999–00 e 2002–03). Os Devils foron coñecidos polo seu estilo de xogo defensivo durante os seus anos de contenda pola Copa, mais dende aquela foron mudando a un estilo de xogo máis ofensivo.

Os Devils manteñen unha forte rivalidade cos seus veciños da outra beira do río Hudson, os New York Rangers, así como cos Philadelphia Flyers. Os Devils son un dos tres equipos da área metropolitana de Nova York; os outros dous son os New York Islanders e os New York Rangers. A franquía é o único equipo de todas as grandes ligas que se define explícitaente como un equipo de Nova Jersey.

Historia

editar

Rivalidades

editar

New York Rangers

editar

Os Devils manteñen fortes rivalidades cos equipos máis próximos xeograficamente, cos cales se teñen enfrontado frecuentemente nos play-offs. A "Battle of the Hudson River" cos New York Rangers recibe o seu nome da proximidade dos pavillóns dos Devils na área metropolitana de Nova York, sempre a menos de dez millas e na outra beira do río Hudson dende o Madison Square Garden.[1] A rivalidade entre os dous equipos comezou cando a franquís dos Devils trasladouse dende Colorado no medio de tres equipos do Gran Nova York xunto cos Rangers, os New York Islanders e os Philadelphia Flyers.[2] Durante as primeiras tempadas os dous equipos non se enfrontaron nos play-offs, a primeira vez que se viron as caras nas series foi en 1992, cando os Rangers (mellor equipo da liga regular) precisaron de sete encontros para derrotar aos de Nova Jersey.[3][4] En total, os Devils e os Rangers enfrontáronse seis veces nos play-offs, cun rexistro de 4-2 favorable aos de Manhattan.

Philadelphia Flyers

editar

A proximidade de Nova Jersey a Pensilvania tamén levou a unha rivalidade cos Philadelphia Flyers, a "Battle of the Jersey Turnpike". Os Flyers tenen un gran número de seguidores en South Jersey e adestran en Voorhees. Ambos equipos tiñan o maior número de títulos da Atlantic Division antes do realiñamento de 2013, con nove para os Devils e seis para os Flyers.[11] A primeira vez que ambos equipos se enfrontaron nos play-offs foi na tempada 1994-95, cando os Devils derrotaron en seis partidos aos de Filadelfia, dende aquela encontráronse cinco veces nas series eliminatorias, cun rexistro de 3-2 favorable á franquía de Newark.

Identidade do equipo

editar

O logo dos Devils é un monograma das letras "N" e "J", presentado con dous cornos de demo na parte superior do "J" e unha cola en punta na parte inferior. Cando o equipo comezou a xogar en Nova Jersey o monograma era vermello co bordo en verde, mais a cor do bordo mudou a negro en 1992, debido ás dificultades para facer consistente a cor verde entre o seu logo e as camisetas. O logo encóntrase dentro dun círculo negro e nun campo de branco no medio do peito de ambos uniformes.[17] Antes do traslado dos Devils denied Colorado en 1982, a muller do daquela propietario John McMullen deseñou un prototipo de logo, que foi posteriormente modificado por un deseño gráfico e mercadotecnia de empresa profesional, e converteuse no logo vermello e verde empregado polo equipo durante os seus primeiros dez anos en Nova Jersey.[18]

Equipación

editar

Mascota

editar

A mascota do equipo chámase "NJ Devil," un gran demo de 2,1 metros de altura que representa o mito do Demo de Jersey. NJ Devil mantén animado ao plúblico, asina autógrafos, participa no entretemento durante os descansos, patina sobre o xeo,tira camisetas e corre ao lonlo dos corredores do pavillón aos high five fans.[19] Antes de 1993, a mascota era "Slapshot", un gran puck dos Devils que interactuaba cos seareiros. O home que había dentro do disfrace foi despedido logo de ser acusado de tocar inapropiadamente a tres mulleres mentors estate disfrazado. A demanda e todos os cargos foron retirados ao non poder ser provados. Para quitar o estigma da demanda, Slapshot foi retirado e non volveu aparecer dende aquela.[20]

Estilo de xogo

editar

Medios de comunicación

editar

Pavillóns

editar

Dende o traslado da franquía a Nova Jersey o equipo xogou en dous pavillóns distintos. Dende 2007 os Devils xogan os seus partidos como locais no Prudential Center, logo de 25 anos disputando os seus encontros como local no Continental Airlines Arena.

Pavillóns empregados polos New Jersey Devils
Imaxe Nome Primeira tempada Derradeira tempada Capacidade[nota 1]
  Continental Airlines Arena 1982-1983 2006-2007 19.040
  Prudential Center 2007-2008 Actualmente en uso 17.625

Continental Airlines Arena

editar
Artigo principal: Continental Airlines Arena.

Co traslado da franquía a Nova Jersey, o equipo pasou a disputar os seus encontros como local no Continental Airlines Arena, na cidade de East Rutherford. O pavillón inaugurouse o 2 de xullo de 1981 logo de dous anos de obras,[21] e inicialmente tiña unha capacidade para 19.023 espectadores,[22] con todo a capacidade viuse ampliado en 1985 ata os 19.040 espectadores.[23]

O primeiro partido dos Devils logo do seu traslado a Nova Jersey tivo lugar o 5 de outubro de 1982, cando no primeiro partido da tempada se enfrontaron aos Pittsburgh Penguins, rematando o partido nun empate a tres goles.[24] Durante os máis de 20 anos que os Devils xogaron no Continental Airlines Arena, o pavillón foi escenario das finais da Stanley Cup de 1995, 2000, 2001 e 2003, vendo alzar o título ao equipo local en 1995, 2000 e 2003.

A seguinte táboa mostra os datos de asistencia ao Continental Airlines Arena:[25]

Datos de asistencia ao Continental Airlines Arena
Ano Asistencia media
1983 12.489
1984 11.451
1985 12.261
1986 11.812
1987 11.049
1988 13.402
1989 N/A
1990 14.505
1991 13.148
1992 12.837
1993 13.658
1994 14.585
1995 16.379
Datos de asistencia ao Continental Airlines Arena
Ano Asistencia media
1996 16.219
1997 16.398
1998 17.296
1999 16.670
2000 15.206
2001 15.642
2002 15.925
2003 14.858
2004 15.059
2005 -
2006 14.230
2007 14.176

Prudential Center

editar
Artigo principal: Prudential Center.
 
Interior do Prudential Center.

En 2007 o equipo trasladouse ao Prudential Center, un pavillón con capacidade para 17.625 espectadores na cidade de Newark.[26] As obras do pavillón comezaron o 3 de outubro de 2005 e inaugurouse o 25 de outubro de 2007.[27][28]

O primeiro partido dos Devils no novo pavillón disputouse o 27 de outubro de 2007 fronte aos Ottawa Senators.[29] O primeiro gol anotado no novo pavillón foi obra de Chris Neil, dos Senators, que se impuxeron por catro goles a un, mentres que o primeiro gol dos Devils foi anotado por Brian Gionta, ambos goles foron anotados no segundo período.[30]

A seguinte táboa mostra os datos de asistencia media ao Prudential Center:[25]

Datos de asistencia ao Prudential Center
Ano Asistencia media
2008 15.564
2009 15.790
2010 15.535
2011 14.775
2012 15.397
2013 17.114
2014 15.868
2015 15.190

Equipos afiliados

editar

As franquías da NHL teñen un equipo limitado por convenio, polo que contan cun ou máis equipos «afiliados» que cada ano compiten en ligas menos importantes. Isto lles permite recrutar xogadores xoves na repesca anual permitíndolles continuar o seu desenvolvemento sen comezar demasiado cedo. Ademais, estes equipos afiliados (tamén chamados clubs escola ou farm teams en inglés) constitúen unha reserva de talentos para as franquías da NHL, que os atraen a merced das lesións e/ou a pobre formación do equipo. A excepción dos equipos propietarios do seu propio club escola, as afiliacións finalizan cun acordo contractual e non se conxean no tempo. Dende o seu traslado a Nova Jersey, os Devils tiveron as seguintes afiliacións:[31]

Equipos afiliados dos New Jersey Devils
Período Equipo Liga
1982-1983 Wichita Wind CHL
1983-1987 Maine Mariners AHL
1987-1993 Utica Devils AHL
1992-1993 Cincinnati Cyclones IHL
1993-2006 Albany River Rats AHL
2006-2010 Lowell Devils AHL
2010-2014 Albany Devils AHL

Afiliacións secundarias

editar

Ademais destes equipos, as franquías da NHL posúen unha ou dúas afiliacións denominadas «secundarias» con equipos que compiten en ligas menores. Estes equipos son empregados xeralmente como depósito de xogadores para os equipos anteriores en caso de ausencias por lesión de xogadores ou partidos cun equipo da NHL. Dende a súa chegada a New Jersey, os Devils tiveron as seguintes afiliacións secundarias:[31]

Outras afiliacións dos New Jersey Devils
Período Equipo Liga
1982-1984 Muskegon Mohawks IHL
1984-1986 Fort Wayne Komets IHL
1986-1987 Indianapolis Checkers IHL
1988-1989 Flint Spirits IHL
1992-1993 Birmingham Bulls ECHL
1993-1998 Raleigh Icecaps ECHL
1994-1995 Flint Generals UHL
1998-1999 Augusta Lynx ECHL
2007-2011 Trenton Devils ECHL

Personalidades

editar

Xogadores

editar

Equipo actual

editar

Actualizado a 16 de agosto de 2015.[32]

# Nac Xogador/a Posición[nota 2] S/G[nota 3] Idade Adquirido/a Lugar de nacemento
13   Cammalleri, MichaelMichael Cammalleri LW L (42 anos) 2014 Richmond Hill, Ontario
29   Clowe, RyaneRyane Clowe LW L (42 anos) 2013 Mount Pearl, Terra Nova e Labrador
  Danis, YannYann Danis G L (43 anos) 2015 Lafontaine, Quebec
26   Elias, PatrikPatrik Elias (A) LW/C L (48 anos) 1994 Třebíč, Checoslovaquia
44   Gelinas, EricEric Gelinas D L (33 anos) 2009 Vanier, Ontario
11   Gionta, StephenStephen Gionta C R (41 anos) 2010 Rochester, Nova York
  Gragnani, Marc-AndreMarc-Andre Gragnani D L (37 anos) 2015 Montreal, Quebec
6   Greene, AndyAndy Greene (A) D L (42 anos) 2006 Trenton, Michigan
33   Helgeson, SethSeth Helgeson D L (34 anos) 2009 Faribault, Minnesota
14   Henrique, AdamAdam Henrique LW/C L (34 anos) 2008 Brantford, Ontario
16   Josefson, JacobJacob Josefson C L (33 anos) 2009 Estocolmo, Suecia
1   Kinkaid, KeithKeith Kinkaid G L (35 anos) 2010 Farmingville, Nova York
5   Larsson, AdamAdam Larsson D R (32 anos) 2011 Skellefteå, Suecia
25   Matteau, StefanStefan Matteau LW L (30 anos) 2012 Chicago, Illinois
7   Merrill, JonJon Merrill D L (32 anos) 2010 Brighton, Michigan
  Moore, JohnJohn Moore D L (33 anos) 2015 Chicago, Illinois
21   Palmieri, KyleKyle Palmieri RW R (33 anos) 2015 Smithtown, Nova York
15   Ruutu, TuomoTuomo Ruutu LW L (41 anos) 2014 Vantaa, Finlandia
  Schlemko, DavidDavid Schlemko D L (37 anos) 2015 Edmonton, Alberta
35   Schneider, CoryCory Schneider G L (38 anos) 2013 Marblehead, Massachusetts
28   Severson, DamonDamon Severson D R (30 anos) 2012 Brandon, Manitoba
  Timmins, ScottScott Timmins (UFA) C L (35 anos) 2013 Hamilton, Ontario
  Tlusty, JiriJiri Tlusty LW L (36 anos) 2015 Slaný, Checoslovaquia
22   Tootoo, JordinJordin Tootoo RW R (41 anos) 2014 Churchill, Manitoba
61   Zajac, DarcyDarcy Zajac (UFA) C R (38 anos) 2013 Winnipeg, Manitoba
19   Zajac, TravisTravis Zajac (A) C R (39 anos) 2004 Winnipeg, Manitoba

Capitáns

editar

Dende a súa primeira tempada na NHL, o equipo dos Devils tivo dez capitáns. O primeiro capitán da historia da franquía logo do seu traslado a Nova Jersey tempada 1982-83 foi Don Lever. A maioría dos capitáns que tivo o equipo naceron no Canadá, e o primeiro capitán non canadense foi o checo Patrik Eliáš, que capitaneou ao equipo na tempada 2006-07, mentres que o primeiro xogador estadounidense foi Jamie Langenbrunner, nomeado en 2007. O seguinte cadro mostra os distintos capitáns do equipo excluíndo os dos equipos anteriores ao traslado a New Jersey, Kansas City Scouts e Colorado Rockies:[33]

Capitáns dos New Jersey Devils
Nome(s) Período
Don Lever 1982–84
Mel Bridgman 1984–87
Kirk Muller 1987–91
Bruce Driver 1991–92
Scott Stevens 1992–2004
Scott Niedermayer 2004
Patrik Eliáš 2006–07
Jamie Langenbrunner 2007–11
Zach Parise 2011–12
Bryce Salvador 2013–presente

Eleccións na primeira rolda do draft

editar

Cada ano dende 1963, os xogadores das ligas menores teñen a posibilidade de asinar contratos coas franquías da NHL. Esta sección presenta as primeiras eleccións do draft dos Devils, o posto no que foron elixidos os diferentes xogadores, o equipo da liga menor ou liga europea do que procedía e o ano da elección:[34]

Eleccións na primeira rolda do draft
Ano Xogador Posto Equipo (liga)
1982 Rocky Trottier
Ken Daneyko

18º
Billings Bighorns (WHL)
Seattle Breakers (WHL)
1983 John MacLean Oshawa Generals (LHO)
1984 Kirk Muller Guelph Platers (OHL)
1985 Craig Wolanin Kitchener Rangers (OHL)
1986 Neil Brady Medicine Hat Tigers (WHL)
1987 Brendan Shanahan London Knights (OHL)
1988 Corey Foster 12º Peterborough Petes (OHL)
1989 Bill Guerin
Jason Miller

18º
Springfield Olympics (NJHL)
Medicine Hat Tigers (WHL)
1990 Martin Brodeur 20º Saint-Hyacinthe Laser (LHJMQ)
1991 Scott Niedermayer
Brian Rolston

11º
Kamloops Blazers (WHL)
Detroit Compuware (NAHL)
1992 Jason Smith 18º Regina Pats (WHL)
1993 Denis Pederson 13º Prince Albert Raiders (WHL)
1994 Vadim Charifianov 25º Salavat Yulaev Ufa (Superliga)
1995 Peter Sýkora 18º Detroit Vipers (IHL)
1996 Lance Ward 10º Red Deer Rebels (WHL)
1997 Jean-François Damphousse 24º Moncton Wildcats (LHJMQ)
1998 Mike Van Ryn
Scott Gomez
º26º
27º
Michigan Wolverines (NCAA)
Tri-City Americans (LHOu)
1999 Ari Ahonen 27º JYP (SM-liiga)
2000 David Hale 22º Sioux City Musketeers (USHL)
2001 Adrian Foster 28º Saskatoon Blades (WHL)
2002 Ningunha elección na primeira rolda
2003 Zach Parise 17º North Dakota Fighting Sioux (NCAA)
2004 Travis Zajac 20º Salmon Arm Silverbacks (BCHL)
2005 Nicklas Bergfors 23º Södertälje SK Jr. (Allsvenskan)
2006 Matt Corrente 30º Saginaw Spirit (OHL)
2007 Ningunha elección na primeira rolda
2008 Mattias Tedenby 24º HV71 (Elitserien)
2009 Jacob Josefson 20º Djurgårdens IF (Elitserien)
2010 Ningunha elección na primeira rolda
2011 Adam Larsson Skellefteå AIK (Elitserien)
2012 Stefan Matteau 29º United States National Development Team (USHL)
2013 Ningunha elección na primeira rolda
2014 John Quenneville 30º Brandon Wheat Kings (WHL)

Líderes históricos

editar

Ken Daneyko 1283 O xogador máis destacado da historia da franquía é Patrik Eliáš, que dende a súa chegada ao equipo en 1995 conseguiu 1.017 puntos en 1.224 partidos. Con todo, o xogador con máis encontros disputados coa camisola dos Devils foi Ken Daneyko, que disputou 1.283 partidos entre 1983 e 2003.[35] Por outra banda o máximo puntuador nunha tempada na liga regular foi o propio Eliáš, quen na tempada 2005-06 conseguiu 96 puntos, e liderou tamén en puntuación ao equipo nos play-offs da tempada 2000-01 conseguiu un rexistro de 23 puntos. Tamén compre destacar os 8 puntos conseguidos nun único partidos dos play-offs o 22 de abril de 1988 por Patrik Sundström, que son un récord para un único partido de play-offs na NHL.

Líderes de anotación

A seguinte táboa amosa os 10 máximos anotadores da historia da franquía:[35]

Líderes históricos dos New Jersey Devils
Xogador Tempadas Pos PX G A Pts +/− PIM
Patrik Eliáš* 1995–presente LW 1.224 406 611 1.017 167 539
John MacLean 1983–98 RW 934 347 354 701 42 1.168
Kirk Muller 1984–91 LW 556 185 335 520 −62 572
Scott Gomez* 1999–07
2014–15
C 606 123 361 484 49 385
Scott Niedermayer 1991–04 D 892 112 364 476 172 478
Bobby Holík 1992–09 C 786 202 270 472 134 863
Aaron Broten 1982–90 C 641 162 307 469 −72 367
Scott Stevens 1991–04 D 956 93 337 430 282 1.007
Zach Parise 2005–12 LW 502 194 216 410 57 177
Bruce Driver 1983–95 D 702 83 316 399 6 534
*      = xogador actual dos Devils
Récords na liga regualr[36]
Récords nos play-offs[37]

Números retirados

editar
 
Os números retirados de Scott Niedermayer, Ken Daneyko e Scott Stevens.

O Devils teñen retirado tres dorsais na súa historia, todos os números retirados honran a xogadores destacados dos seus tres equipos campións da Stanley Cup a finais da década de 1990 e a principios dos anos 2000.[38]

Números retirados dos New Jersey Devils
Xogador Posición Carreira Data da retirada
3 Ken Daneyko 1 D 1983–2003 24 de marzo de 2006
4 Scott Stevens 2 D 1991–2005 3 de febreiro de 2006
27 Scott Niedermayer 3 D 1991–2004 16 de decembro de 2011
Notas
  • 1 Daneyko posúe o récord de partidos xogados coa camisola dos Devils cun total de 1.283 partidos (e xogou toda a súa carreira co equipo de Nova Jersey).[39]
  • 2 Stevens xogou 13 tempadas cos Devils, sendo o capitán en 12 delas (1992–2004).[40][41]
  • 3 Niedermayer xogou as 13 primeiras tempadas da súa carreira nos Devils, gañando o James Norris Memorial Trophy en 2004.[42]

Adestradores

editar

Esta sección presenta os nomes dos adestradores dos Devils dende o seu debut. John Hynes foi nomeado o 21º adestrador da historia da franquía 2 de xuño de 2015, sendo en realidade o 24º adestrador do equipo, tres deles tendo ocupado o posto en varias ocasións: Larry Robinson 2 veces, Lou Lamoriello 2 veces, e Jacques Lemaire 3 veces.

As tres Stanley Cups gañadas polos Devils foron conseguidas con tres adestradores diverentes: Jacques Lemaire, oitavo adestrador do equipo a conseguiu en 1995; Robbie Ftorek, conseguiuna no ano 2000; mentres que a última Stanley Cup da franquía chegou con Pat Burns no banco en 2003. Jacques Lemaire é o adestrador que máis partidos estivo á fronte do equipo, con 570 partidos. A seguinte táboa mostra todos os adestradores que tivo a franquía dende a súa chegada a New Jersey, excluíndo os adestradores dos equipos anteriores ao traslado, Kansas City Scouts e Colorado Rockies.[33]

Adestradores dos New Jersey Devils
Nome Inicio Fin PX % V
[nota 4]
Observacións
1 Bill MacMillan 30 de xuño de 1982 22 de novembro de 1983 100 26,0 %
2 Tom McVie 22 de novembro de 1983 31 de maio de 1984 60 30,8 %
3 Doug Carpenter 31 de maio de 1984 26 de xaneiro de 1988 290 38,6 %
4 Jim Schoenfeld 26 de xaneiro de 1988 6 de novembro de 1989 124 46,4 %
5 John Cunniff 6 de novembro de 1989 4 de marzo de 1991 133 51,1 %
6 Tom McVie 4 de marzo de 1991 5 de xuño de 1992 93 53,2 %
7 Herb Brooks 5 de xuño de 1992 31 de maio de 1993 84 51,8 %
8 Jacques Lemaire 28 de xuño de 1993 8 de maio de 1998 434 60,2 % Stanley Cup 1995
9 Robbie Ftorek 21 de maio de 1998 23 de marzo de 2000 156 62,5 % Stanley Cup 2000
10 Larry Robinson 23 de marzo de 2000 28 de xaneiro de 2002 141 60,6 %
11 Kevin Constantine 28 de xaneiro de 2002 13 de xuño de 2002 31 67,7 %
12 Pat Burns 13 de xuño de 2002 14 de xullo de 2005 164 63,4 % Stanley Cup 2003
Larry Robinson 14 de xullo de 2005 19 de decembro de 2005 32 51,6 %
13 Lou Lamoriello 19 de decembro de 2005 14 de maio de 2006 50 68,0 %
14 Claude Julien 13 de xuño de 2006 2 de abril de 2007 79 64,6 %
Lou Lamoriello 2 de abril de 2007 12 de xullo de 2007 3 83,3 %
15 Brent Sutter 12 de xullo de 2007 10 de xuño de 2009 164 62,5 %
Jacques Lemaire 13 de xullo de 2009 26 de abril de 2010 87 62,8 %
16 John MacLean 17 de xuño de 2010 23 de decembro de 2010 33 30,3 %
Jacques Lemaire[nota 5] 23 de decembro de 2010 10 de abril de 2011 49 62,2 %
17 Peter DeBoer[44] 19 de xullo de 2011 26 de decembro de 2014 212 56,1 %
18 Adam Oates
Scott Stevens (coadestradores)[45]
27 de decembro de 2014 2 de xuño de 2015
19 John Hynes 2 de xuño de 2015 Adestrador actual

Directores xerais

editar

Dende o seu traslado a Nova Jersey os Devils tiveron catro general managers. O primeiro en ocupar o cargo foi Bill MacMillan, que entrou no cargo en 1981, aínda cos Colorado Rockies en Denver, Colorado, ocupando ao mesmo tempo o cargo de adestrador do equipo ata 1983, ano no que deixou os dous postos.[46] Dende 2015 Ray Shero é o cuarto general manager da franquía.[47]

Directores xerais dos New Jersey Devils
Director xeral Inicio Fin Referencias
Bill MacMillan 1982 1983 [46][48]
Max McNab 1983 1987 [49]
Lou Lamoriello 1987 2015 [50][51]
Ray Shero 2015 No cargo [47]

Membros do Hall of Fame

editar

Trofeos

editar

Trofeos colectivos

editar
Stanley Cup
 
A Stanley Cup.

O trofeo final para un equipo na NHL, a Stanley Cup é entregada ao campión das series eliminatorias dende a tempada 1926-27.[52][nota 6].

Os Devils conseguiron tres campionatos da Stanley Cup na súa historia:[53]

Prince of Wales Trophy

Dende a tempada 1993-1994, entrégase o Prince of Wales Trophy ao equipo gañador da final da Conferencia Leste durante os play-offs. O Prince of Wales Trophy é o trofeo que máis veces mudou o seu significado ao longo da historia da NHL. Os Devils teñen conseguido este trofeo como campións da Conferencia Leste en cinco ocasións:[54][55]

Trofeos individuais

editar
Trofeo Bill Masterton

O trofeo Bill Masterton é un premio outorgado ao xogador que mellor exemplifica os valores de perseveranza e espírito de equipo. O trofeo é decidido por votación dos membros da asociación de xornalistas de hóckey profesional. Na historia dos Devils tan só Ken Daneyko conseguiu este galardón:[56]

Trofeo Calder

O trofeo Calder premia ao mellor rookie da tempada.[nota 7] Para ser elixible, un xogador non debe ter xogado máis de 25 partidos na tempada regular anterior á cal foi elixido e non máis de seis partidos durante as dúas tempadas anteriores en cualquer liga profesional. O xogador non pode ter máis de 26 anos. Ao longo da súa historia dous xogadores do equipo de Nova Jersey teñen conseguido este galardón:[57]

Trofeo Conn Smythe

O trofeo Conn Smythe é outorgado dende 1964 ao mellor xogador dos play-offs (MVP). Ao longo da súa historia dous xogadores dos Devils conseguiron este galardón:[58]

Trofeo Frank J. Selke

O trofeo Frank J. Selke é outorgado pola NHL ao mellor atacante que demostrara máis competencias defensivas dende a tempada 1977-1978. Tan só John Madden conseguiu gañar o galardón:[59]

Trofeo Jack Adams

Outorgado dende a tempada 1973-74, o trofeo Jack Adams premia anualmente ao adestrador que máis contribuíu ao éxito do seu equipo. O gañador é elixido por votación dos membros da NHL Broadcasters' Association. Tan só un xogador da franquía conseguiu o galardón:[60]

Trofeo James Norris

Cada ano dende 1954, os membros da Professional Hockey Writers' Association votan ao mellor defensor da liga. Os defensores dos Devils que teñen conseguido o título son:[61]

Trofeo Lester Patrick

O Trofeo Lester Patrick foi un trofeo que se entregaba anualmente á personalidadeque máis destacara polo seu servizo ao hóckey sobre xeo nos Estados Unidos. O campión é elixidopor un comité formado polo Presidente da NHL, un Gobernador da NHL, un representante dos New York Rangers, un membro da sección de "Construtores" do Hockey Hall of Fame, un xogador do Hockey Hall of Fame, un membro do Hockey Hall of Fame dos Estados Unidos, un membro da NHL Broadcasters' Association, e un membro da Professional Hockey Writers' Association. Todos os membros do comité ían rotando anualmente, coa excepción do presidente da NHL. Catro xogadores dos Devils conseguiron este galardón na historia da franquía:[62]

Trofeo Vézina

O trofeo Vézina é un trofeo concedido aos porteiros da NHL. De 1927 a 1982, o trofeo premiaba ao mellor porteiro da liga regular. Dende 1982 o gañador é elixido polos directores xerais das franquías da NHL. O trofeo leva o nome do ex-porteiro dos Canadiens Georges Vézina, que xogou no equipo de Montreal entre 1910 e 1926. Martin Brodeur é o único xogador da franquía que conseguiu o galardón, recibíndoo en catro ocasións:[63]

NHL Plus/Minus Award

O premio Plus/Minus da NHL foi concedido entre 1983 e 2007 ao xogador con mellor rexistro de plus/minus. Os seguintes xogadores dos Devils teñen conseguido o galardón na historia da franquía:[64]

Trofeo William M. Jennings

O trofeo William M. Jennings é outorgado anualmente dende a 1981-82 ao porteiro menos goleado da liga regular. Un xogador dos Flames conseguiu este galardón:[65]

Trofeos internos

editar
  1. A capacidade dos pavillóns que se indica corresponde ao número de espectadores en competicións de hóckey sobre xeo.
  2. As posicións aparecen coas súas abreviaturas en inglés:
    *G: Goalie (porteiro)
    *C: Center (central)
    *W: Winger (Aleiro -dereito sinalado con "R" e esquerdo sinalado con "L"-)
    *D: Defenceman (defensa).
  3. As abreviaturas "S" e "G" fan referencia á man que o xogador emprega para golpear o puck (en galego, disco) co stick (S) (en galego, pau de hockey) ou a que empregan os porteiros para collelo coa garda (G).
  4. A porcentaxe de vitorias calcúlase tendo en conta o número de puntos gañados por partido: 2 puntos pola vitoria, 1 punto polos empates ou derrotas na prolongación, e 0 puntos pola derrota no tempo regulamentario. Só se contan os partidos de liga regular.
  5. Jacques Lemaire chegou como adestrador interino a mediados da tempada logo do cesamento de John MacLean en 2010.[43]
  6. Antes da tempada 1926-27, outros equipos non afiliados á NHL estaban autorizados a competir pola Stanley Cup.
  7. O termo «rookie» designa aos xogadores que debutan como profesionais esa tempada.
Referencias
  1. "Devils visit rival Rangers for first time in '06–07". Associated Press (en inglés). 2006. Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2007. Consultado o 19 de setembro de 2015. 
  2. Yannis, Alex (18 de febreiro de 1987). "Owner: Devils are not Moving". New York Times (en inglés). Consultado o 19 de setembro de 2015. 
  3. Fachet, Robert (2 de maio de 1992). "Rangers' Net Result: Let Devils Count Ways". The Washington Post (en inglés). p. g06. 
  4. Bondy, Filip (2 de maio de 1992). "Rangers Vanquish the Devils and the Demons". New York Times (en inglés). p. 29. 
  5. "1992 NHL Stanley Cup Patrick Division Semi-Finals. New York Rangers defeat New Jersey Devils 4-3" (en inglés). hockey-reference.com. Arquivado dende o orixinal o 05 de setembro de 2015. Consultado o 19 de setembro de 2015. 
  6. "1994 NHL Stanley Cup Eastern Conference Finals. New York Rangers defeat New Jersey Devils 4-3" (en inglés). hockey-reference.com. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 19 de setembro de 2015. 
  7. "1997 NHL Stanley Cup Eastern Conference Semi-Finals. New York Rangers defeat New Jersey Devils 4-1" (en inglés). hockey-reference.com. Arquivado dende o orixinal o 05 de setembro de 2015. Consultado o 19 de setembro de 2015. 
  8. "2006 NHL Stanley Cup Eastern Conference Quarter-Finals. New Jersey Devils defeat New York Rangers 4-0" (en inglés). hockey-reference.com. Arquivado dende o orixinal o 05 de setembro de 2015. Consultado o 19 de setembro de 2015. 
  9. "2008 NHL Stanley Cup Eastern Conference Quarter-Finals. New York Rangers defeat New Jersey Devils 4-1" (en inglés). hockey-reference.com. Arquivado dende o orixinal o 01 de agosto de 2015. Consultado o 19 de setembro de 2015. 
  10. "2012 NHL Stanley Cup Eastern Conference Finals. New Jersey Devils defeat New York Rangers 4-2" (en inglés). hockey-reference.com. Arquivado dende o orixinal o 05 de setembro de 2015. Consultado o 19 de setembro de 2015. 
  11. McGinley, Terence (14 de febreiro de 2013). "NHL: Breaking Down the Devils-Flyers Rivalry". Bleacher Report (en inglés). Consultado o 19 de setembro de 2015. 
  12. "1995 NHL Stanley Cup Eastern Conference Finals. New Jersey Devils defeat Philadelphia Flyers 4-2" (en inglés). hockey-reference.com. Arquivado dende o orixinal o 05 de setembro de 2015. Consultado o 19 de setembro de 2015. 
  13. "2000 NHL Stanley Cup Eastern Conference Finals. New Jersey Devils defeat Philadelphia Flyers 4-3" (en inglés). hockey-reference.com. Arquivado dende o orixinal o 05 de setembro de 2015. Consultado o 19 de setembro de 2015. 
  14. "2004 NHL Stanley Cup Eastern Conference Quarter-Finals. Philadelphia Flyers defeat New Jersey Devils 4-1" (en inglés). hockey-reference.com. Arquivado dende o orixinal o 05 de setembro de 2015. Consultado o 19 de setembro de 2015. 
  15. "2010 NHL Stanley Cup Eastern Conference Quarter-Finals. Philadelphia Flyers defeat New Jersey Devils 4-1" (en inglés). hockey-reference.com. Arquivado dende o orixinal o 05 de setembro de 2015. Consultado o 19 de setembro de 2015. 
  16. "2012 NHL Stanley Cup Eastern Conference Semi-Finals . New Jersey Devils defeat Philadelphia Flyers 4-1" (en inglés). hockey-reference.com. Arquivado dende o orixinal o 05 de setembro de 2015. Consultado o 19 de setembro de 2015. 
  17. Uschak, Roman (19 de novembro de 2011). "NHL's New Jersey Devils All-Time Logos, Uniforms and Arenas (1974–present)" (en inglés). Bleacher Report. Consultado o 27 de decembro de 2015. 
  18. "Unused Logo: 1982" (en inglés). SportsLogos.net. 18 de agosto de 2010. Consultado o 27 de decembro de 2015. 
  19. "NJ Devil – The Official Mascot of the New Jersey Devils" (en inglés). New Jersey Devils. 2003. Arquivado dende o orixinal o 20 de maio de 2006. Consultado o 27 de decembro de 2015. 
  20. Hart, Jon (29 de novembro de 2001). "Former Eagles mascot Dean Schoenewald is still crazy after all these years" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2005. Consultado o 27 de decembro de 2015. 
  21. "Izod Center through the years and by the numbers" (en inglés). nj.com. Consultado o 28 de setembro de 2015. 
  22. Yannis, Alex (January 8, 1983). "Bruins Tie Devils". The New York Times. Consultado o February 16, 2015. 
  23. Lapointe, Joe (December 4, 1991). "Where, Oh Where, Have All the Fans Gone?". The New York Times. Consultado o February 16, 2015. 
  24. "1982-83 New Jersey Devils Schedule and Results" (en inglés). hockey-reference.com. Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2015. Consultado o 28 de setembro de 2015. 
  25. 25,0 25,1 "New Jersey Devils Yearly Attendance Graph" (en inglés). hockeydb.com. Consultado o 28 de setembro de 2015. 
  26. "Prudential Center" (en inglés). hockeyarenas.net. Consultado o 20 de setembro de 2015. 
  27. "Highlights" (en inglés). Prudential Center. Archived from the original on 10 de novembro de 2010. Consultado o 21 de setembro de 2015. 
  28. "Bon Jovi to Open Prudential Center in Newark" (en inglés). New Jersey Devils LLC. 3 de maio de 2007. Arquivado dende o orixinal o 27 de xullo de 2007. Consultado o 21 de setembro de 2015. 
  29. "2007-08 New Jersey Devils Schedule and Results" (en inglés). hockey-reference.com. Arquivado dende o orixinal o 05 de setembro de 2015. Consultado o 21 de setembro de 2015. 
  30. "Ottawa Senators at New Jersey Devils Box Score" (en inglés). hockey-reference.com. Arquivado dende o orixinal o 05 de setembro de 2015. Consultado o 21 de setembro de 2015. 
  31. 31,0 31,1 hockeydb.com (ed.). "New Jersey Devils [NHL] Farm Teams" (en inglés). Consultado o 22 de xuño de 2015. 
  32. "Devils Roster - New Jersey Devils - Team". New Jersey Devils. Consultado o 16 de agosto 2015. 
  33. 33,0 33,1 New Jersey Devils, ed. (2013). New Jersey Devils 2013-14 Media Guide (PDF) (en inglés). p. 202. 0241728-00001-00. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2016. Consultado o 22 de xuño de 2015. 
  34. The Internet Hockey Database (ed.). "New Jersey Devils Draft History" (en inglés). Consultado o 22 de xuño de 2015. 
  35. 35,0 35,1 "New Jersey Devils all-time roster" (en inglés). Hockey Database. Consultado o 21 de setembro de 2015. 
  36. New Jersey Devils 2013–14 Media Guide (PDF) (en inglés). New Jersey Devils. 2013. p. 201. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2016. Consultado o 21 de setembro de 2015. 
  37. New Jersey Devils 2013–14 Media Guide (PDF) (en e). New Jersey Devils. 2013. pp. 311–313. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2016. Consultado o 21 de setembro de 2015. 
  38. "Devils to retire numbers of Stevens, Daneyko". CBC Sports. 2006-02-03. Consultado o 2006-11-13. 
  39. Chere, Rich (10 de setembro de 2014). NJ.com, ed. "Ken Daneyko succeeds Chico Resch as Devils TV analyst alongside Steve Cangelosi" (en inglés). Consultado o 22 de xuño de 2015. 
  40. New Jersey Devils (ed.). "Scott Stevens: New Jersey Devils – Co-Head Coach" (en inglés). Consultado o 22 de xuño de 2015. 
  41. New Jersey Devils (ed.). "New Jersey Devils Captains: A–Z" (en inglés). Consultado o 22 de xuño de 2015. 
  42. fireandice.northjersey.com (ed.). "Scott Niedermayer's #27 to be retired Dec. 16 – Bergen Record Fire and Ice blog" (en inglés). Consultado o 22 de xuño de 2015. 
  43. Hutchinson, Dave; Politi, Steve (23 de decembro de 2010). The Star-Ledger, ed. "Devils fire coach John MacLean" (en inglés). Consultado o 22 de xuño de 2015. 
  44. Chere, Rich (July 19 de xullo de 2011). The Star-Ledger, ed. "Devils' new coach: Peter DeBoer to be introduced today" (en inglés). Consultado o 22 de xuño de 2015. 
  45. Roarke, Shawn (27 de decembro de 2014). National Hockey League, ed. "Devils name Oates, Stevens to replace DeBoer" (en inglés). Consultado o 22 de xuño de 2015. 
  46. 46,0 46,1 "William Stewart (Billy) MacMillan" (en inglés). PEI Sports Hall of Fame. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 18 de setembro de 2015. 
  47. 47,0 47,1 "Shero named GM of Devils; Lamoriello still president". NHL.com (en inglés). 4 de maio de 2015. Consultado o 18 de setembro de 2015. 
  48. "Billy Stewart MacMillan". Legends of Hockey (en inglés). Hockey Hall of Fame. Consultado o 18 de setembro de 2015. 
  49. "EX-DEVILS GM DEAD". New York Post (en inglés). 4 de setembro de 2007. Consultado o 18 de setembro de 2015. 
  50. "LOU LAMORIELLO AND THE LAMORIELLO TROPHY" (en inglés). www.hockeyeastonline.com. Arquivado dende o orixinal o 27 de outubro de 2016. Consultado o 18 de setembro de 2015. 
  51. "All the coaches he’s fired and other things to know about new Leafs GM Lou Lamoriello". thestar.com (en inglés). 23 de xullo de 2015. Consultado o 18 de setembro de 2015. 
  52. Hockey Hall of Fame. Legends of Hockey, ed. "The Stanley Cup" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 30 de xuño de 2017. Consultado o 30 de xuño de 2015. 
  53. Hockey Hall of Fame. Legends of Hockey, ed. "Stanley Cup Winners" (en inglés). Consultado o 19 de setembro de 2015. 
  54. Hockey Hall of Fame. Legends of Hockey, ed. "Prince of Wales Trophy" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 05 de setembro de 2015. Consultado o 30 de xuño de 2015. 
  55. Hockey Hall of Fame. Legends of Hockey, ed. "Prince of Wales Trophy Winners" (en inglés). Consultado o 30 de xuño de 2015. 
  56. "Bill Masterton Memorial Trophy" (en inglés). NHL.com. Consultado o 13 de agosto de 2015. 
  57. NHL.com (ed.). "Calder Memorial Trophy" (en inglés). Consultado o 13 de agosto de 2015. 
  58. "Conn Smythe Trophy" (en inglés). NHL.com. Consultado o 14 de agosto de 2015. 
  59. "Frank J. Selke Trophy" (en inglés). NHL.com. Consultado o 14 de agosto de 2015. 
  60. "Jack Adams Trophy" (en inglés). NHL.com. Consultado o 14 de agosto de 2015. 
  61. "James Norris Trophy" (en inglés). NHL.com. Consultado o 14 de agosto de 2015. 
  62. "Lester Patrick Trophy". Legends of Hockey (en inglés). Hockey Hall of Fame. Arquivado dende o orixinal o 01 de decembro de 2017. Consultado o 19 de setembro de 2015. 
  63. "Vezina Trophy" (en inglés). NHL.com. Consultado o 14 de agosto de 2015. 
  64. NHL.cz (ed.). "Bud Light Plus-Minus Award" (en checo). Archived from the original on 06 de outubro de 2007. Consultado o 12 de marzo de 2015. 
  65. NHL.com (ed.). "William M. Jennings Trophy" (en inglés). Consultado o 12 de marzo de 2015. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Laroche, Stephen (2014). ECW Press, ed. Changing the Game: A History of NHL Expansion (en inglés). ISBN 9781770905788. 
  • Maguire, Liam (2012). Random House of Canada, ed. Next Goal Wins!: The Ultimate NHL Historian's One-of-a-Kind Collection of Hockey Trivia (en inglés). ISBN 9780307363411. 
  • Swayne, Linda E.; Dodds, Mark (2011). SAGE Publications, ed. Encyclopedia of Sports Management and Marketing (en inglés). ISBN 9781452266480. 

Ligazóns externas

editar