Mollo de soia
O mollo de soia ou salsa de soia[1] (醤油 shōyu en xaponés, 醤油 jiàng yóu en chinés) é un mollo fabricado a partir dunha mestura de grans de soia fermentados polos microrganismos Aspergillus oryzae e Aspergillus soyae[2], un cereal torrado, auga e sal mariño[3].
É común na gastronomía oriental, especialmente para acompañar o suxi.