Mordred, en galés Medraut e en galego-portugués medieval Morderet, é unha figura lendaria da Bretaña que ficou coñecida pola súa traizón ao loitar contra o Rei Artur na Batalla de Camlann, onde el morreu e Artur ficou fatalmente ferido. O seu nome significa "mau consello".

Sir Mordred

Traxectoria

editar

As lendas son contraditorias cando o asunto é a súa relación con Artur, mais varias retratan Artur como sendo tío ou pai de Mordred. Máis precisamente, existen tres versións diferentes sobre o parentesco:

  • A primeira relata que el era fillo do Rei Lot e a súa esposa Ann-Morgause, unha media-irmá materna de Artur.
  • Unha segunda relata que el era fillo de Artur e Ann-Morgause, adoptado e criado por Lot.
  • Unha terceira relata que el era fillo de Artur e Morgana, outra media-irmá materna de Artur e irmá de Ann-Morgause. Morgana aínda era solteira e por iso o entregou para Ann-Morgause e Lot para que fose adoptado e criado como fillo propio deles.

A mención máis antiga sobre Mordred está no Annales Cambriae, unha crónica que forma parte da Historia Britonun. Mordred é mencionado novamente na tradición galesa nas Tríades Galesas: nunha tríade, baseada na obra Historia Regum Britanniae de Geoffrey de Monmouth, narra a historia da súa traizón a Artur; e noutra, el é descrito como o autor dunha das "Tres Grandes Revoltas das Illas Británicas"—el veu até a corte de Artur en Kelliwic na Cornualla, devorou toda comida e bebida, e até mesmo expulsou a Gwenhwyfar (máis coñecida como Xenevra) do seu trono e castigouna.

 
O combate entre Artur e Mordred, ilustrado por N.C. Wyeth

Geoffrey de Monmouth presentou a figura de Mordred ao mundo alén de Gales. O autor normando-galés narra como Artur saíu para guerrear contra Roma e deixou a Mordred atrás para gobernar o seu reino e protexer a raíña Xenevra; durante a súa ausencia Mordred proclamouse rei e casou con Xenevra, forzando a Artur a retornar para a Bretaña, onde el e Mordred se enfrontaron en Camlann. A batalla (datada tanto en 537 como en 542) resultou na morte tanto de Artur canto de Mordred, xuntamente con boa parte dos seus exércitos.

Cóntase que Mordred tivo dous ou tres casamentos:

  • Primeiro con Guinevak (Gwenhwyvach), unha irmá máis nova de Xenevra (Gwenhwyfar).
  • O segundo con Cwyllog, unha Princesa do Gwynedd.
  • O terceiro con Xenevra, esposa de Artur e Mordred e amante de Lancelot.

Algunhas fontes, tales como as tríades, afirman que el estaba casado con Gwenhwyvach, irmá de Xenevra (Gwenhwyfar). Outras afirman que a descendencia de Mordred sobreviviu a través de Melehan e Melou, os seus fillos xemelgos cuxa mai -unha das súas esposas- non é mencionada. Relátase que eles tentarán reclamar o trono da Bretaña despois da morte de Artur e Mordred. Melehan foi morto máis tarde por Lancelot e Melou por Bors.