Microsiervos é un blog en lingua castelá de contidos diversos, malia estaren enfocados principalmente ao ámbito científico, a tecnoloxía en xeral e o humor. É o resultado da fusión de dous blogs, Hiperespacio.com, que comezara a publicarse o 19 de xullo de 2001, e o Microsiervos.org, que comezara en xaneiro de 2002. O nome vénlle en referencia á novela americana homónima (Microserfs en lingua inglesa), de Douglas Coupland, publicada en 1995. Ocupa, de forma continua desde o mes de abril de 2006, o posto #1 dos blogs máis vistos de España.[1]

O blog comezou coma un blog persoal escrito por Álvaro Ibáñez ("Alvy"), Nacho Palou e Javier Pedreira ("Wicho").[2]

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar