Mesoderma
En todos os animais de simetría bilateral, o mesoderma é unha das tres capas xerminais primarias que se forman nas primeiras fases do desenvolvemento do embrión. As outras dúas capas son o ectoderma (capa externa) e o endoderma (capa interna), en tanto que o mesoderma é a capa intermedia.).[1][2] Os animais diblásticos (como cnidarios e ctenóforos) non teñen mesoderma.
O mesoderma diferénciase do resto do embrión por medio de sinalización intercelular, despois do cal é polarizado por un centro organizador.[3]
Comunmente divídese o mesoderma en paraxial, intermedio e lateral.
Elementos derivados do mesoderma
editarNos vertebrados o mesoderma dá lugar aos seguintes tecidos e órganos:
- Orixina a notocorda, órgano transitorio que induce a formación do tubo neural e establecemento do eixe anteroposterior.
- Orixina os somitas, que son bloques de células mesodérmicas situados a ambos os lados do tubo neural, que se desenvolven para dar lugar a outros tecidos como a cartilaxe, o músculo, o esqueleto e a derme dorsal.
- Orixina o aparato excretor (a maior parte) e as gónadas.
- Orixina o aparato circulatorio e revestimentos de cavidades internas (non conectadas co exterior) do organismo e todas as membranas extraembrionarias importantes para o transporte de nutrientes.
- Orixina o tecido mesenquimal da cabeza, que formará moitos dos tecidos conectivos e a musculatura da cara.
Notas
editar- ↑ Ruppert, E.E., Fox, R.S., and Barnes, R.D. (2004). "Introduction to Bilateria". Invertebrate Zoology (7th ed.). Brooks/Cole. pp. 217–218. ISBN 0-03-025982-7.
- ↑ Langman's Medical Embryology, 11th edition. 2010.
- ↑ Kimelman, D. & Bjornson, C. (2004). "Vertebrate Mesoderm Induction: From Frogs to Mice". En Stern, Claudio D. Gastrulation: from cells to embryo. CSHL Press. p. 363. ISBN 978-0-87969-707-5.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Gurdon, J.B. (1995). "The formation of mesoderm and muscle in Xenopus". En Zagris, Nikolas; et al. Organization of the early vertebrate embryo. Springer. ISBN 978-0-306-45132-4.
- Kenderew, John Cowdery & Lawrence, Eleanor, ed. (1994). "Mesoderm Induction". The encyclopedia of molecular biology. John Wiley & Sons. p. 541. ISBN 978-0-632-02182-6.
- Liu, Shu Q. (2007). "Early Embryonic Organ Development". Bioregenerative engineering: principles and applications. John Wiley & Sons. ISBN 978-0-471-70907-7.
- McGeady, Thomas A. et al. (2006). "Establishment of the Basic Body Plan". Veterinary embryology. Wiley-Blackwell. ISBN 978-1-4051-1147-8.
- Pappaioannou, Virginia, E. (2004). "Early Embryonic Mesoderm Development". En Lanza, Robert Paul. Handbook of stem cells, Volume 1. Gulf Professional Publishing. ISBN 978-0-12-436642-8.
- Sherman, Lawrence S.; et al., eds. (2001). Human embryology (3rd ed.). Elsevier Health Sciences. ISBN 978-0-443-06583-5.