Mikoyan MiG-29
O Mikoyan MiG-29 (designación OTAN: Fulcrum) é un caza de cuarta xeración deseñado para o rol da superioridade aérea na Unión Soviética. Desenvolvido nos anos 70 pola oficina de deseño Mikoyan entrou en servizo en 1982 e continúa en uso na Forza Aérea Rusa e noutras moitas nacións. O MiG-29, xunto co Sukhoi Su-27, foi desenvolvido para contrarrestar aos novos cazas estadounidenses da época como o McDonnell Douglas F-15 Eagle e o General Dynamics F-16 Fighting Falcon.[1]
MiG-29 | |
---|---|
MiG-29 | |
Tipo | Caza |
Fabricante | Mikoyan |
Deseñado por | Mikoyan |
Primeiro voo | 6 de outubro de 1977 |
Introducido | 1983 |
Estado | servizo activo |
Principais usuarios | Forza Aérea Rusa |
Produción | 1982 - actualidade |
Aínda que orixinalmente estaba orientado para combater contra avións inimigos, moitos MiG-29 foron modificados como cazas multirrol capaces de realizar distintos tipos de operacións, e normalmente está equipado para usar armas aire-terra e munición de precisión. O MiG-29 fabricouse en distintas variantes principais, como o multirrol Mikoyan MiG-29M e a versión naval Mikoyan MiG-29K; o membro máis avanzado da familia ata a data é o Mikoyan MiG-35. Modelos posteriores normalmente contan con motores mellorados, cabinas de cristal con controis de voo compatibles con HOTAS, radar moderno e sensores infravermellos de busca e seguimento (IRST), e unha capacidade de combustible considerablemente maior. Algúns detes tamén foron equipados para poder ser reabastecidos en voo.
Tras a disolución da Unión Soviética as forzas armadas de varias antigas repúblicas soviéticas continuaron usando o MiG-29, operando a meirande parte deles na Forza Aérea de Rusia, que quixo modernizar a frota co estándar MiG-29SMT, aínda que os problemas económicos limitaron as entregas. O MiG-29 tamén foi un popular avión de exportación; máis de 30 países operaron ou aínda operan o modelo.
Notas
editar- ↑ Gordon e Davison 2005, p. 9
Bibliografía
editar- Gordon, Yefim e Peter Davison. Mikoyan Gurevich MiG-29 Fulcrum. North Branch, Minnesota: Specialty Press, 2005. ISBN 978-1-58007-085-0.