Espello (Internet)
(Redirección desde «Mirror»)
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Espello (homónimos).
Un espello (en inglés, mirror) é un termo usado en Internet para referirse a un servidor FTP, unha web ou calquera outro recurso que é unha copia da información doutro.
Os espellos facilitan o acceso á información daqueles usuarios que se atopan afastados da localización física do orixinal. Utilízanse para que a carga de páxinas ou a descarga de arquivos sexa máis rápida mediante un espello máis próximo ao cliente.
Falando de redes, un espello fai referencia ao modo en que traballa un switch ao replicar os paquetes que este conmuta direccionados a un só porto, para que se poida observar todo o tráfico da rede cun analizador especial.