O Movemento 15-M, tamén chamado movemento dos indignados,[1] é un movemento cidadán formado após a manifestación do 15 de maio de 2011 (convocada por diversos colectivos), onde despois de que 40 persoas decidisen acampar na Porta do Sol esa noite de xeito espontáneo,[2] produciuse unha serie de protestas pacíficas en España co obxectivo de promover unha democracia máis participativa arredada do bipartidismo PSOE - PP e do dominio de bancos e corporacións, así como unha "auténtica división de poderes" e outras medidas coa intención de mellorar o sistema democrático. Aglutinou diversos colectivos cidadáns con diferentes lemas, como o da manifestación do 15 de maio: «Non somos monicreques en mans de políticos e banqueiros»[3] ou «Democracia real XA! Non somos mercadoría en mans de políticos e banqueiros ».[4]

Porta do Sol durante as protestas de 2011.
  1. Cristina Monge. "15M: Un movimiento político para democratizar la sociedad". Prensas de la Universidad de Zaragoza (en castelán). Consultado o 2023-04-17. 
  2. http://periodismohumano.com/temas-destacados/ Arquivado 17 de novembro de 2015 en Wayback Machine. els-primers-40-de-sol.html
  3. La indignació inquieta la izquierda, EL PAÍS.
  4. "Inicio - Democracia Real YA!". Arquivado dende o orixinal o 20 de maio de 2011. Consultado o 15 de novembro de 2015. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar