Network, un mundo implacable
Network, un mundo implacable (en inglés: Network) é un filme dramático satírico estadounidense de 1976, dirixido por Sidney Lumet e protagonizado por Faye Dunaway, William Holden, Peter Finch e Robert Duvall. Foi galardoado con catro premios Oscar: mellor actor (Finch, con carácter póstumo), mellor actriz (Dunaway), mellor actriz secundaria (Beatrice Straight) e mellor guión orixinal (Paddy Chayefsky). A interpretación de Straight ocupa só 5 minutos e 2 segundos, a máis breve de todos os intérpretes gañadores do Oscar.[2] O filme gañou tamén catro premios Globo de Ouro: mellor actor e actriz de drama (Finch e Dunaway), mellor director (Lumet) e mellor guión (Paddy Chayefsky) e un premio BAFTA ao mellor actor (Peter Finch).
Network, un mundo implacable | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Network |
Director | Sidney Lumet |
Produtor | Howard Gottfried Fred C. Caruso |
Guión | Paddy Chayefsky |
Intérpretes | Faye Dunaway William Holden Peter Finch Robert Duvall |
Música | Elliot Lawrence |
Fotografía | Owen Roizman |
Montaxe | Alan Heim |
Distribuidora | Metro-Goldwyn-Mayer (Estados Unidos e o Canadá) United Artists (Internacional) |
Estrea | 27 de novembro de 1976 |
Duración | 121 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Orzamento | 3,8 millóns de dólares |
Recadación | 23 689 877 dólares[1] |
Na rede | |
En 2000, Network, un mundo implacable foi considerado "cultural, histórica e esteticamente significativo" pola Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América e seleccionado para a súa preservación no National Film Registry.[3]
Argumento
editarUn locutor de noticias dunha cadea de televisión estadounidense é despedido pola baixa audiencia do programa. Anuncia entón que vai cometer suicidio en directo. Por esta razón os índices de audiencia volven crecer e pasa a ser coñecido como o profeta tolo e é readmitido.
Porén, o seu comportamento louco fai que os responsables do seu ascenso decidan detelo.
Elenco
editar- Faye Dunaway .... Diana Christensen
- William Holden .... Max Schumacher
- Peter Finch .... Howard Beale
- Robert Duvall .... Frank Hackett
- Wesley Addy .... Nelson Chaney
- Ned Beatty .... Arthur Jensen
- Arthur Burghardt .... Grande Ahmed Kahn
- Bill Burrows .... diretor da televisão
- John Carpenter .... George Bosch
- Jordan Charney .... Harry Hunter
- Kathy Cronkite .... Mary Ann Gifford
- Ed Crowley .... Joe Donnelly
- Jerome Dempsey .... Walter C. Amundsen
- Conchata Ferrell .... Barbara Schlesinger
- Gene Gross .... Milton K. Steinman
- Beatrice Straight .... Louise Schumacher
Notas
editar- ↑ "Network, Box Office Information". Box Office Mojo. Consultado o 23-1-2012.
- ↑ "Beatrice Straight performance length". Serving Cinema. Arquivado dende o orixinal o 06 de agosto de 2017. Consultado o 2016-10-09.
- ↑ "U.S. National Film Registry Titles". U.S. National Film Registry (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2007. Consultado o 18 de xuño de 2009.
- ↑ La Voz de Galicia, 16 de novembro de 1994. Páx. 79
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Itzkoff, David. "Notes of a Screenwriter, Mad as Hell", The New York Times, 19 de maio de 2011
- Lerro, Bruce. "Network" 40 Years Later: Capitalism in Retrospect and Prospect and Elite Politics Today, CounterPunch, 31 de maio de 2016
- Parker, James. "Madder Than Hell: How Network Anticipated Contemporary Media". The Atlantic (marzo de 2014). Consultado o 16 de xullo de 2016.