Nāgārjuna
Nāgārjuna, nado no Reino de Andhra arredor do 150 e finado arredor do 250, foi un filósofo indio, fundador da escola madhyamaka (camiño medio) do budismo mahayana.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 150 Índia do Sul, India (pt) |
Morte | c. 250 (99/100 anos) India |
Patriarca do zen | |
← Kapimala (en) – Aryadeva (en) → | |
Datos persoais | |
Relixión | Budismo |
Educación | Nalanda (pt) |
Actividade | |
Campo de traballo | Budismo |
Ocupación | filósofo, bhikkhu, escritor, compilador |
Período de actividade | (Con vida en: século II ) |
Profesores | The great brahmin (en) , Sangwé Dakpo (en) , Gyalrik Tamché Khyenpa (en) e Changsem Lodrö Rinchen (en) |
Alumnos | Aryadeva (en) , Lobpön Yönten Shenyen (en) , Dzo Gi Ka Marupa (en) , Chö Dzé Chökyi Dorjé (en) , Q106788210 , Ma Tam Gipa (en) , Lobpön Sangye Yeshe Shyab (en) , Bhavyaviveka (en) , Balimta (en) , Shakya Shenyen (en) , Lü Changchub (en) , Q28410784 , Candrakīrti (en) e Shavaripa (en) |
Descrito pola fonte | Obálky knih, Encyclopædia Britannica |
Probablemente é o pensador budista mahayana máis influente, tralo propio Siddhartha Gautama.
Nome sánscrito
editar- Nāgārjuna, no sistema AITS (alfabeto internacional para a transliteración do sánscrito).[1]
- नागार्जुन, en escritura devanágari do sánscrito.[1]
- Pronuncia:
- Etimoloxía:[1]
- nagá: raza que vivía nas abas dos Himalaias; segundo os budistas eran persoas normais; segundo os hinduístas tiñan corpo de serpe; Aryuna recibiu o epíteto "Naga" polas súas amizades desa etnia;
- aryuna: branco, da cor do leite, claro, da cor do día, prateado, da cor do lóstrego, da cor da prata; nome dun tipo de árbore (o Terminalia arjuna): a nai de Nagarjuna púxolle ese nome porque o seu parto ocorreu debaixo dunha árbore arshuna.
Outras escritas
editarNoutras linguas o seu nome escríbese da seguinte maneira:
- Klu Sgrub (en tibetano).
- నాగార్జునా (en telugu)
- 龍樹 (en chinés)
- 龍樹菩薩 (en chinés mandarín)
Traxectoria
editarSábese moi pouco acerca da vida real do Nāgārjuna histórico. Non existe consenso sobre a data nin o lugar de nacemento exactos de Nāgārjuna. Mesmo o século en que viviu son dubidosos. As dúas biografías máis extensas, unha en chinés e a outra en tibetano, escribíronse moitos séculos despois da súa morte, e incorporan moito material mítico. Propuxéronse datas tan temperás para o seu nacemento como o ano 100 a.C. e tan tardías como o 300 d.C.[2][3] A tradición budista atribuíu a Nagarjuna unha relación coa dinastía Sátaváhana, que floreceu entre os séculos I a.C. e II d.C. Esta relación aparece testemuñada na carta Suhṛllekha, atribuída a Nāgārjuna e dirixida «ao rei Jantaka do sur da India, coñecido como Sátaváhana».[4] Adicionalmente, os modernos estudos do texto do Ratnāvali, outra carta atribuída a Nāgārjuna, estableceron como data máis probable da súa escritura contra o último terzo do século II d.C. durante o reinado de Yajña Śrī Sātakarni, o que establecería o seu tempo de creación entre o 175 e o 204 d.C.[5][6] Isto indicaría o período máis probable en que viviu Nāgārjuna, o século comprendido entre os anos 150 e 250.
Con respecto ao seu lugar de nacemento tampouco existe certeza. No capítulo Sagāthakam do Lankavatara Sutra (nunha interpolación tardía datada entre os anos 443 e 513) existe unha profecía apócrifa do Buda Gautama, que indica como lugar de nacemento de Nagarjuna unha rexión denominada Vedalī.[7] Outras tradicións, entre elas a tibetana, sinalar como lugar de nacemento de Nāgārjuna a rexión de Vidarbha ou Vedahi. A análise toponímica e a relación xeográfica con outros puntos mencionados en textos antigos, aínda que non determinaron o lugar exacto, permitiron establecer con certo consenso que ese lugar estaría na rexión de Andhra (no sur da India).[8][9]
Nāgārjuna naceu como hinduísta (que nesa época significaba o seguimento estrito dos Vedas), probablemente nunha familia de caste superior brahmán. Foi o fundador dunha das tradicións de pensamento máis influentes das doutrinas da India, a denominada escola da vía media ou madhyamaka. A súa doutrina do baleiro foi debatida durante máis dun milenio na China, o Tíbet, Corea e o Xapón. O budismo zen considérao un dos seus precursores e as súas ideas aínda espertan intensos debates académicos.
A súa doutrina do baleiro (sunyata) sostén que todas as cousas son condicionadas, de modo que non é posible atopar nada no mundo que teña unha natureza propia (en sánscrito, suabhava). Esa falta de natureza propia é o que as converte en baleiras. Pero o máis sobresaínte desta doutrina é que as palabras que a pon de manifesto considéranse á súa vez baleiras. Así, o discurso da vacuidade é tan baleiro como as cousas mesmas. O mundo non é diferente da linguaxe.
Obra
editarExiste unha certa cantidade de textos atribuídos a Nāgārjuna aínda que, como hai moita pseudoepigrafía que se lle atribúe, existe tamén moita controversia sobre os seus traballos auténticos.
Mūlamadhyamakakārikā
editarA obra máis célebre de Nāgārjuna é Mūlamadhyamakakārikā. É "non só un gran comentario sobre o discurso de Buda a Kaccayana,[10] único discurso citado polo nome, senón tamén unha análise detallada e coidadosa de moitos dos importantes discursos incluídos nos Nikayas e nos agamas, especialmente aqueles da Atthakavagga da Sutta-nipata.[11]
Utilizando a teoría de Buda da pratītyasamutpāda, Nāgārjuna demostrou a futilidade das [...] especulacións metafísicas. O seu método para tratar con esa metafísica denomínase "vía media" (madhyama pratipad). É o camiño medio que evitaba o substancialismo das sarvastivadas e o nominalismo das sautrāntikas.[12]
En Mūlamadhyamakakārikā, "todos os fenómenos experimentados son baleiros (sunya). Isto non significaba que non fosen experimentados e, polo tanto, non-existentes; só aqueles que están desprovistos dunha substancia permanente e eterna (svabhava) porque, como un soño, son simples proxeccións da conciencia humana. Posto que estas ficcións imaxinarias son experimentadas, non hai simples nomes (prajnapti)."[12]
Outras obras atribuídas
editarSegundo a visión de Christian Lindtner,[13] as obras escritas por Nāgārjuna son:
- Mūlamadhyamaka-kārikā ("Versos fundamentais da vía media")
- Śūnyatāsaptati ("Setenta estrofas da vacuidade")
- Vigrahavyāvartanī ("Abandono da discusión")
- Vaidalyaprakaraṇa}} ("Pulverizando as categorías")
- Vyavahārasiddhi ("Proba de costume")
- |Yuktiṣāṣṭika ("Sesenta razoamentos")
- Catuḥstava ("Himno á realidade absoluta")
- Ratnāvalī ("Grilanda de xoias")
- Pratītyasamutpādahṝdayakārika ("Compoñentes da ascensión dependente")
- Sūtrasamuccaya
- Bodhicittavivaraṇa ("Exposición da mente iluminada")
- Suhṛllekha ("Carta a un bo amigo")
- Bodhisaṃbhāra ("Requisitos da iluminación")
Buston considera que os seis primeiros constitúen os principais tratados de Nāgārjuna, mentres que segundo Taaranaatha só os cinco primeiros son obra de Nāgārjuna. TRV Murti considera que Ratnaavali, Pratitya Samutpaada Hridaya e Sutra Samuccaya son obra de Nāgārjuna porque os dous primeiros están citados profusamente por Chandrakirti e o terceiro por Shantideva.[14]
Ademais das obras mencionadas, atribúenselle outras, aínda que existe gran controversia sobre cales delas son auténticas. A investigación contemporánea suxire que estas obras pertencen a un período moi posterior, finais do século VIII ou principios do século IX, e polo tanto non son obras auténticas de Nāgārjuna.
Entre os seus abondosos comentaristas destacan Ariadeva, Bhava Viveka, Chandrakirti e Shantideva.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Véxase a entrada Nāgârjuna, na páx. 533 Arquivado 23 de novembro de 2011 en Wayback Machine. no Sanskrit-English Dictionary do sanscritólogo británico Monier Monier-Williams (1819-1899).
- ↑ Mabbett, Ian (Xullo-setembro, 1998). "The Problem of the Historical Nagarjuna Revisited". Journal of the American Oriental Society (American Oriental Society). Vol. 118 (3). doi:10.2307/606062.
- ↑ Walser 2005, p. 61-65
- ↑ Lamotte 1988, p. 345, 379.
- ↑ Walser 2005, p. 86
- ↑ Westerhoff 2009, p. 5
- ↑ Suzuki, Daisetz Teitaro (1932). The Lankavatara sutra. A Mahayana text. George Routledge and Sons. p. 239.
(165) In Vedalī, in the southern part, a Bhikshu most illustrious and distinguished [will be born]; his name is Nāgāhvaya, he is the destroyer of the one-sided views based on being and non-being. (166) He will declare my Vehicle, the unsurpassed Mahāyāna, to the world; attaining the stage of Joy he will go to the Land of Bliss.
- ↑ Sastri 1955, p. 202
- ↑ Mabbett, 1998, p. 335
- ↑ Véxase SN 12.15 Kaccayanagotta Sutta: To Kaccayana Gotta (on Right View) Arquivado 29 de marzo de 2013 en Wayback Machine.
- ↑ Kalupahana 1994, p. 161.
- ↑ 12,0 12,1 Kalupahana 1992, p. 120.
- ↑ Lindtner, C. (1982). Nagarjuniana: studies in the writings and philosophy of Nāgārjuna, Copenhague: Akademisk forlag, páxina 11
- ↑ TRV Murti, Central philosophy of Buddhism, páxinas 89-91
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Nāgārjuna |
Outros artigos
editarBibliografía
editar- Juan Arnau (2008). Arte de probar. Ironía y lógica en India antigua. Madrid: Fondo de Cultura Económica. ISBN 978-84-375-0621-0.
- — (2007). Antropología del budismo. Barcelona: Kairós. ISBN 978-84-7245-645-7.
- — (2006). Abandono de la discusión. Tradución directa do sánscrito. Madrid: Siruela. ISBN 84-7844-247-2.
- — (2005). La palabra frente al vacío. Filosofía de Nagarjuna. México: Fondo de Cultura Económica. ISBN 968-16-7517-7.
- — (2004). Fundamentos de la vía media. Tradución directa do sánscrito. Madrid: Siruela. ISBN 84-7844-762-8.
- Vicente Fatone (1962). El budismo "nihilista". Buenos Aires: Eudeba. ISBN 950-786-053-3.